Diferenzas entre revisións de «Jean Harlow»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/atrasar
m (Bot: Substitución automática de texto (-Misuri +Missouri))
(http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/atrasar)
En 1936 viaxou co elenco de ''[[Personal Property]]'' a [[Washington, D.C.]] para celebrar o 55 aniversario do presidente [[Franklin D. Roosevelt]]. A viaxe foi esgotadora para Harlow e contraeu a gripe, se ben, recobrouse para acudir á cerimonia dos [[premios Oscar]] xunto co seu namorado, [[William Powell]].
 
En marzo de 1937 debía iniciar a rodaxe de ''[[Saratoga (filme)|Saratoga]]'', con [[Clark Gable]] co que compartira pantalla en varias ocasións. Porén, a produción foi retrasadaatrasada porque adquiriu [[septicemia]] trala extracción dunha [[moa do xuízo]] e tivo que ser hospitalizada. En maio, xa na rodaxe comezou a sentirse enferma, mais os seus síntomas non lle pareceron graves ao seu doutor, que lle diagnosticou [[colecistite]] e [[gripe]], semellando non coñecer a enfermidade anterior. Durante a filmación dunha escena na que a súa personaxe tiña febre notábase máis enferma do que debía amosar e finalmente díxolle a Gable “síntome fatal. Lévame ao meu camerino”. Con breves períodos de mellora, o 6 de xuño non vía ben e tiña dificultades para respirar, e o médico finalmente deuse de conta de que sufría algo grave.
 
Ingresárona no Good Samaritan Hospital dos Ánxeles, onde cae en coma. Finou o día seguinte, as 11.37 da mañá aos vinte e seis anos. Os informes dos médicos indicaron que a causa do pasamento foi un [[edema cerebral]] e un [[fallo renal]]. Foi enterrada no Forest Lawn Memorial Park nunha tumba coa inscrición "Our Baby".
7.964

edicións

Menú de navegación