Sainte-Chapelle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 11: Liña 11:
== Arquitectura ==
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:SteChapelle von N.JPG|thumb|right|280px|Exterior da Sainte-Chapelle vista dende [[Palacio da Xustiza de París|Palacio da Xustiza (''Palais de Justice)]]'']]
[[Ficheiro:SteChapelle von N.JPG|thumb|right|280px|Exterior da Sainte-Chapelle vista dende [[Palacio da Xustiza de París|Palacio da Xustiza (''Palais de Justice)]]'']]
O proxecto seica se deba a [[Pierre de Montreuil]] que a ergueu nun curto período: de [[1242]] a [[1248]]. Este edificio é unha obra mestra do [[gótico radiante]],<ref>{{cita libro |apelido=Martín González |nome=J.J. |título=Historia del arte|volume=2 |lingua=es |ano=2010 |editorial=Gredos |lugar= |isbn=9788424917241}}</ref> ao punto que algúns consideran que seinala o apoxeo ou cume desta arte. Concibida coma un xoieiro destinado a conter reliquias debía servir, tamén, coma capela real construída dentro do mesmo palacio, na Illa da Cité. Superpóñense nela dúas capelas, a inferior, na planta terrea, para a xente común, e a superior, no sollado, para a corte do rei, como era costume nas construcións dos palacios reais da [[Idade Media]]. En principio, non se podía acceder á capela alta mais que por medio das galerías superiores do pazo xa que non se contemplou a construción de escaleira exterior ningunha.
O proxecto seica se deba a [[Pierre de Montreuil]] que a ergueu nun curto período: de [[1242]] a [[1248]]. Este edificio é unha obra mestra do [[gótico radiante]],<ref>{{cita libro |apelido=Martín González |nome=J.J. |título=Historia del arte|volume=2 |lingua=es |ano=2010 |editorial=Gredos |lugar= |isbn=9788424917241}}</ref> ao punto que algúns consideran que seinala o apoxeo ou cume desta arte. Concibida coma un xoieiro destinado a conter reliquias debía servir, tamén, coma capela real construída dentro do mesmo palacio, na Illa da Cité. Superpóñense nela dúas capelas, a inferior, na planta terrea, para a xente común, e a superior, no sollado, para a corte do rei, como era costume nas construcións dos palacios reais da [[Idade Media]]. En principio, non se podía acceder á capela alta mais que por medio das galerías superiores do pazo xa que non se contemplou a construción de escaleira exterior ningunha.[[Ficheiro:Paris (75), Sainte-Chapelle, plan.png|miniatura|Plantas da Sainte-Chapelle. Na dereita, a capela superior e, na esquerda, a capela superior.]]


=== Capela baixa (ou inferior) ===
=== Capela baixa (ou inferior) ===
Liña 52: Liña 52:
Ficheiro:Sainte Chapelle-pano-20110819-100739-2989 2999-1000d-a1b1c1d1e1.png|Capela baixa.
Ficheiro:Sainte Chapelle-pano-20110819-100739-2989 2999-1000d-a1b1c1d1e1.png|Capela baixa.
</gallery>
</gallery>



== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2017 ás 13:18

Coordenadas: 48°51′20″N 2°20′41″L / 48.85556, -2.34472

Capela superior.

A Sainte-Chapelle (Santa Capela en galego ou co nome completo Capela real da Île de la Cité) é unha capela gótica situada na Île de la Cité (Illa da Cidade) no centro de París (Francia), construída no século XIII por Luís IX (San Luís). Foi proxectada en 1241, iniciada en 1246 e concluída moi axiña, sendo consagrada en abril de 1248. Está considerada unha das obras principais do período radiante da arquitectura gótica. Foi construída para acoller as reliquias adquiridas polo rei Luís IX, polo que foi considerada coma un enorme relicario. As paredes foron remprazadas por grandes fiestras que filtran a luz grazas ás vidreiras polícromas.

Historia

A historia da capela comeza en 1241 cando foron levadas dende Siria e Constantinopla deica Francia, a coroa de espiños, parte da cruz, o ferro da lanza, a esponxa e outras reliquias do martirio de Xesús Cristo, que foran adquiridas polo rei Luís IX a Balduíno II, último emperador latino de Constantinopla. O rei francés acudiu a recibir estas sagradas reliquias e el mesmo entrou en París con elas, descalzo, depositándoas de xeito provisional na capela de San Nicolás do seu palacio, até que se construíse unha capela digna das reliquias. A Sainte Chapelle iniciouse probabelmente en 1241 e foi consagrada en 1248.

O servizo da Santa Capela

Grazas a un privilexio ligado á coroa de Francia, o clero da capela non dependía do bispo nin da parroquia no perímetro da cal a casa do Concello (Conciergerie) da Cité se sitúa, é dicir a parroquia de San Bertomeu. Para que esta exención non fose rexeitada polo bispo de París, este non foi convidado á cerimonia de consagración, que foi presidida polo legado apostólico e mailo arcebispo de Reims. En 1273, o Papa une oficialmente o clero da Santa Capela á Santa Sé.

Arquitectura

Exterior da Sainte-Chapelle vista dende Palacio da Xustiza (Palais de Justice)

O proxecto seica se deba a Pierre de Montreuil que a ergueu nun curto período: de 1242 a 1248. Este edificio é unha obra mestra do gótico radiante,[1] ao punto que algúns consideran que seinala o apoxeo ou cume desta arte. Concibida coma un xoieiro destinado a conter reliquias debía servir, tamén, coma capela real construída dentro do mesmo palacio, na Illa da Cité. Superpóñense nela dúas capelas, a inferior, na planta terrea, para a xente común, e a superior, no sollado, para a corte do rei, como era costume nas construcións dos palacios reais da Idade Media. En principio, non se podía acceder á capela alta mais que por medio das galerías superiores do pazo xa que non se contemplou a construción de escaleira exterior ningunha.

Plantas da Sainte-Chapelle. Na dereita, a capela superior e, na esquerda, a capela superior.

Capela baixa (ou inferior)

A capela baixa, dedicada á Virxe, accesíbel para a xente común e ao servizo do palacio soporta a capela alta (ou superior).

O teito, sostido por infinidade de columnas atura o peso de todo o edificio; a capela baixa construíuse pola súa utilidade funcional e arquitectónica xa que permitiu aliviar ao máximo a construción da capela alta e soportar todo o peso da mesma. Esta parte ten planta de salón con tres naves; a do centro maior; de detallada decoración polícroma. A superior ten unha nave de 20 m de altura. Sobre cada pilastra érguese a estatua dun apóstolo. A esvelteza das curtas columnas fai que a bóveda semelle máis lixeira.

Dende o punto de vista decorativo, distínguense dous tipos de columnas na Capela Baixa: as columnas azuis decoradas con flores de lis, símbolo da realeza francesa, e as columnas vermellas decoradas con castelos de ouro, símbolo de Castela, por ser Luís IX fillo de Branca de Castela.

A capela alta (ou superior)

As paredes da capela alta foron practicamente suprimidas, reemprazándoas por altas fistras grandes que deixan pasar a luz. As vidreiras representan escenas relixiosas. Foron deseñadas situando os personaxes reais segundo os seus cargos, así as que representan o rei David ou o rei Salomón están situados preto do rei.

As vidreiras constitúen un conxunto homoxéneo; as cores dominantes son o azul, o vermello e o amarelo que dan, á capela, un corido moi característico.

As fiestras da nave, de 15,35 metros de alto, por 4,70 metros de largo, áchanse divididas por catro oxivas, por riba das cales hai un rosetón de seis lobos e dous cuatrilóbulos (elemento en forma de trevo de catro follas). As fiestras da ábsida de 13,45 metros de alto, por 2,10 de largo, só teñen dúas oxivas e tres trilóbulos (elemento en forma de trevo). As escenas das vidreiras representan:

O rosetón (lado sur), de 9 metros de diámetro, representa a Apocalipse.

Galería de imaxes


Notas

  1. Martín González, J.J. (2010). Historia del arte (en castelán) 2. Gredos. ISBN 9788424917241. 

Véxase tamén

Ligazóns externas