Cartas paulinas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
m Isili0n moveu a páxina "Cartas paulinas" a "Cartas pauliñas": *Paulina > pauliña.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2017 ás 14:31

As cartas paulinas, son unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue todas as cartas que, ao longo da súa predicación, Paulo de Tarso foi enviando a distintas comunidades cristiás.

Autor e datas de composición

O autor deste grupo de escritos é o apóstolo Paulo de Tarso, aínda que algúns expertos consideran que nalgunhas cartas como Colosenses ou as chamadas cartas pastorais, puido haber un traballo posterior de edición ou refundición. Foron compostas nun prazo de tempo que vai desde o ano 37, data da I Carta aos Tesalonicenses, ata os anos sesenta, xa na catividade en Roma.

As cartas

Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve:

Cartas pastorais

As cartas a Timoteo e a Tito, adoitan agruparse nunha categoría específica dentro do corpus paulino que se coñece como Cartas pastorais. Debe o nome ao seu contido, centrado na organización da Igrexa, deixando de lado cuestións teolóxicas propias das outras cartas.