Carlos Barrera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 22: Liña 22:
}}
}}
{{End box}}
{{End box}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Síndicos de Arán]]
[[Categoría:Síndicos de Arán]]

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2017 ás 00:16

Carles Barrera Sánchez, nado en Vielha (Lleida) o 3 de decembro de 1950, é un político aranés afiliado a Convergéncia Democratica Aranesa. É o actual Síndico de Arán dende maio de 2011 e tamén ocupou o posto entre 1995 e 2007.

Traxectoria

Carles Barrera naceu na capital do Val de Arán en 1950. Na década de 1960 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde estudou mestría industrial. Traballou en FECSA antes de volver en 1972 ao Val de Arán.

Durante a transición formou parte da asociación de veciños Es Tersús e de Unitat d'Aran, partido co que se presentou ás eleccións municipais españolas de 1979, resultando concelleiro do concello de Vielha. Cando esta formación pasou a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) deixou a política ata 1995.

En 1995 presentouse como candidato a Síndico de Arán por Convergéncia Democratica Aranesa e saíu elixido por maioría absoluta. Repetiu nas eleccións de 1999 e 2003 tamén con maioría absoluta. En 2007 gañou as eleccións Unitat d'Aran, que gobernou grazas ao apoio do PRAG. En 2011, CDA volveu acadar a maioría absoluta con Carles Barrera como candidato, e revalidouna en 2015.


Predecesor:
Amparo Serrano Iglesias
 
Síndico de Arán
 
1995-2007
Sucesor:
Francés Boya Alòs
Predecesor:
Francés Boya Alòs
 
Síndico de Arán
 
2011-actualidade
Sucesor:
No cargo