Friburgo, Suíza: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Cómpren coordenadas}} |
|||
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2017}} |
|||
{{Outroshomónimos|Friburgo}} |
{{Outroshomónimos|Friburgo}} |
||
{{Cidade de Suíza |
{{Cidade de Suíza |
Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2017 ás 00:10
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Modelo:Cidade de Suíza Friburgo[1] é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. Segundo datos do 2010 conta con 34.490 habitantes.
Xeografía
Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.
Historia
Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicialmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.
A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.
Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.
Cultura
O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta o casco vello. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.
No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.
Notas e referencias
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para friburgués.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Friburgo, Suíza |