Nadal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:O nadal, Galiza.jpg|300px|dereita|miniatura|Imaxe dunha bóla nunha [[árbore de nadal]].]]
[[Ficheiro:O nadal, Galiza.jpg|300px|dereita|miniatura|Imaxe dunha bóla nunha [[árbore de nadal]].]]
:''Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa [[decembro]].''
:''Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa [[decembro]].''
O '''Nadal''' (provén do [[Lingua latina|latín]] ''dies natalis'' 'día do nacemento')<ref>{{Cita web|url = http://portaldaspalabras.gal/setestrelo/o-nadal-en-sete-palabras|páxina-web = Portal das Palabras|título = O Nadal en sete palabras|data-acceso = 22 de decembro do 2015}}</ref> é unha festa [[Cristianismo|cristiá]] que conmemora o nacemento de [[Xesús de Nazaret]]. A [[Igrexa Católica Latina]], as [[Protestantismo|Igrexas protestantes]] e a maioría das [[Igrexa Ortodoxa|Igrexas ortodoxas]] celébrana o [[25 de decembro]]. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o [[7 de xaneiro]], xa que non aceptan o [[calendario gregoriano]].
O '''Nadal''', termo que provén do [[Lingua latina|latín]] ''dies natalis'', é dicir, día do nacemento<ref>{{Cita web|url = http://portaldaspalabras.gal/setestrelo/o-nadal-en-sete-palabras|páxina-web = Portal das Palabras|título = O Nadal en sete palabras|data-acceso = 22 de decembro do 2015}}</ref>, é unha festa [[Cristianismo|cristiá]] que conmemora o nacemento de [[Xesús de Nazaret]]. A [[Igrexa Católica Latina]], as [[Protestantismo|Igrexas protestantes]] e a maioría das [[Igrexa Ortodoxa|Igrexas ortodoxas]] celébrana o [[25 de decembro]]. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o [[7 de xaneiro]], xa que non aceptan o [[calendario gregoriano]].


== Data ==
== Data ==

Revisión como estaba o 24 de decembro de 2016 ás 16:45

Representación do nacemento de Xesús (San Salvador de Meis, Pontevedra).
Imaxe dunha bóla nunha árbore de nadal.
Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.

O Nadal, termo que provén do latín dies natalis, é dicir, día do nacemento[1], é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa Católica Latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

Data

A data orixinal de celebración do Nadal na tradición cristiá oriental era o 6 de xaneiro, xunto coa Epifanía, e segue a ser así no calendario litúrxico da Igrexa Apostólica Armenia, e festividade pública en Armenia. En 2013 hai unha diferenza de 13 días entre o actual calendario gregoriano e o calendario xuliano. Aqueles países e Igrexas que empregan o calendario xuliano (ou equivalentes) celebran, xa que logo, o Nadal e a Epifanía o 25 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente, que correspóndense co 7 e o 19 de xaneiro do calendario xuliano. Por esta razón Exipto, Etiopía, Eritrea, Rusia, Xeorxia, Ucraína, Serbia, Macedonia e Moldova celebran o Nadal cando no calendario gregoriano é o 7 de xaneiro. As igrexas ortodoxas de Bulgaria, Grecia, Romanía, Antioquía, Alexandría, Albania, Finlandia e América celebran o Nadal o 25 de decembro no calendario xuliano revisado, que correspóndese tamén co 25 de decembro do gregoriano.

Historia e características

Segundo os Evanxeos, Xesús naceu en Belén de Xudea. Seus pais foron María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, de acordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría ao mundo do pecado.

As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti (Nacemento do Sol Invicto); por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagá no solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.

A noite do 24 de decembro celébrase a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Porén, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 de decembro ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e cun compoñente comercial importante, perdendo en grande medida o espírito relixioso.

Galería de imaxes

Notas

  1. "O Nadal en sete palabras". Portal das Palabras. Consultado o 22 de decembro do 2015. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas