Diocese: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
reduzo exceso de ligazóns externas
Liña 33: Liña 33:
* [http://www.mondonedoferrol.org Bispado de Mondoñedo-Ferrol (único integramente en galego)]
* [http://www.mondonedoferrol.org Bispado de Mondoñedo-Ferrol (único integramente en galego)]
* [http://www.obispadodeourense.com Bispado de Ourense (en castelán)]
* [http://www.obispadodeourense.com Bispado de Ourense (en castelán)]
* [http://www.iglesiadeasturias.org Bispado de Oviedo (en castelán)]
* [http://www.diocesiscastillayleon.org/astorga Bispado de Astorga (en castelán)] (dentro das de [http://www.diocesiscastillayleon.org Castela e León])
* [http://www.diocesiscastillayleon.org/astorga Bispado de Astorga (en castelán)] (dentro das de [http://www.diocesiscastillayleon.org Castela e León])
* [http://www.igrexa.org Xuntanza das cinco dioceses integramente galegas]
* [http://www.arzobispadocastrense.com Arcebispado especificamente militar para todo o Estado]
* [http://www.conferenciaepiscopal.es Conferencia episcopal (dos bispos) española]
* [http://www.conferenciaepiscopal.es Conferencia episcopal (dos bispos) española]
* [http://www.catholic.com/ Unha outra páxina da Igrexa Católica (en inglés)]


{{División territorial católica}}
{{División territorial católica}}

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2016 ás 10:26

Distribución das dioceses en Galicia.
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados. En Galiza hai 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:

  • Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias).
  • Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias).
  • Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias).
  • Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias).
  • Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias).

Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous anacos que pertencen a outras dúas dioceses que non están completamente en Galiza:

  • Astorga (cinco arciprestados do oriente ourensán).
  • Oviedo (unhas poucas parroquias do oriente lugués).

O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.

Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).

O termo diocese é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa Católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.