Xurisprudencia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: A '''Xurisprudencia''' é a doutrina uniforme dos Tribunais expresada co gallo da resolución dos asuntos sometidos á súa xurisdición respecto dunha cuestión x...
 
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:


Só constitúe xurisprudencia aquela doutrina que serve para fundamentar o sentido da resolución, non os demais argumentos expresados "de paso" ou ''obiter dicta''.
Só constitúe xurisprudencia aquela doutrina que serve para fundamentar o sentido da resolución, non os demais argumentos expresados "de paso" ou ''obiter dicta''.


== Véxase tamén ==

* [[Tribunal]]
* [[Xulgado]]
* [[Xuíz]]
* [[Dereito]]
* [[Lei]]
* [[Costume]]
* [[Fontes do dereito]]
* [[Ordenamento xurídico]]

[[Category: Dereito]]

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2007 ás 13:10

A Xurisprudencia é a doutrina uniforme dos Tribunais expresada co gallo da resolución dos asuntos sometidos á súa xurisdición respecto dunha cuestión xurídica sometida a interpretación. Enténdese que existe xurisprudencia, no caso de España, cando se producen dúas ou máis resolucións xudiciais consontes e unánimes respecto da cuestión litixiosa. Máis rigorosamente, constitúe xurisprudencia soamente aquela doutrina emanada do Tribunal Supremo, se ben cando se trata de Tribunais inferiores xerárquicamente, adóitase chamar xurisprudencia menor.

A Xurisprudencia complementa o ordenamento xurídico, discutíndose se é unha verdadeira fonte do dereito. A opinión maioritaria é que a xurisprudencia non constitúe fonte do dereito, senón que os Xulgados e Tribunais se limitan a aplicalo, non a crealo. Nos países de tradición anglosaxona, nembargantes, o precedente si constitúe fonte do dereito.

Só constitúe xurisprudencia aquela doutrina que serve para fundamentar o sentido da resolución, non os demais argumentos expresados "de paso" ou obiter dicta.


Véxase tamén