Mar de Kara: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Krai de Krasnoyarsk
m Nenetsia
Liña 17: Liña 17:
| continente = [[Asia]]
| continente = [[Asia]]
| país = {{RUS}}
| país = {{RUS}}
| división_administrativa = {{RUSb}}[[Krai de Krasnoyarsk]]<br/>{{RUS|NEN}} <br/>{{RUS|YAN}}
| división_administrativa = {{RUSb}}[[Krai de Krasnoyarsk]]<br/>{{RUSb}}[[Nenetsia]] <br/>{{RUS|YAN}}
| subdivisión_administrativa =
| subdivisión_administrativa =
| mar = [[Océano Ártico]]
| mar = [[Océano Ártico]]

Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2017 ás 15:51

Mar de Kara
Kárskoe more - Карское море
Localización administrativa
EstadoRusia Rusia
DivisiónKrai de Krasnoyarsk
Nenetsia
Rusia Rusia
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Ártico
ContinenteAsia
ArquipélagoNova Zembla e Severnaya Zemlya
Xeografía
Mares contiguosBarents e Laptev
Illas interioresArquipélagos de Nordenskiöld, illas do Instituto Ártico, illas Izvesti Tsik, illas Kirov e illas Kamennyye e illas de Uedineniya, Vize, Voronina, Bely, Dikson, Taimir e Oleny
AfluentesObi (5.410 km), Yeniséi (4.093 km), Piasina (817 km) e Taimir (640 km)
Cidades ribeiregasDikson, Novy Port
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Ob, golfo de Yeniséi, baía de Baidarata
PenínsulasPenínsula de Taimyr, Península de Yamal, Península de Guida
EstreitosKara e Yugorsky (mar de Kara)
Características
Superficie883.000 km²
Lonxitude máxima1.450 km
Anchura máxima970 km
Profundiade máxima600 m
Profundidade media30-100 m
Outros datos
Zona protexidaGran Reserva Natural do Ártico
Vía navegablePaso do Noreste
1º naveganteCornelis Nay (1594)
Mapa

Localización do mar de Kara.

Vista satélite do mar de Kara

O mar de Kara (en ruso:Карское море, Kárskoe more) é un sector do océano Glacial Ártico, localizado ao norte de Siberia (Rusia). Esténdese entre os arquipélagos de Nova Zembla e Terra do Norte. Ao sur ten como límite a costa setentrional de Siberia, na que destacan as penínsulas de Yamal e a de Taimir.

Xeografía

O mar de Kara está limitado ao oeste pola illa de Nova Zembla, ao leste polas illas Severnaya Zemlya, ao sur polo continente e ao norte por unha liña que partindo do cabo Kohlsaat, na Illa Graham Bell, discorre pola Terra de Francisco Xosé ata o cabo Molotov (cabo Ártico), o punto máis setentrional da illa Komsomolets, no arquipélago de Severnaya Zemlya.

Está localizado entre o mar de Pechora -un brazo occidental do mar de Barents- ao oeste, co que está conectado polo estreito de Kara, e o estreito Yugorsky e o mar de Laptev ao leste.

Mide aproximadamente 1.450 quilómetros de longo e 970 quilómetros de ancho cunha área de ao redor de 880.000 km2 e unha profundidade media de 110 m, sendo a profundidade máxima de 600 metros.

En comparación co mar de Barents, que recibe relativamente as cálidas correntes do océano Atlántico, o mar de Kara é moito máis frío, manténdose conxelado durante máis de nove meses ao ano: practicamente, só é navegable en xullo e agosto. As súas augas reciben as augas doces dos ríos Obi (5.410 km), Yeniséi (4.093 km), Piasina (817 km) e Taimir (640 km), polo que a súa salinidade é moi variable. Hai dous grandes golfos na zona, o golfo de Ob (de case 1000 km de lonxitude) e o golfo do Yeniséi, máis pequeno.

A súa ribeira occidental pertence ao óblast de Arjánguelsk, a central ao óblast de Tiumen e a oriental ao Krai de Krasnoyarsk. Os seus principais portos son Novy Port e Dikson, este último na boca do golfo do Yeniséi. O mar de Kara é unha importante zona de pesca, aínda que tan só dous meses ao ano. Ultimamente realizáronse importantes descubrimentos de petróleo e gas natural -unha extensión da conca petroleira da Siberia Occidental- aínda que aínda non foron desenvolvidos.