Xogos Olímpicos de 1908: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=pesar
m →‎Curiosidades: Bot: Arranxos varios
Liña 33: Liña 33:
[[Ficheiro:Dorando Pietri 1908.jpg|200px|dereita|miniatura|[[Dorando Pietri]] na chegada do [[maratón (atletismo)|maratón]] dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.]]
[[Ficheiro:Dorando Pietri 1908.jpg|200px|dereita|miniatura|[[Dorando Pietri]] na chegada do [[maratón (atletismo)|maratón]] dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.]]
* O italiano [[Dorando Pietri]] protagonizou o máis dramático momento destes Xogos, que a historia preservou como a maior lembranza dos Xogos de [[Londres]] de [[1908]], ó vencer completamente exhausto e desorientado ao [[maratón (atletismo)|maratón]] e ser desclasificado logo, por ser axudado a cruzar a liña de chegada polos fiscais de pista, caíndo desmaiado a seguir. A [[fotografía]] que eternizou o momento da súa chegada é considerada o primeiro gran [[símbolo]] fotográfico dos deportes no [[século XX]].

* Nestes Xogos, o [[maratón (atletismo)|maratón]] foi disputada por primeira vez na distancia de 42.195 m -que se mantén até hoxe- para que a familia real puidese acompañar a saída da proba dos xardíns do Palacio de Verán, facendo así que a distancia a ser percorrida polos maratonistas, gañase máis 2.195 m alén dos 40 kms orixinais.

* Debido ás protestas da delegación dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], que se recusou a aceptar a anulación da primeira proba dos 400m lisos no [[Atletismo]] e a disputar nova carreira, o inglés Whyndam Halswelle conquistou a medalla de [[ouro]] desta proba correndo só.

* Os arqueiros Charlotte Dod e William Dod, foron os primeiros irmán e irmá en recibiren medallas olímpicas.
* Os arqueiros Charlotte Dod e William Dod, foron os primeiros irmán e irmá en recibiren medallas olímpicas.

* Oscar Swahn, entón con sesenta anos, foi o atleta máis vello en gañar unha medalla de [[ouro]], na competición de [[Tiro (deporte)|tiro]].
* Oscar Swahn, entón con sesenta anos, foi o atleta máis vello en gañar unha medalla de [[ouro]], na competición de [[Tiro (deporte)|tiro]].

* O norteamericano Ray Ewry gañou, por terceira vez, as probas de [[salto de altura]] e salto en distancia sen impulso (modalidade que xa non existe), manténdose até a data no único atleta en gañar oito medallas de [[ouro]] só en probas individuais.

* Nunha demostración do espírito deportivo dos [[Xogos Olímpicos]], a final de [[loita greco-romana]] entre Frithiof Martensson e Mauritz Andersson foi adiada para permitir que Martensson se recuperase dunha pequena lesión. Martensson acabaría por gañar a final.

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2016 ás 15:18

Xogos da IV Olimpíada
Londres 1908
Estados Participantes 22
Atletas 2008
Eventos 110 en 22 deportes
Cerimonia de Apertura 13 de xullo
Cerimonia de Clausura 31 de outubro
Apertura oficial Rei Eduardo VII
Local Estadio White City

Despois da realización dos xogos intermedios de 1906 en Grecia, considerados non oficiais e que non tiveron os seus resultados computados polo Comité Olímpico Internacional, os Xogos da IV Olimpíada foron realizados en Londres, Gran Bretaña, entre o 27 de abril e o 31 de outubro de 1908. Orixinalmente deberían ter sido realizados en Roma, mais unha erupción do volcán Vesuvio obrigou ás autoridades italianas a usar todos os seus recursos económicos para combater os efectos da traxedia e a desistir de albergar os Xogos, que acabaron por ser transferidos á capital británica.

Considerados os primeiros Xogos realmente ben organizados para un evento desta envergadura, despois dos fracasados e improvisados Xogos de París e Saint Louis, a pesar de ter novamente a súa duración alongada por máis de seis meses, obtiveron o empeño persoal do Rei de Inglaterra para a súa realización e se desenvolveron no primeiro complexo olímpico construído, o Shepperd’s Bush Stadium, en White City, suburbio de Londres, con capacidade para cen mil espectadores e que constaba de estadio de fútbol, pista de atletismo, piscina, pista de ciclismo e instalacións para a ximnasia e a loita.

Inaugurados polo Rei Eduardo VII, os Xogos tiveron a participación de 22 estados e 2.008 atletas, entre eles 37 mulleres, que disputaron probas en tres deportes diferentes: tenis, ximnasia e patinaxe no xeo, embrión dos futuros Xogos de Inverno, do total de 24 modalidades. Foi nestes Xogos nos que Gran Bretaña, por primeira e única vez, liderou o cadro de medallas nunha olimpíada, nun total de 145 sendo 56 de ouro, máis do dobre dos seus entón máis férreos adversarios, os norteamericanos.

Curiosidades

  • Por primeira vez, na cerimonia de apertura os atletas desfilaron por estados, visto que a maioría dos países enviou equipos nacionais.
Dorando Pietri na chegada do maratón dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.
  • O italiano Dorando Pietri protagonizou o máis dramático momento destes Xogos, que a historia preservou como a maior lembranza dos Xogos de Londres de 1908, ó vencer completamente exhausto e desorientado ao maratón e ser desclasificado logo, por ser axudado a cruzar a liña de chegada polos fiscais de pista, caíndo desmaiado a seguir. A fotografía que eternizou o momento da súa chegada é considerada o primeiro gran símbolo fotográfico dos deportes no século XX.
  • Nestes Xogos, o maratón foi disputada por primeira vez na distancia de 42.195 m -que se mantén até hoxe- para que a familia real puidese acompañar a saída da proba dos xardíns do Palacio de Verán, facendo así que a distancia a ser percorrida polos maratonistas, gañase máis 2.195 m alén dos 40 kms orixinais.
  • Debido ás protestas da delegación dos Estados Unidos, que se recusou a aceptar a anulación da primeira proba dos 400m lisos no Atletismo e a disputar nova carreira, o inglés Whyndam Halswelle conquistou a medalla de ouro desta proba correndo só.
  • Os arqueiros Charlotte Dod e William Dod, foron os primeiros irmán e irmá en recibiren medallas olímpicas.
  • Oscar Swahn, entón con sesenta anos, foi o atleta máis vello en gañar unha medalla de ouro, na competición de tiro.
  • O norteamericano Ray Ewry gañou, por terceira vez, as probas de salto de altura e salto en distancia sen impulso (modalidade que xa non existe), manténdose até a data no único atleta en gañar oito medallas de ouro só en probas individuais.
  • Nunha demostración do espírito deportivo dos Xogos Olímpicos, a final de loita greco-romana entre Frithiof Martensson e Mauritz Andersson foi adiada para permitir que Martensson se recuperase dunha pequena lesión. Martensson acabaría por gañar a final.

Modalidades disputadas

Atleta de saltos en disputa nos Xogos de 1908

Cadro de medallas

Medalla dos Xogos de Londres, 1908
Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Reino Unido 56 51 38 145
2 Estados Unidos 23 12 12 47
3 Suecia 8 6 11 25
4 Francia 5 5 9 19
5 Alemaña 3 5 6 14
6 Hungría 3 4 2 9
7 Canadá 3 3 10 16
8 Noruega 2 3 3 8
9 Italia 2 2 0 4
10 Bélxica 1 5 2 8