Conversa usuario:Lansbricae: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 134: Liña 134:


--[[User:Fourplay|Fourplay]] 11:44, 3 xullo 2007 (UTC)
--[[User:Fourplay|Fourplay]] 11:44, 3 xullo 2007 (UTC)

Grazas pola túa contestación, teño moito que aprender
Grazas pola túa contestación, teño moito que aprender
--[[User:Fourplay|Fourplay]] 12:57, 3 xullo 2007 (UTC)
--[[User:Fourplay|Fourplay]] 12:57, 3 xullo 2007 (UTC)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2007 ás 12:57

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.

Mensaxes antigas arquivadas:

o teu traballo é unha pasada, lansbricae, pero algunhas das fotos sóanme alma, 04/05/2007 14:19

O manga de Conan

Primeiramente grazas polos parabéns. Referente o tema que comentas de incluír unha sección específica para o manga, eu creo que é necesario e é unha boa idea. O problema e que eu tamén teño lido moi pouco manga de Conan e teño pouca información que ofrecer. Intentarei recopilar información para poder incluíla nun futuro próximo. Un saúdo! --Shinichi(talk) 21:55, 8 de maio 2007

¿lixo?

¿queres dicir que con só escribir "lixo" entre chaves dobres na páxina que sexa, abonda para que a borren? (naturalmente, neste tipo de artigos como "falseabilidade"). Moito máis cómodo, porque o sistema de votacións para borrar escriba, garde, copie, edite, substitúa, enlace, garde..... éche un lío de moito nabo. Grazas polos teus ánimos. Saúdos. Pedro --Pedro 00:01, 12 maio 2007 (UTC)

táboa de datos

Tomo nota desa marca de "lixo", pero agora necesito outra cousa: no artigo burro inclúo unha táboa cos censos nacionais desde 1950, pero quédame mal ubicada. Gustaríame que estivese centrada e non así, escorada á dereita. E que as columnas fosen máis anchas, e que as cifras estivesen aliñadas numericamente. En canto a vexas, entenderás ben qué quero dicir.

Pois iso: que a ver se podes mellora-lo formato e que a cousa quede máis presentable. Logo quero meterlle máis imaxes, e seguramente terás que botarme outra man, xa que sempre se me atragantan e quedan con tamaños e bordos absurdos. Pero disto xa falaremos.

Graciñas. --Pedro 13:39, 13 maio 2007 (UTC)

Ensinanzas

Opinión en discusión Xoán Paulo II.

Apertas, 14 maio 2007


Rosendo

Grazas polas palabras de recoñecemento, ti tamén estás facendo moi bos artigos na Galipedia, estás no certo en que Rosendo non foi bispo de Compostela, por abreviar coloqueino así (mal feito desde logo e ademais léndoo agora vexo que está de máis), en realidade foi administrador apostólico de Iria-Compostela, sen chegar a ser consagrado bispo que se saiba. Respecto ás loitas entre Sisnando e Rosendo pódese ver por exemplo a Historia Compostelá: "Huic equidem Sisnandum ..., quadam forte potestatis succedentem. Rex Sanctius in tenebrosis carceribus obtruri praecepit et Reodosindum Caelonovae Religiosum Monachumn eius in honorem subrogavit"

Ou o Chronicon Iriense: "Ad obitum Regis Sisnandum solvitur et in vespere natalis...Iacobum venit, indutus armis et thoraco, et nescimus utrum ante altare orationen fecerit, an non: Sed tracto ense violenter intravit dormitorium, ubi Rudesindus episcopus cum aliis d. et senioribus dormiens jacebat: sed cum spiculo ensis coopertorium in parte levaret, Rudesindus episcopus vir sanctus expergefactus et timidus, maledexit et dicens: Qui gladio operabitur, gladio peribit et elevatus abiit ad Monasterium suum Cellaenova, et ibi quievit usque ad obitum suum. " Con todo hai que ter en conta que contamos con poucas fontes contemporáneas aos acontecementos.

Non sei a que obra de Ferro Couselo te refires, López Ferreiro segue a ser unha fonte imprescindible, inda que loxicamente está superado en moitos aspectos. Máis moderna, e menos completa, é "La diócesis de Iria-Compostela hasta 1100" (2002) de Manuel Díaz y Díaz dentro da obra colectiva "Historia de las diócesis españolas".Acerto 17:28, 14 maio 2007 (UTC)

A caixa das imaxes

Lansbricae grazas por informarme do da caixa das imaxes. Non tiña coñecemento dela porque levo relativamente pouco tempo por aquí. Farei o que dis e editarei as miñas imaxes con ela para poñer os datos necesarios. Saúdos! Shinichi (Fala) 14:16, 15 maio 2007

Grazas por elixir unha das miñas imaxes coma imaxe da semana. Para min é un pracer colaborar neste proxecto que é a Galipedia. Saúdos!

Shinichi (Fala) 14:03, 17 maio 2007

Portal da Historia

  • Acabo de crear o Portal da Historia no meu espazo de usuarios. Un portal é unha páxina especial que reúne artigos xa existentes arredor dun tema común. Existen desde hai tempo noutras wikipedias, mais non na nosa. Por esta razón está só no meu espazo de usuario. Comunico-cho porque seguro que nos pode resultar unha ferramenta moi útil para organizar o traballo nos artigos relacionados coa historia. Nas ligazóns interwiki verás os demais portais existentes. Por outra banda, para podermos chegar a ter un espazo de nomes reservado para os portais conviña botar para adiante a discusión sobre espazos de nomes que está aberta na Taberna. Por último, ainda que estexa no meu espazo de nomes, podes modificar todos as páxinas como queiras, a ver se ten un aspecto decente cando pase a ser un portal real. Un saúdo. --Xosé (✉) 14:21, 19 maio 2007 (UTC)
    • Con efeito, a historiografía é unha área practicamente inexplorada ainda na Galipedia - nen sequer hai un artigo sobre ela!! --Xosé (✉) 11:48, 20 maio 2007 (UTC)

Artículo sobre Hidacio

Magnífico artículo sobre Hidacio. Vexo que xa non os confundes. Saúdos de Delphidius.--212.51.56.28 05:35, 26 maio 2007 (UTC)

Imaxe da semana destacada en Portada

A imaxe Image:Fachada igrexa de gomariz.JPG da que eres autor foi elixida imaxe de Portada da semana 9 deste ano, Image:Castelo da Rocha forte 1.JPG da semana 8, Image:Castelo da Rocha forte 1.JPG da semana 7, Image:Iglesia da Veracruz 1 - Antonio Palacios.JPG da semana 4. Moitas grazas pola túa contribución cargando imaxes sobre Galicia na Galipedia. Ese traballo ten un gran valor para este proxecto. Así mesmo faille chegar o noso agradecemento a Enrique Leclere Fernández por todas as imaxes coas esta contribuíndo ao proxecto galego, mesmo sen estar rexistrado, e faille saber que a imaxe Image:Lansbricae 11 .jpg da que é autor estivo na Portada a semana 20 deste ano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:32, 31 maio 2007 (UTC)

Gracias pola acollida

Ando un pouco liado ultimamente, e con varios frentes abertos na es:wiki pero intentarei sacar algún tempo para este outro proxecto. Gracias. Un saúdo. -- Delphidius (Mensaxes) 15:04, 3 xuño 2007 (UTC)

Con respecto a proposta de retocar o artigo de Prisciliano, entende que che faga unha pregunta: A miña idea sería traducir o meu artigo da es:, pero antes de facelo querría saber si as reservas ou dúbidas que me comentabas na páxina de discusión quedaron solucionadas ou pensas que necesitaría moito retoque. Xa me dirás. -- Delphidius (Mensaxes) 13:41, 4 xuño 2007 (UTC)

PD: Colguei unha dúbida na sección de axuda da taberna: cando me rexistrei na galipedia asignáronseme dúas páxinas de usuario, como user:Delphidius e como usuario:Delphidius. Como aquí levo rexistrado dous días non podo fusionar as dúas páxinas. Tampouco sei si eso é normal. Xa me dirás. Deica. -- Delphidius (Mensaxes) 13:41, 4 xuño 2007 (UTC)

Imaxe de Kiteretsu

Con respecto ao que me dixeches sobre a imaxe do artigo Kiteretsu, o primo listo de Nobita que eu mesmo subín, só quería comentarche que a saquei do seu correspondente artigo inglés. De tódalas formas se consideras que non se pode ter a dita imaxe na Galipedia por non teres os datos precisos, podes borrala e eu tentarei de buscar algunha outra que si cumpra as condicións.

Nada máis pola miña parte; UN SAÚDO --Toliño 15:34, 5 xuño 2007 (UTC)

Subespecie de cabras

Ola Lansbricae, por suposto que podes envialas por correo, pero non sei se poderei respostar o que me pides, alomenos tentariano, e se me das algo de tempo consultaríano nalgún manual.

Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 11:33, 17 xuño 2007 (UTC)

Dicimo/dezmo

non teño nen idea, nen no Volga nen nos dicionarios que teño aparece unha forma documentada, puxen esa porque non tiven tempo de investigar, cando teña tempo pola semana miro-o pero se ti tes fontes cambiamo-lo

Até logo!

Emilio juanatey 23:26, 22 xuño 2007 (UTC)

Ordenar as fotos

Ola! Estou engadindo fotos na páxina da serra do Xistral, pero amontóanse á dereita, cando poderían estar perfectamente aliñadas e quedaría mellor. ¡Pero non sei como se fai!

Manuel Comellas Coímbra

Disculpa a miña tardanza. Como dixenlle a Prevert fai tempo; iba entrevistarme coa neta de M Comellas pra adquirir información. Efectivamente, falei coa neta e mais co neto, e adquirin moita información coa que espero ter rematado o artigo para os proximos dias.

Un cordial saúdo e disculpas polas molestias. --El refugio de la Cultura 19:27, 29 xuño 2007 (UTC)

Dúbida

Ola, son novo na Wikipedia. Acabo de crea-lo artigo Hans Magnus Enzensberger, e fixeime que hai outro, sobre Durruti, no que aparece mencionado. Podo altera-lo artigo de Durruti para introducir un vínculo ó artigo novo? Grazas.

Iago

Grazas

Moitas grazas pola axuda e polo recebemento. Apertas

Iago

Tiña mal escrito o apelido; é sen H. Pódo cambiar o nome do artigo?

Iago

Para o que queiras. --Xosé (✉) 22:21, 1 xullo 2007 (UTC)

Grazas polo aviso, retirei o marcador atención. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:25, 2 xullo 2007 (UTC)

Artigo lingua francoprovenzal

Hola, quisiera preguntarte por qué este artículo está en categoria de atención por fallos ortográficos. Tengo entendido que eso es gallego aunque me resulta raro ver las ç y algunas terminaciones en m. ¿La versión reintegracionista de la lengua gallega no está permitida en esta wiki? --Chabigl

Ver/véxase

Ola Lanbricae :) Verás, editaches un dos meus artigos, cambiando o termo "Ver tamén" por "Véxase tamén". Non é que me importe que "me" corrixan, ao contrario; o que ocorre é que eu antes poñía "Vëxase" e mo corrixiron por "ver". Observo, ademais que nos artigos da galipedia está escrito de ambas as dúas formas. A min, obviamente dáme igual das dúas maneiras. ¿Sabes se é un tema discutido? apertas

--Fourplay 11:44, 3 xullo 2007 (UTC)

Grazas pola túa contestación, teño moito que aprender --Fourplay 12:57, 3 xullo 2007 (UTC)