Negación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1478451
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''negación''' é a acción e o efecto de negar. É un [[Modalidade da enunciación oracional|modo de enunciar]] que pode ser realizado por medio de tres procedementos [[lingüística|lingüísticos]]:
A '''negación''' é a acción e o efecto de negar. É un [[Modalidade da enunciación oracional|modo de enunciar]] que pode ser realizado por medio de tres procedementos [[lingüística|lingüísticos]]:

*[[morfema|Marcas morfolóxicas]]: en moitas linguas a negación pode realizarse mediante marcas morfolóxicas consistentes en prefixos privativos ('''a'''normal, '''in'''usual, '''des'''agradable). A negación morfolóxica determina unha operación, dende o punto de vista lóxico-semántico, pola que se fixan os [[Antonimia|opostos]] e [[Antonimia|complementarios]]. A isto ténselle chamado predicación negativa dado que non é unha verdadeira negación: ''desaproveitar'' non é a negación de ''aproveitar'', senón unha outra cousa distinta que actúa como complementaria.
*[[morfema|Marcas morfolóxicas]]: en moitas linguas a negación pode realizarse mediante marcas morfolóxicas consistentes en prefixos privativos ('''a'''normal, '''in'''frecuente , '''des'''agradable). A negación morfolóxica determina unha operación, dende o punto de vista lóxico-semántico, pola que se fixan os [[Antonimia|opostos]] e [[Antonimia|complementarios]]. A isto ténselle chamado predicación negativa dado que non é unha verdadeira negación: ''desaproveitar'' non é a negación de ''aproveitar'', senón unha outra cousa distinta que actúa como complementaria.
*[[Lexema|Elementos léxicos]]: a negación desenvólvese tamén nas linguas por medio de opostos léxicos que non teñen entre si ningunha relación morfolóxica (''bo-malo, san-enfermo''). A [[lexicalización]] da oposición acentúa a distancia entre os dous polos: ''bo'' e ''malo'' poden considerarse como os dous límites dunha oposición que permite unha gradación. Non estamos ante unha negación verdadeira, senón ante unha polarización [[Antonimia|complementaria]]: O contrario de ''san'' é ‘''non-san''’ e non ''enfermo''.

*[[Sintaxe|Estruturas sintácticas]]: desde o punto de vista sintáctico, a negación é unha das modalidades básicas en que pode presentarse un [[enunciado]] e pode presentar dúas formas: unha absoluta e outra parcial:

Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2017 ás 18:46

A negación é a acción e o efecto de negar. É un modo de enunciar que pode ser realizado por medio de tres procedementos lingüísticos:

  • Marcas morfolóxicas: en moitas linguas a negación pode realizarse mediante marcas morfolóxicas consistentes en prefixos privativos (anormal, infrecuente , desagradable). A negación morfolóxica determina unha operación, dende o punto de vista lóxico-semántico, pola que se fixan os opostos e complementarios. A isto ténselle chamado predicación negativa dado que non é unha verdadeira negación: desaproveitar non é a negación de aproveitar, senón unha outra cousa distinta que actúa como complementaria.
  • Elementos léxicos: a negación desenvólvese tamén nas linguas por medio de opostos léxicos que non teñen entre si ningunha relación morfolóxica (bo-malo, san-enfermo). A lexicalización da oposición acentúa a distancia entre os dous polos: bo e malo poden considerarse como os dous límites dunha oposición que permite unha gradación. Non estamos ante unha negación verdadeira, senón ante unha polarización complementaria: O contrario de san é ‘non-san’ e non enfermo.
  • Estruturas sintácticas: desde o punto de vista sintáctico, a negación é unha das modalidades básicas en que pode presentarse un enunciado e pode presentar dúas formas: unha absoluta e outra parcial:
    • Negación total: Realízase colocando non entre o suxeito e o verbo se na secuencia non aparecen pronomes clíticos antepostos: A cerimonia non se celebrou.
    • Negación parcial: Consiste en facer negativo un suxeito ou un complemento, para o cal se empregan palabras negativas que expresan o grao cero semántico dos substantivos, adxectivos ou adverbios. Hai dúas posibles estruturas:
- negación + verbo: Nada dixo daquilo.
- non + verbo + negación: Non dixo nada daquilo.

Véxase tamén