Ministro sen carteira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1937160
m →‎Conselleiro sen carteira: Bot: Arranxos varios
Liña 10: Liña 10:
Foron conselleiros sen carteira do goberno galego [[Vitorino Núñez]] durante a [[Xunta preautonómica]], [[Xoán Manuel Diz Guedes]], entre [[maio]] de [[2000]] e o [[10 de xaneiro]] de [[2001]], e [[Vítor Manuel Vázquez Portomeñe]] entre [[1996]] e [[1997]], ocupados fundamentalmente de tarefas de asuntos parlamentarios e de [[relacións institucionais]].

[[Categoría:Política]] [[Categoría:Administración]]
[[Categoría:Política]]
[[Categoría:Administración]]

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2016 ás 15:33

Ministro sen carteira (ou ministra sen carteira) é un termo creado entre finais do século XIX e principios do XX para designar os membros do goberno coa consideración de ministro e coas mesmas funcións e prerrogativas ca estes aínda que, porén, carecen de cometidos determinados, polo que poden desenvolver aquelas que lles atribúe o Presidente do Goberno ou o primeiro ministro para unha cuestión especial ou para un tema xeral por tempo determinado.

O seu voto nas decisións do Consello de Ministros teñen igual valor có dun ministro con área específica de goberno.

Nalgúns países, o número de ministros sen carteira está limitado por lei, como medida para evitar nomeamentos de favor.

Conselleiro sen carteira

Na estrutura do poder galego, este cargo denomínase conselleiro ou conselleira sen carteira.

Foron conselleiros sen carteira do goberno galego Vitorino Núñez durante a Xunta preautonómica, Xoán Manuel Diz Guedes, entre maio de 2000 e o 10 de xaneiro de 2001, e Vítor Manuel Vázquez Portomeñe entre 1996 e 1997, ocupados fundamentalmente de tarefas de asuntos parlamentarios e de relacións institucionais.