Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 31: Liña 31:


==== Infancia ====
==== Infancia ====
Hegel naceu o 27 de agosto de 1770 en [[Stuttgart]], no [[ducado de Württemberg]], suroeste de Alemaña. Bautizado Georg Wilhelm Friedrich, foi coñecido como Wilhelm para a súa familia. O seu pai, Georg Ludwig, era ''Rentkammersekretär'' (secretario da oficina de ingresos) na corte de [[Carlos Uxío de Württemberg]]<ref>{{Cita libro|título=Hegel: A Biography|apelidos=Pinkard|nome=Terry|editorial=Cambridge University Press|ano=2000|ISBN=0-521-49679-9|ref=}}</ref>. A nai de Hegel, Maria Magdalena Louisa, era a filla dun avogado do Tribunal Superior de Xustiza da corte de Württemberg. Ela morreu dunha «febre biliosa» (''Gallenfieber'') cando Hegel tiña trece anos. Hegel e mailo seu pai tamén colleron a doenza, pero por pouco sobreviviron<ref>Pinkard, ''Hegel: A Biography'', p. 3, dá incorrectamente a data do 20 de setembro de 1781, tendo Hegel once anos. Cf. o índice do libro de Pinkard e a súa «Chronology of Hegel's Life» («Cronoloxía da vida de Hegel»), onde aparece correctamente a data como 1783 (pp. 773, 745); véxase tamén a [[:de:Georg_Wilhelm_Friedrich_Hegel#Studien_und_Interessen|Wikipedia alemá]].</ref>. Hegel tiña unha irmá, Christiane Luise (1773-1832), e un irmán, Georg Ludwig (1776-1812), quen finou como oficial na campaña rusa de Napoleón de 1812.
Hegel naceu o 27 de agosto de 1770 en [[Stuttgart]], no [[ducado de Württemberg]], suroeste de Alemaña. Bautizado Georg Wilhelm Friedrich, foi coñecido como Wilhelm para a súa familia. O seu pai, Georg Ludwig, era ''Rentkammersekretär'' (secretario da oficina de ingresos) na corte de [[Carlos Uxío de Württemberg]]<ref name=pinkard/>{{Cita libro|título=Hegel: A Biography|apelidos=Pinkard|nome=Terry|editorial=Cambridge University Press|ano=2000|url=http://assets.cambridge.org/052149/6799/sample/0521496799WSN01.pdf|ISBN=0-521-49679-9|ref=}}</ref>. A nai de Hegel, Maria Magdalena Louisa, era a filla dun avogado do Tribunal Superior de Xustiza da corte de Württemberg. Ela morreu dunha «febre biliosa» (''Gallenfieber'') cando Hegel tiña trece anos. Hegel e mailo seu pai tamén colleron a doenza, pero por pouco sobreviviron<ref>Pinkard, ''Hegel: A Biography'', p. 3, dá incorrectamente a data do 20 de setembro de 1781, tendo Hegel once anos. Cf. o índice do libro de Pinkard e a súa «Chronology of Hegel's Life» («Cronoloxía da vida de Hegel»), onde aparece correctamente a data como 1783 (pp. 773, 745); véxase tamén a [[:de:Georg_Wilhelm_Friedrich_Hegel#Studien_und_Interessen|Wikipedia alemá]].</ref>. Hegel tiña unha irmá, Christiane Luise (1773-1832), e un irmán, Georg Ludwig (1776-1812), quen finou como oficial na campaña rusa de Napoleón de 1812<ref name=pinkard/>.


Con tres anos Hegel asistiu á «escola alemá». Cando entrou á «escola latina» dous anos máis tarde, el xa sabía a [[primeira declinación]] grazas á súa nai.
Con tres anos Hegel asistiu á «escola alemá». Cando entrou á «escola latina» dous anos máis tarde, el xa sabía a [[primeira declinación]] grazas á súa nai.


En 1776, Hegel entrou no [[Eberhard-Ludwigs-Gymnasium]]. Ao longo da súa adolescencia Hegel leu de xeito voraz, copiando longos extractos no seu diario. Entre os autores que leu atópanse o poeta [[Friedrich Gottlieb Klopstock|Klopstock]] e escritores asociados coa Ilustración, como [[Christian Garve]] e [[Gotthold Ephraim Lessing]]. Hegel rematou os seus estudos na escola co seu ''Abiturrede'' 'discurso de graduación' titulado ''O estado abortivo da arte e a erudición en Turquía''.
En 1776, Hegel entrou no [[Eberhard-Ludwigs-Gymnasium]]. Ao longo da súa adolescencia Hegel leu de xeito voraz, copiando longos extractos no seu diario. Entre os autores que leu atópanse o poeta [[Friedrich Gottlieb Klopstock|Klopstock]] e escritores asociados coa Ilustración, como [[Christian Garve]] e [[Gotthold Ephraim Lessing]]. Hegel rematou os seus estudos na escola co seu ''Abiturrede'' 'discurso de graduación' titulado ''O estado abortivo da arte e a erudición en Turquía''<ref name=pinkard/>.


==== Tubinga (1788-1801) ====
==== Tubinga (1788-1801) ====

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2016 ás 14:42

Modelo:Filósofo

Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831, foi un filósofo alemán e un importante persoeiro do idealismo alemán. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición continental da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica[1]. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da filosofía occidental é recoñecida de xeito universal.

O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do idealismo ás veces denominado «idealismo absoluto»[2], na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a dialéctica do amo e do escravo influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de espírito (Geitst, ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «sublimación» (Aufhebung 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a liberdade e entre a inmanencia e transcendencia. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da tese, antítese e síntese[3]; porén, isto foi citado por primeira vez por Johan Gottlieb Fichte[4].

Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. Karl Barth describiu a Hegel como un «aquiniano protestante», mentres que Maurice Merleau-Ponty escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de Marx e Nietzsche, a fenomenoloxía, o existencialismo alemán e a psicanálise— tiveron os seus comezos en Hegel».

Traxectoria

Primeiros anos

A casa natal de Hegel en Stuttgart, a cal acolle o actual Museo de Hegel.

Infancia

Hegel naceu o 27 de agosto de 1770 en Stuttgart, no ducado de Württemberg, suroeste de Alemaña. Bautizado Georg Wilhelm Friedrich, foi coñecido como Wilhelm para a súa familia. O seu pai, Georg Ludwig, era Rentkammersekretär (secretario da oficina de ingresos) na corte de Carlos Uxío de Württemberg[5]Pinkard, Terry (2000). Hegel: A Biography (PDF). Cambridge University Press. ISBN 0-521-49679-9. </ref>. A nai de Hegel, Maria Magdalena Louisa, era a filla dun avogado do Tribunal Superior de Xustiza da corte de Württemberg. Ela morreu dunha «febre biliosa» (Gallenfieber) cando Hegel tiña trece anos. Hegel e mailo seu pai tamén colleron a doenza, pero por pouco sobreviviron[6]. Hegel tiña unha irmá, Christiane Luise (1773-1832), e un irmán, Georg Ludwig (1776-1812), quen finou como oficial na campaña rusa de Napoleón de 1812[5].

Con tres anos Hegel asistiu á «escola alemá». Cando entrou á «escola latina» dous anos máis tarde, el xa sabía a primeira declinación grazas á súa nai.

En 1776, Hegel entrou no Eberhard-Ludwigs-Gymnasium. Ao longo da súa adolescencia Hegel leu de xeito voraz, copiando longos extractos no seu diario. Entre os autores que leu atópanse o poeta Klopstock e escritores asociados coa Ilustración, como Christian Garve e Gotthold Ephraim Lessing. Hegel rematou os seus estudos na escola co seu Abiturrede 'discurso de graduación' titulado O estado abortivo da arte e a erudición en Turquía[5].

Tubinga (1788-1801)

Con dezaoito anos acudiu ao seminario de Tubinga (un seminario protestante a cargo da Universidade de Tubinga), onde tivo como compañeiros de piso o poeta Friedrich Hölderlin e o filósofo Friedrich Wilhelm Joseph Schelling. Compartindo un desgusto polo que eles consideraban un ambiente restritivo do seminario, os tres convertéronse en amigos íntimos e influíronse mutuamente nas ideas do outro. Todos admiraban moito a civilización helénica, e Hegel profundizou en Rousseau e Lessing durante este tempo. Observaron o desprego da Revolución Francesa con entusiasmo compartido. Schelling e mais Hölderlin se introduciron nos debates teóricos da filosofía kantiana, nos que Hegel se mantivo á marxe. Hegel consideraba o seu futuro como o dun Popularphilosoph, isto é un home de letras que serve para facer accesíbeis a un amplo público as ideas abstrusas dos filósofos; a súa propia necesidade sentida de involucrarse criticamente coas ideas centrais do kantianismo non chegou ata 1800.

Berna (1793-96) e Frankfurt (1797-1801)

Tras recibir o certifical teolóxico (Konsistorialexamen) do seminario de Tubinga, Hegel volveuse Hofmeister (titor do fogar) dunha familia aristocrática en Berna (1793-96). Durante este período compuxo o texto que se coñece como Das Leben Jesu (Vida de Xesús) e un manuscrito cunha lonxitude similar á dun libro titulado Die Positivität der christlichen Religion (A positividade da relixión cristiá). A súa relación cos seus xefes comezou a se volver cada vez máis tensa, polo que Hegel aceptou unha oferta mediada por Hölderlin para ocupar unha posición semellante coa familia dun comerciante de viño en Frankfurt, onde se mudou e 1797. Aquí Hölderlin exerceu unha influencia importante no pensamento de Hegel. Mentres en Frankfurt Hegel compuxo o ensaio Fragmentos sobre a relixión e o amor. En 1799, escribiu outro ensaio titulado O Espírito do cristianismo e o seu destino, texto inédito durante a súa vida.

Tamén en 1797 escribiu o manuscrito inédito e sen asinar de Das älteste Systemprogramm des deutschen Idealismus (O programa sistemático máis antigo do idealismo alemán). Foi escrito da man de Hegel, mais se cre que a autoría pode pertencer tanto a Hegel, Schelling, Hölderlin ou unha cuarta persoa descoñecida.

Anos de profesión

Jena, Bamberg e Nürnberg (1801-1816)

En 1801, Hegel foi a Jena co estímulo do seu vello amigo Schelling, quen ocupaba o posto de profesor extraordinario na universidade de alí. Hegel asegurouse unha posición na universidade como Privatdozent (conferenciante sen soldo) despois de se someter a un Habilitationsschrift (disertación inaugural) sobre as órbitas dos planetas. Nese mesmo ano, máis tarde, publicou o seu primeiro libro Differenz des Fichteschen und Schellingschen Systems der Philosophie (A diferenza entre os sistemas filosóficos de Fichte e Schelling). Deu conferencias sobre a «Lóxica e a metafísica» amais de charlas conxuntas con Schelling sobre unha «Introdución á idea e límites da filosofía verdadeira» e celebrou un «Disputorium filosófico». En 1802, Schelling e Hegel fundaron un xornal, o Kritische Journal der Philosophie (Xornal crítico de filosofía), á cal cada un achegou artigos ata que a colaboración rematou cando Schelling marchou a Würzburg en 1803.

En 1805, a universidade ascendeu a Hegel á posición de profesor extraordinario (sen salario), despois Hegel escribiu unha carta ao poeta e ministro de cultura Johann Wolfgang von Goethe protestando sobre o ascenso do seu adversario filosófico Jakob Friedrich Fries sobre el. Hegel tentou obter a axuda do poeta e tradutor Johann Heinrich Voß para acadar un posto na universidade recentemente renacente de Heidelberg, mais fracasou. Para o seu desgusto, nese mesmo ano outórganlle a Fries a posición de profesor ordinario (con salario) nesa universidade.

Obra

A primeira e máis importante das obras maiores de Hegel é a súa Fenomenoloxía do Espírito. Durante a súa vida publicáronse tamén a Enciclopedia das ciencias filosóficas, a Ciencia da lóxica e os (Elementos da) Filosofía do dereito. Varias obras máis sobre a filosofía da historia, relixión estética e a historia da filosofía recompiláronse a partir dos apuntes dos seus estudantes e publicáronse de xeito póstumo.

Teoría

As obras de Hegel teñen fama de difíciles pola amplitude dos temas que pretenden abarcar. Hegel introduciu un sistema para entender a historia da filosofía e o mundo mesmo, chamado acotío "dialéctica": unha progresión na que cada movemento sucesivo xorde como solución das contradicións inherentes ao movemento anterior. Por exemplo, a Revolución Francesa constitúe para Hegel a introdución da verdadeira liberdade ás sociedades occidentais por vez primeira na historia escrita.

Non obstante, precisamente pola súa novidade absoluta, é tamén absolutamente radical: por unha parte, o aumento abrupto da violencia que fixo falta para realizar a revolución non pode deixar de ser o que é, e por outra parte, xa consumiu ao seu opoñente. A revolución, por conseguinte, xa non ten onde volver máis que ao seu propio resultado: a liberdade conquistada con tantas penurias é consumida por un brutal Reinado do Terror. A historia, non obstante, progresa aprendendo dos seus propios erros: só despois desta experiencia, e precisamente por ela, pode postularse a existencia dun Estado constitucional de cidadáns libres, que consagra tanto o poder organizador benévolo (supostamente) do goberno racional e os ideais revolucionarios da liberdade e da igualdade.

Nas explicacións contemporáneas do hegelianismo a dialéctica de Hegel a miúdo aparece fragmentada[Cómpre referencia], por comodidade, en tres momentos chamados "tese" (no noso exemplo, a revolución), "antítese" (o terror subseguinte) e "síntese" (o estado constitucional de cidadáns libres). Así e todo, Hegel non empregou persoalmente esta clasificación en absoluto; crearaa anteriormente Fichte na súa explicación máis ou menos análoga da relación entre o individuo e o mundo. Os estudosos serios de Hegel non recoñecen[Cómpre referencia], en xeral, a validez desta clasificación.

Hegel valeuse deste sistema para explicar toda a historia da filosofía, da ciencia, da arte, da política e da relixión, pero moitos críticos modernos sinalan que Hegel a miudo parece pasar por alto as realidades da historia a fin de facelas encaixar no seu molde dialéctico. Karl Popper, crítico de Hegel en A sociedade aberta e seus inimigos, opina que o sistema de Hegel constitúe unha xustificación tenuemente velada do goberno de Federico Guillerme III e que a idea hegeliana de que o obxectivo ulterior da historia é chegar a un Estado aproximado ó da Prusia do decenio de 1831. Esta visión de Hegel como apólogo do poder estatal e precursor do totalitarismo do século XX foi criticada minuciosamente por Herbert Marcuse en Razón e revolución: Hegel e o xurdimento da teoría social, argumentando que Hegel non foi apólogo de ningún Estado nin forma de autoridade simplemente porque estes existiran; para Hegel, o Estado debe ser sempre racional. Arthur Schopenhauer desprezou a Hegel polo historicismo deste e tachou a obra de Hegel de pseudofilosofía.

Seguidores

Trala morte de Hegel, os seus seguidores dividíronse en dous campos principais e contrarios. Os hegelianos de dereita, discípulos directos de Hegel na Universidade de Berlín, defenderon a ortodoxia evanxélica e o conservadorismo político do período posterior á restauración napoleónica.

Os de esquerda viron a ser chamados hegelianos xoves e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao ateísmo na relixión e á democracia liberal na política. Entre os hegelianos de esquerda atópanse Bruno Bauer, Ludwig Feuerbach, David Friedrich Strauss, Max Stirner e, o máis famoso, Karl Marx. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade anarquista do egoísmo de Stirner e á versión marxista do comunismo.

No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do marxismo por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel achegou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son Herbert Marcuse, Theodor Adorno, Ernst Bloch, Alexandre Kojève e Gotthard Günther. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da Fenomenoloxía do espírito.

Obras principais

Notas

  1. "Georg Wilhelm Friedrich Hegel". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  2. Este termo é bastante raro nos escritos de Hegel. Non se atopa en ningures en Wissenschaft der Logik (aínda que se achega nunha observación na páxina 124 da tradución do 2010 de Giovanni, GW 21.142). Na presentación da súa lóxica en Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften pódese atopar no §45R.
  3. Solomon, Robert C. (1985). In the Spirit of Hegel. Oxford University Press. ISBN 978-0195036503. 
  4. Gottlieb Fichte, Johann (1993). Fichte: Early Philosophical Writings. Cornell University Press. ISBN 978-0801481215. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pinkard
  6. Pinkard, Hegel: A Biography, p. 3, dá incorrectamente a data do 20 de setembro de 1781, tendo Hegel once anos. Cf. o índice do libro de Pinkard e a súa «Chronology of Hegel's Life» («Cronoloxía da vida de Hegel»), onde aparece correctamente a data como 1783 (pp. 773, 745); véxase tamén a Wikipedia alemá.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas