Equisetáceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 128: Liña 128:


== Sistemática ==
== Sistemática ==
<
[[Ficheiro:Cola de caballo..JPG|miniatura|Breve descrición do "rabo de cabalo" no xardín botánico da [[UNAM]], [[México]].]]


Tanto a morfoloxía coma as análises moleculares de ADN (feitos sobre as secuencias [[plastidio|plastídicas]] ''rbcL'', ''trnL-F'', ''rps4'') indican que os fentos e rabos de cabalo son [[monofilético]]s (Pryer ''et al.'' 2001<ref name="Pryer et al. 2001">Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt y Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants".'' Nature ''409: 618-622 (pdf [http://web.archive.org/web/http://www.pryerlab.net/publication/fichier199.pdf aquí]).</ref> e 2004,<ref name="Pryer et al. 2004" >Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith y Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". ''American Journal of Botany'' 91:1582-1598 (pdf [http://web.archive.org/web/http://www.pryerlab.net/publication/fichier494.pdf aquí]).</ref> Des Marais ''et al.'' 2003,<ref>Des Marais, D. L., Smith, A. R., Britton, D. M., y Pryer, K. M. 2003. Phylogenetic relationships and evolution of extant horsetails, ''Equisetum'', based on chloroplast DNA sequence data (''rbcL'' and ''trnL-F''). ''Int. J. Pl. Sci.'' 164: 737-751. (pdf [http://web.archive.org/web/http://www.pryerlab.net/publication/fichier264.pdf aquí])</ref> Guillon 2004).<ref>Guillon, J. M. 2004. Phylogeny of horsetails (''Equisetum'') based on the chloroplast ''rps4'' gene and adjacent noncoding sequences. ''Syst. Bot.'' 29: 251-259. (resumen [http://www.ingentaconnect.com/content/aspt/sb/2004/00000029/00000002/art00003 aquí])</ref>
Tanto a morfoloxía coma as análises moleculares de ADN (feitos sobre as secuencias [[plastidio|plastídicas]] ''rbcL'', ''trnL-F'', ''rps4'') indican que os fentos e rabos de cabalo son [[monofilético]]s (Pryer ''et al.'' 2001<ref name="Pryer et al. 2001">Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt y Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants".'' Nature ''409: 618-622 (pdf [http://web.archive.org/web/http://www.pryerlab.net/publication/fichier199.pdf aquí]).</ref> e 2004,<ref name="Pryer et al. 2004" >Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith y Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". ''American Journal of Botany'' 91:1582-1598 (pdf [http://web.archive.org/web/http://www.pryerlab.net/publication/fichier494.pdf aquí]).</ref> Des Marais ''et al.'' 2003,<ref>Des Marais, D. L., Smith, A. R., Britton, D. M., y Pryer, K. M. 2003. Phylogenetic relationships and evolution of extant horsetails, ''Equisetum'', based on chloroplast DNA sequence data (''rbcL'' and ''trnL-F''). ''Int. J. Pl. Sci.'' 164: 737-751. (pdf [http://web.archive.org/web/http://www.pryerlab.net/publication/fichier264.pdf aquí])</ref> Guillon 2004).<ref>Guillon, J. M. 2004. Phylogeny of horsetails (''Equisetum'') based on the chloroplast ''rps4'' gene and adjacent noncoding sequences. ''Syst. Bot.'' 29: 251-259. (resumen [http://www.ingentaconnect.com/content/aspt/sb/2004/00000029/00000002/art00003 aquí])</ref>

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2016 ás 18:41

Equisetáceas
(rabos de cabalo)

Rango fósil: Devónico-Holoceno

Imaxe de Equisetum arvense
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
(agora Monilophyta)
Clase: Equisetopsida
Subclase: Equisetidae
Orde: Equisetales
Familia: Equisetaceae (familia nº 4)
Xéneros, subxéneros e especies

Equisetum

Equisetites

A clasificación máis actualizada do xénero é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006,[4] 2008);[5] que tamén ten unha secuencia liñal das licófitas e monilófitas.

As equisetáceas (Equisetaceae) son unha familia monotípica (cun só xénero vivente, Equisetum) de plantas vasculares que se reproducen por esporas, xeralmente chamadas rabos de cabalo.

Equisetum é o único xénero vivente de todas as equisetópsidas, as cales teñen un extenso rexistro fósil entre o Devónico e o Carbonífero. As equisetáceas son morfoloxicamente moi distintivas, cun talo con estriacións, follas reducidas dispostas en verticilos e follas fértiles transformadas en esporanxióforos unidas en estróbilos terminais. Este xénero consta de 15 especies agrupadas en dous subxéneros e unha especie (Equisetum bogotense Kunth, a única suramericana), que é irmá das outras 14. As especies dentro de cada subxénero hibridan doadamente.

Caracteres

Figura 2. Diagrama esquemático do ciclo de vida das plantas vasculares sen semente.
Referencias:
n : xeración haploide,
2n : xeración diploide,
m! : mitose,
M! : meiose,
F! : fecundación

Os equisetos son plantas vasculares con ciclo de vida haplodiplonte no que a alternancia de xeracións é clara, con esporófito e gametófito multicelulares e independentes, con esporas como unidade de dispersión e de resistencia. O gametófito ten unha estrutura talofítica, é dicir, é un "talo" (corpo sen organización), e o esporófito é un "cormo" (con raíz, talo (caule) e follas e sistema vascular). Debido a estas características tradicionalmente agrúpanse coas "pteridófitas".

Os talos (caules) son fotosintéticos, crecen a partir dun rizoma subterráneo mediante un meristema que consta dunha célula apical piramidal que se divide en tres direccións.

Os talos (caules) presentan nós e entrenós ben diferenciados, e os nós parecen inchados e articulados. A superficie do talo nos estrenós éestriada: presenta cristas e vales lonxitudinais (pregamentos, estrías, carenas e valéculas), carácter único en monilófitas. As células da epiderme do talo depositan sílice na superficie do talo que actúa como reforzo de sostén. O talo é usualmente oco, observándose no corte transversal do talo un oco central e outros ocos pequeñiños do lado interno das cristas e os vales.

As follas (eufilos reducidos) son moi pequenas (menos de 2 cm de longo normalmente) e teñen aspecto escamoso, disóñense arredor do talo de forma verticilada (máis de dúas follas no mesmo nó) e son connadas (están soldadas entre sí pola súa base), formando unha vaíña ou coroa que ás veces está máis ou menos engrosada. As follas só son fotosintéticas ao principio. Só teñen un feixe vascular non ramificado.

Dos nós poden saír una gran cantidade de ramas no subxénero Equisetum, de disposición verticilada e morfoloxía similar á do talo.

Ao final das ramas fértiles encóntrase o estróbilo, formado polos verticilos de follas fértiles (que neste clado se chaman "esporanxióforos").

O eixe do estróbilo pode ser verde ou non verde e nunca é ramificado. Os esporanxióforos son peltados (con pé), non fotosintéticos. Os esporanxióforos novos teñen forma de pulvínulo e logo toman forma hexagonal (en vista superficial), debido á forza mecánica que exercen entre eles.

Na cara interna do esporanxióforo orixínanse os esporanxios, que penduran por debaixo do ápice expandido do esporanxióforo.

Os esporanxios presentan un engrosamento secundario da parede de forma helicoidal (Bateman 1991). Os esporangios son de tipo eusporanxiado: grandes, sen anel, alongados, producen moitas (máis de 1.000) esporas por esporanxio.

As esporas son dispersadas polo vento.

As esporas son esféricas, verdes, con apertura circular e con de catro a seis eláteres (expansións longas con forma de correas) enrolados arredor da espora, que rapidamente se endereitan e colaboran no movemento da espora cando sae do esporanxio na dehiscencia.

As equisetáceas son plantas homospóricas (todas as esporas son iguais). Nas plantas homospóricas en xeral, as esporas posúen a capacidade de producir gametófitos con capacidade de orixinar gametos masculinos e femininos (é dicir, as esporas producen gametoófitos hermafroditas). Porén, existe unha controversia sobre se os gametófitos das equisetáceas son hermafroditas ou non. Algúns gametófitos producen só anteridios (que producen gametos masculinos), outros gametófitos producen só arquegonios (que orixinan gametos femininos). Segundo Judd et al. (2002), polo menos os gametófitos "femininos" vóvlvense bisexuais máis tarde.

Os gametófitos son verdes e superficiais.

Os anteridios producen unha gran cantidade de espermatozoides multiflaxelados. A morfoloxía dos espermatozoides liga claramente as equisetáceas coas demáis monilofitas.

O número de cromosomas é x = 108.

Sistemática

Tanto a morfoloxía coma as análises moleculares de ADN (feitos sobre as secuencias plastídicas rbcL, trnL-F, rps4) indican que os fentos e rabos de cabalo son monofiléticos (Pryer et al. 2001[6] e 2004,[7] Des Marais et al. 2003,[8] Guillon 2004).[9]

Notas

  1. Christenhusz et al. 2011. A linear sequence of extant families and genera of lycophytes and ferns. Phytotaxa 19: 7-54. (pdf)
  2. Preface to “Linear sequence, classification, synonymy, and bibliography of vascular plants: Lycophytes, ferns, gymnosperms and angiosperms” pdf
  3. Corrections to Phytotaxa 19: Linear sequence of lycophytes and ferns pdf
  4. A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 ( pdf)
  5. Smith, A.R., Pryer, K.M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H., & Wolf, P.G. (2008) Fern classification, pp. 417–467 en: Ranker, T.A., & Haufler, C.H. (eds.), Biology and Evolution of Ferns and Lycophytes. Cambridge , Cambridge University Press.
  6. Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt y Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (pdf aquí).
  7. Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith y Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (pdf aquí).
  8. Des Marais, D. L., Smith, A. R., Britton, D. M., y Pryer, K. M. 2003. Phylogenetic relationships and evolution of extant horsetails, Equisetum, based on chloroplast DNA sequence data (rbcL and trnL-F). Int. J. Pl. Sci. 164: 737-751. (pdf aquí)
  9. Guillon, J. M. 2004. Phylogeny of horsetails (Equisetum) based on the chloroplast rps4 gene and adjacent noncoding sequences. Syst. Bot. 29: 251-259. (resumen aquí)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)
  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.

Ligazóns externas