Onda lonxitudinal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q626707
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
 
Liña 11: Liña 11:
===Outros artigos===
===Outros artigos===
* [[Onda transversal]]
* [[Onda transversal]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Física]]
[[Categoría:Física]]

Revisión actual feita o 26 de xaneiro de 2017 ás 21:56

Propagación dunha onda lonxitudinal.
Propagación dunha onda.

Unha onda lonxitudinal é unha onda na que o movemento de oscilación das partículas do medio é paralelo á dirección de propagación da onda. As ondas lonxitudinais reciben tamén o nome de ondas de presión ou ondas de compresión. Algúns exemplos de ondas lonxitudinais son o son e as ondas sísmicas de tipo P xeradas nun terremoto.

A figura inferior ilustra o caso dunha onda sonora. Se imaxinamos un foco puntual xerador de son, as frontes de onda desprázanse afastándose do foco, transmitindo o son a través do medio de propagación, por exemplo, aire.

Por outro lado, cada partícula dunha fronte de onda calquera oscila en dirección da propagación, isto é, inicialmente é empuxada na propagación por efecto do incremento de presión provocado polo foco, retornando á súa posición anterior por efecto da diminución de presión provocada polo seu desprazamento. Deste xeito, as consecutivas capas de aire (frontes) vanse empurrando unhas a outras transmitindo o son.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]