Cream: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Amalgama > amálgama.
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Liña 2: Liña 2:
| nome = Cream
| nome = Cream
| xp = rock
| xp = rock
| imaxe =
| imaxe = [[Imaxe:Cream Clapton Bruce Baker 1960s.jpg|250px]]
| lenda =
| lenda =
| orixe = [[Londres]]
| orixe = [[Londres]]

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2016 ás 10:25

Cream
OrixeLondres, Inglaterra
Período1966 - 1968
Xénero(s)blues-rock, rock psicodélico, hard rock, acid rock, acid blues
Selo(s) discográfico(s)Polydor, Atco
MembrosJack Bruce
Eric Clapton
Ginger Baker
Na rede
http://www.cream2005.com
IMDB: nm2128881 Facebook: Cream-Band-634339296602375 Twitter: creamofficial_ Instagram: creambandofficial Youtube: UCijutLKQjb9a_aA33NmoECw Spotify: 74oJ4qxwOZvX6oSsu1DGnw iTunes: 120593 Last fm: Cream Musicbrainz: 04cd0cfd-bfd1-4c36-bc38-95c35e2c045f Songkick: 119202 Discogs: 229621 Allmusic: mn0000112462 Deezer: 1796 Genius: Cream Editar o valor em Wikidata

Cream foi un supergrupo británico dos anos 60 que contaba na súa formación co guitarrista Eric Clapton, o baixista Jack Bruce e o batería Ginger Baker. Considerado un dos primeiros supergrupos de rock, o seu son estaba caracterizado por ser unha mestura entre blues e psicodelia. Cream combinaba a guitarra blues de Clapton coa voz e a intensidade das liñas de baixo de Bruce e a batería con influencias do jazz de Baker.

No verán do ano 1966, os nomeados coma os mellores guitarristas (Eric Clapton), baixistas (Jack Bruce) e baterías (Ginger Baker) da Gran Bretaña decidiron unirse e formar o primeiro supergrupo da historia do rock, xa se coñecían porque estiveran tocando xuntos nun grupo de Blues. Coma eran os mellores o grupo non podía chamarse doutra maneira, The Cream (A Crema), un dos máis grandes talentos do show-business a nivel mundial será o seu mánager Robert Stigwood, o experimento durou dous anos e seis meses nos cales Cream foi a banda de Rock e Blues máis grande do seu momento, creando grandes éxitos en vendas ou creando escola e adiantándose polo menos tres anos ás tendencias musicais que virían a finais dos anos sesenta.

O seu primeiro sinxelo editouse en outubro de 1966 e foi "Wrapping Paper", que foi a carta de presentación do grupo e do son Cream, seguiralle "I Feel Free", co que consolidaron o seu contundente son. Tras traballar duramente conseguiron crear máis temas cos que editaron o primeiro álbum do grupo, Fresh Cream, que os catapulta coma o grupo punteiro e máis innovador do momento, a este LP seguiranlle dous sinxelos, xa considerados históricos, e que no seu día foron grandes éxitos, "Sunshine of your love", un tema con moita forza, e "Strange Brew", un estraño beberaxe no que cada membro do grupo achega unha sustancia distinta pero que ó unirse produce unha exitosa amálgama.

Neste período de inspiración creativa nace o seu segundo álbum Disraeli gears nos últimos meses de 1967, este disco dará que pensar ós músicos desa época que verán nel as pautas que terán que seguir no futuro. Disraeli gears foi elixido Lp do ano 68 e os medios de comunicación desfaranse en eloxios sobre este traballo dos Cream. Ó longo de 1968 os Cream realizan unha xira moi exitosa que conclúe coa gravación, metade en directo no Filmore e a outra metade en estudio, do álbum Wheels of fire, este Lp é considerado coma o cumio do son do grupo, denso, pleno e profundo son os cualificativos cos que se pode describir o seu son. Con todo, a vida do grupo agotouse moi pronto.

A inquietude de Clapton e Bruce pola busca de sons novos failles buscar novas bandas para desenvolver a súa música por separado( ademais por aquela época Clapton non vía con bos ollos o Rock tan comercial e masiva), Baker chegou a dicir que o grupo convertérase nunha máquina de facer cartos, así que cando o grupo estaba no máis alto decidiron dar o seu concerto de despedida o 26 de novembro de 1968 no Royal Albert Hall de Londres. Foi filmado e fíxose unha película e un disco, o seu último Lp chamouse Goodbye, incluía o tema The Badge de Clapton, o cal foi o seu último éxito.

Discografía

Álbums de estudio

Álbums ao vivo