Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Libro de estilo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
===== Ademais =====
É posíbel pór aspas arredor de palabras ou frases que se usan nun sentido non literal e para introducir por primeira vez conceptos non familiares para o lector.
 
 
====Formatos, tamaños e cores ====
 
As modificacións no tamaño da fonte, espazos en branco e cor do texto resultan problemáticas para o estilo xeral da Wikipedia e deben reservarse só para casos específicos.
 
O uso de fontes cun formato específico diferente do xeral pode causar o seguinte:
 
* Reducir a consistencia, provocando que o texto non pareza uniforme
* Reducir a usabilidade, provocando conflitos con CSSs de usuario á medida e diferentes ''[[Skin (software)|skins]]'' da interface, así como causando inconveniencias para usuarios con deficiencias visuais.
* Provocar disputas, xa que outros editores poden non estar de acordo na elección do estilo estético para o texto.
 
Fóra do corpo dos artigos, si é máis habitual empregar textos de diferentes tamaños, en caixas de navegación e información, táboas ou lendas de imaxes e táboas. O tamaño destas fontes debe especificarse en valores relativos (por exemplo en CSS co código <code>font-size: 85%</code>) no lugar de en valores absolutos(por exemplo <code>font-size: 8pt</code>).
 
===== Cores no corpo e texto dos artigos =====
Na Wikipedia, as cores adoitan atoparse dentro de modelos ou táboas. Por norma xeral, os textos coloreados, con fondos de cores ou símbolos con cores no texto principal dos artigos deben evitarse na medida do posible. Un exemplo de uso pouco axeitado é o seguinte:
 
{{NOK}}: A estrada '''EX-389''' é de titularidade da [[Xunta de Estremadura]]. A súa categoría é local. A súa denominación oficial é <font style="background-color:yellow;color:black"> '''&nbsp;EX-380&nbsp;'''</font>, de [[EX-203|<font style="background-color:green;color:white"> '''&nbsp;EX-203&nbsp;'''</font>]] a [[EX-A5|<font style="background-color:#003399;color:white"> '''&nbsp;EX-A5&nbsp;'''</font>]] por [[Serrejón]].
 
{{OK}}: A estrada '''EX-389''' é de titularidade da [[Xunta de Estremadura]]. A súa categoría é local. A súa denominación oficial é [[EX-380]], de [[EX-203]] a [[EX-A5]] por [[Serrejón]].
 
O máis axeitado e limitar o uso deste tipo de símbolos textuais coloreados (<font style="background-color:yellow;color:black"> '''&nbsp;EX-380&nbsp;'''</font> / [[EX-203|<font style="background-color:green;color:white"> '''&nbsp;EX-203&nbsp;'''</font>]] ) ós modelos (infobox/navbox) e táboas ou listas dos artigos, para que o texto principal manteña a claridade e facilidade de lectura.
 
Os artigos e outras páxinas que usen cores dentro de modelos ou táboas deben ter en consideración varios aspectos de accesibilidade:
 
* As cores non deben ser o único método usado para transmitir información importante. Cómpre ter precaución á hora de usar textos e fondos de texto con cores, para que os lectores con deficiencias visuais ou que accedan ó contido impreso ou nun dispositivo sen cor non perdan información importante.
* Cómpre que o lector poida identificar as ligazóns sen dificultades.
* Algúns lectores da Wikipedia poden ter algunha deficiencia visual parcial ou total que lles impida percibir as cores correctamente. Os textos deben ter un contraste axeitado co seu fondo.<ref>{{Cita web|url=http://www.w3.org/TR/UNDERSTANDING-WCAG20/visual-audio-contrast-contrast.html|título=Understanding SC 1.4.3: Contrast (Minimum)|páxina-web=W3|lingua=en}}</ref>
 
== Diversos ==

Menú de navegación