Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Engado información do artigo en inglés.
Liña 18: Liña 18:
}}
}}


'''Georg Wilhelm Friedrich Hegel''', nado en [[Stuttgart]] ([[Baden-Württemberg]]) o [[27 de agosto]] de [[1770]] e finado o [[14 de novembro]] de [[1831]], foi un [[filósofo]] [[Alemaña|alemán]].
'''Georg Wilhelm Friedrich Hegel''', nado en [[Stuttgart]] ([[Baden-Württemberg]]) o [[27 de agosto]] de [[1770]] e finado o [[14 de novembro]] de [[1831]], foi un [[filósofo]] [[Alemaña|alemán]] e un importante persoeiro do [[idealismo alemán]]. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición [[Filosofía continental|continental]] da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica<ref>{{Cita web|url=https://plato.stanford.edu/archives/spr2014/entries/hegel/|páxina-web=Stanford Encyclopedia of Philosophy|título=Georg Wilhelm Friedrich Hegel|data-acceso=19 de decembro de 2016}}</ref>. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da [[filosofía occidental]] é recoñecida de xeito universal.


O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do [[idealismo]] ás veces denominado «[[idealismo absoluto]]», na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a [[dialéctica do amo e do escravo]] influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de [[Geist|espírito]] (''Geitst'', ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «[[Aufhebung|sublimación]]» (''Aufhebung'' 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a [[liberdade]] e entre a [[inmanencia]] e [[transcendencia]]. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da [[tese, antítese e síntese]]; porén, isto foi citado por primeira vez por [[Johann Gottlieb Fichte|Johan Gottlieb Fichte]].
Recibiu a súa formación no [[Tübinger Stift]] (seminario da [[protestantismo|Igrexa Protestante]] en Württemberg), onde trabou amizade co futuro filósofo [[Friedrich Schelling]]. Fascinárono as obras de [[Baruch de Spinoza|Spinoza]], [[Immanuel Kant|Kant]] e [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], así coma a [[Revolución Francesa]]. Consideran moitos que Hegel representa o cume do movemento alemán do [[idealismo]] filosófico, que habería de ter un impacto profundo no [[materialismo histórico]] de [[Karl Marx]].<ref>[http://www.marxists.org/reference/subject/philosophy/works/us/kaufmann.htm "The Hegel Myth and Its Method"], en ''From Shakespeare to Existentialism: Studies in Poetry, Religion, and Philosophy'' por Walter Kaufmann, Beacon Press, Boston 1959, páxinas 88-119</ref>

Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. [[Karl Barth]] describiu a Hegel como un «[[Tomé de Aquino|aquiniano]] [[Protestantismo|protestante]]», mentres que [[Maurice Merleau-Ponty]] escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de [[Karl Marx|Marx]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], a [[fenomenoloxía]], o [[existencialismo alemán]] e a [[psicanálise]]— tiveron os seus comezos en Hegel».


== Formación ==
== Formación ==

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2016 ás 19:31

Georg Wilhelm Friedrich Hegel
G.W.F. Hegel.
Filosofía occidental - Século XIX
Nacemento27 de agosto de 1770
Stuttgart, Baden-Württemberg, Alemaña Alemaña
Morte14 de novembro de 1831
Berlín, Alemaña Alemaña
FilosofíaIdealismo alemán
Historicismo
Intereses principaisLóxica, metafísica, estética, filosofía da historia
Ideas salientablesDialéctica, idealismo absoluto
InfluenciasAristóteles, Platón, Descartes, Goethe, Spinoza, Leibniz, Rousseau, Böhme, Kant, Fichte, Hölderlin, Vico,
Influente enAdorno, Badiou, Bakunin, Barth, Bataille, Bauer, Baur, Bookchin, Bosanquet, Bradley, Brandom, Breton, Butler, Kojève, Koyré, Küng, Lacan, Lewes, Lenin, Lévi-Strauss, Lotze, Lukács, Marcuse, Malabou, Marx, Unger, Vygotsky, Zeller, Žižek, Schleicher, Singer, Stirner, David Strauss, Strauss

Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831, foi un filósofo alemán e un importante persoeiro do idealismo alemán. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición continental da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica[1]. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da filosofía occidental é recoñecida de xeito universal.

O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do idealismo ás veces denominado «idealismo absoluto», na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a dialéctica do amo e do escravo influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de espírito (Geitst, ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «sublimación» (Aufhebung 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a liberdade e entre a inmanencia e transcendencia. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da tese, antítese e síntese; porén, isto foi citado por primeira vez por Johan Gottlieb Fichte.

Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. Karl Barth describiu a Hegel como un «aquiniano protestante», mentres que Maurice Merleau-Ponty escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de Marx e Nietzsche, a fenomenoloxía, o existencialismo alemán e a psicanálise— tiveron os seus comezos en Hegel».

Formación

Hegel asistiu ao seminario de Tubinga co poeta épico Friedrich Hölderlin e o idealista obxectivo Schelling. Os tres estiveron atentos ao desenvolvemento da Revolución Francesa e colaboraron nunha crítica das filosofías idealistas de Immanuel Kant e do seu seguidor, Fichte.

Obra

A primeira e máis importante das obras maiores de Hegel é a súa Fenomenoloxía do Espírito. Durante a súa vida publicáronse tamén a Enciclopedia das ciencias filosóficas, a Ciencia da lóxica e os (Elementos da) Filosofía do dereito. Varias obras máis sobre a filosofía da historia, relixión estética e a historia da filosofía recompiláronse a partir dos apuntes dos seus estudantes e publicáronse de xeito póstumo.

Teoría

As obras de Hegel teñen fama de difíciles pola amplitude dos temas que pretenden abarcar. Hegel introduciu un sistema para entender a historia da filosofía e o mundo mesmo, chamado acotío "dialéctica": unha progresión na que cada movemento sucesivo xorde como solución das contradicións inherentes ao movemento anterior. Por exemplo, a Revolución Francesa constitúe para Hegel a introdución da verdadeira liberdade ás sociedades occidentais por vez primeira na historia escrita.

Non obstante, precisamente pola súa novidade absoluta, é tamén absolutamente radical: por unha parte, o aumento abrupto da violencia que fixo falta para realizar a revolución non pode deixar de ser o que é, e por outra parte, xa consumiu ao seu opoñente. A revolución, por conseguinte, xa non ten onde volver máis que ao seu propio resultado: a liberdade conquistada con tantas penurias é consumida por un brutal Reinado do Terror. A historia, non obstante, progresa aprendendo dos seus propios erros: só despois desta experiencia, e precisamente por ela, pode postularse a existencia dun Estado constitucional de cidadáns libres, que consagra tanto o poder organizador benévolo (supostamente) do goberno racional e os ideais revolucionarios da liberdade e da igualdade.

Nas explicacións contemporáneas do hegelianismo a dialéctica de Hegel a miúdo aparece fragmentada[Cómpre referencia], por comodidade, en tres momentos chamados "tese" (no noso exemplo, a revolución), "antítese" (o terror subseguinte) e "síntese" (o estado constitucional de cidadáns libres). Así e todo, Hegel non empregou persoalmente esta clasificación en absoluto; crearaa anteriormente Fichte na súa explicación máis ou menos análoga da relación entre o individuo e o mundo. Os estudosos serios de Hegel non recoñecen[Cómpre referencia], en xeral, a validez desta clasificación.

Hegel valeuse deste sistema para explicar toda a historia da filosofía, da ciencia, da arte, da política e da relixión, pero moitos críticos modernos sinalan que Hegel a miudo parece pasar por alto as realidades da historia a fin de facelas encaixar no seu molde dialéctico. Karl Popper, crítico de Hegel en A sociedade aberta e seus inimigos, opina que o sistema de Hegel constitúe unha xustificación tenuemente velada do goberno de Federico Guillerme III e que a idea hegeliana de que o obxectivo ulterior da historia é chegar a un Estado aproximado ó da Prusia do decenio de 1831. Esta visión de Hegel como apólogo do poder estatal e precursor do totalitarismo do século XX foi criticada minuciosamente por Herbert Marcuse en Razón e revolución: Hegel e o xurdimento da teoría social, argumentando que Hegel non foi apólogo de ningún Estado nin forma de autoridade simplemente porque estes existiran; para Hegel, o Estado debe ser sempre racional. Arthur Schopenhauer desprezou a Hegel polo historicismo deste e tachou a obra de Hegel de pseudofilosofía.

Seguidores

Trala morte de Hegel, os seus seguidores dividíronse en dous campos principais e contrarios. Os hegelianos de dereita, discípulos directos de Hegel na Universidade de Berlín, defenderon a ortodoxia evanxélica e o conservadorismo político do período posterior á restauración napoleónica.

Os de esquerda viron a ser chamados hegelianos xoves e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao ateísmo na relixión e á democracia liberal na política. Entre os hegelianos de esquerda atópanse Bruno Bauer, Ludwig Feuerbach, David Friedrich Strauss, Max Stirner e, o máis famoso, Karl Marx. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade anarquista do egoísmo de Stirner e á versión marxista do comunismo.

No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do marxismo por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel achegou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son Herbert Marcuse, Theodor Adorno, Ernst Bloch, Alexandre Kojève e Gotthard Günther. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da Fenomenoloxía do espírito.

Obras principais

Notas

  1. "Georg Wilhelm Friedrich Hegel". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 19 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas