Tel Aviv: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
|bandeira = Tel Aviv flag.svg
|bandeira = Tel Aviv flag.svg
|escudo = TelAvivEmblem.svg
|escudo = TelAvivEmblem.svg
|imaxe = [[Ficheiro:Tel-Aviv-100.JPG|300px]]
|imaxe = [[Ficheiro:TelAvivAvivMetroo.png|300px]]
|pé = Rañaceos.
|pé = Vistas da cidade.
|situación = {{Mapa de localización
|situación = {{Mapa de localización
|Israel
|Israel

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2017 ás 09:40

Coordenadas: 32°04′50″N 34°46′50″L / 32.08056, -34.78056 Modelo:Cidade

Plean Máistir Tel Aviv le Patrick Geddes, 1925.

Tel Aviv-Yafo (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا‎) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do Mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.

A densidade de poboación é de 7.445 persoas por km². De acordo coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a poboación da cidade situábase nos 380.600 habitantes, cun crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns 50.000 traballadores ilegais.

Ficheiro:Sheinkin & King George.JPG
Rúa Sheinkin.
Dizengoff Square, chamada así por Zina Dizengof a dona de primeiro alcalde de Tel Aviv Meir Dizengoff. A fonte deseñada por Yaacov Agam combina o lume , a auga , o movemento , e a música.

Orixe do nome

O nome de Tel Aviv en Hebreo significa "Outeiro (tell|tel) da primavera (aviv)". Este é o nome dado por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl Altneuland ("A vella nova terra").

Cultura

En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a Orquestra Filharmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.

Clima

Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos, e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante todo o ano, especialmente entre os meses de outubro e abril, a estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante as vagas de calor.

Alcaldes da cidade

Cidades irmás

Panorama

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas