Georges Prêtre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Directores musicais do Teatro alla Scala]]
[[Categoría:Directores musicais do Teatro alla Scala]]
[[Categoría:Directores de orquestra]]
[[Categoría:Directores de orquestra]]
[[Categoría:Directores de orquestra de Francia]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2017 ás 12:57

Georges Prêtre, nado en Waziers, Norte-Paso de Calais o 14 de agosto de 1924 e finado en Navès, Mediodía-Pireneos o 4 de xaneiro de 2017 foi un director de orquestra francés.[1]

Biografía

Estudou harmonía con Maurice Duruflé e dirección con André Cluytens, entre outros, no Conservatorio de París. Despois de graduarse, dirixiu en varias compañías de ópera menores en Francia (ás veces baixo o nom de plume de Georges Dherain) antes de realizar o seu debut en París na Opéra-Comique con Capriccio de Richard Strauss. O seu debut na Royal Opera House, Covent Garden chegou en 1961, coas súas primeiras aparicións na Metropolitan Opera, Nova York, e o Teatro alla Scala, Milán, a fins dos anos 1960. Traballou con Maria Calas en varias ocasións, e realizou gravacións de Carmen e Tosca con ela, sendo o seu director musical favorito. Por un tempo foi director musical da Ópera de París.

Ademais da ópera, Prêtre foi moi coñecido polas súas interpretacións de música francesa. Estivo especialmente asociado con Francis Poulenc, estreando a súa ópera La voix humaine na Opéra-Comique en 1959, nas súas Sept répons des ténèbres en 1963. En 1999 deu unha serie de concertos en París para celebrar o centenario do nacemento de Poulenc. En 2008, á idade de 83 anos, converteuse no primeiro director francés e o máis lonxevo en dirixir o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker , coñecido mundialmente e seguido por millóns de persoas, marca que bateu el mesmo en 2010 ao dirixilo con 85 anos.

Notas