Síux: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Os '''síux'''<ref>{{DRAG|síux}}</ref> son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Os síux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux que falaban tres variedades lingüísticas da [[lingua sioux]], que incluía o [[pobo lakota|lakota]], santee e Yankton-Yanktonai.
Os '''síux'''<ref>{{DRAG|síux}}</ref> son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Os síux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux que falaban tres variedades lingüísticas da [[lingua síux]], que incluía o [[pobo lakota|lakota]], santee e Yankton-Yanktonai.


O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo [[ottawa (tribo)|ottawa]]: na·towe·ssiwak, "síux".
O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo [[ottawa (tribo)|ottawa]]: na·towe·ssiwak, "síux".
Liña 13: Liña 13:


== Lingüística ==
== Lingüística ==
{{Artigo principal|Lingua sioux|Lingua lakota|Lingua dakota}}
{{Artigo principal|Lingua síux|Lingua lakota|Lingua dakota}}
[[Ficheiro:Chief Bone Necklace-Oglala Lakota-1899 Heyn Photo.jpg|miniatura|Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da [[Reserva india de Pine Ridge]] (1899).]]
[[Ficheiro:Chief Bone Necklace-Oglala Lakota-1899 Heyn Photo.jpg|miniatura|Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da [[Reserva india de Pine Ridge]] (1899).]]
Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:
Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2017 ás 08:32

Os síux[1] son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os Estados Unidos. Os síux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux que falaban tres variedades lingüísticas da lingua síux, que incluía o lakota, santee e Yankton-Yanktonai.

O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo ottawa: na·towe·ssiwak, "síux".

Divisións sociais

Santee

Os Santee (tamén coñecidos como Dakota) migraron ao norte e ao oeste desde o sur e o leste de Ohio até Minnesota. Os Santee vivían nos bosques cazando, pescando e con agricultura de subsistencia.

Lakota

Artigo principal: Pobo lakota.

Lingüística

Artigos principais: Lingua síux, Lingua lakota e Lingua dakota.
Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da Reserva india de Pine Ridge (1899).

Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:

  1. Dakota oriental (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta)
    • Santee (Isáŋyáthi: Bdewákhathuŋwaŋ, Waȟpékhute)
    • Sisseton (Sisíthuŋwaŋ, Waȟpéthuŋwaŋ)
  2. Dakota occidental (tamén Yankton-Yanktonai ou Dakȟóta)
    • Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ)
    • Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna)
  3. Lakota (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Síux)

As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua síux (Lakota, Dakota e Nakota) como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes[2] amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo Nakhóta, senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (Dakȟóta).

Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o síux a terceira lingua. O síux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como Nakhóta ou Nakhóda.

O termo Dakota ten sido polos antropoloxistas e membros do goberno para referirse a tódolos grupos síux, dando como resultado nomes como Teton Dakota, Santee Dakota etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra Ottawa Síux.

Activismo no século XX

Incidente de Wounded Knee

Artigo principal: Incidente de Wounded Knee.

Durante os anos 1960, mozos nativos americanos comezaron a axitarse para acadar mellores condicións sociais, facer respectar os seus dereitos civís, e conseguir programas de desenvolvemento económico e de educación. Entre as numerosas protestas, organizouse a ocupación da illa de Alcatraz, en California.

O incidente de Wounded Knee comezou o 27 de febreiro de 1973, cando a vila de Wounded Knee, Dacota do Sur foi tomado polos seguidores do American Indian Movement. O sitio escollido debeuse ó gran valor simbólico do lugar, xa que foi alí onde se produciu o Masacre de Wounded Knee en 1890. Os ocupantes controlaron a vila durante 71 días mentres eran sitiados por varias axencias da orde como o FBI e os Marshals. Dous membros do A.I.M. morreron por disparos durante o incidente.

República de Lakota

Artigo principal: República de Lakota.

A Delegación da liberdade Lakota, un grupo de activistas nativos americanos, declarou o 19 de decembro de 2007 que os lakota que se retiraban tódolos tratados asinados cos Estados Unidos para poder recuperar a soberanía da súa nación. Un dos activistas, Russell Means, declarou esta acción como legal aludindo á lei natural, internacional e estadounidense.[3] O grupo considera ós lakota como unha nación soberana, malia que o estado non ten recoñecemento diplomático. As fronteiras propostas reclaman miles de quilómetros cadrados de Dacota do Norte e do Sur, Wyoming, Nebrasca e Montana.[4]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para síux.
  2. Parks, D. R.; DeMallie, R. J. (1992). "Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification". Anthropological Linguistics 34 (1–4). 
  3. Descendentes de Touro Sentado e Cabalo Tolo independízanse de USA, Agence France-Presse news
  4. Bill Harlan (21 de decembro de 2007). "Lakota group secedes from U.S.". Rapid City Journal. Consultado o 2007-12-28. 

Véxase tamén

Outros artigos