Niki: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 13: | Liña 13: | ||
| cidades_focais = |
| cidades_focais = |
||
| plan_de_voo_frecuente = |
| plan_de_voo_frecuente = |
||
| alianza = |
| alianza = [[Oneworld]] [[Ficheiro:Oneworld logo.svg|15px]] (afiliada) |
||
| subsidiarias = |
| subsidiarias = |
||
| frota = 23 |
| frota = 23 |
Revisión como estaba o 2 de decembro de 2016 ás 23:51
Niki | ||
---|---|---|
IATA HG | OACI NLY | Indicativo NIKI |
Fundación | 2003 | |
Alianza | Oneworld (afiliada) | |
Frota | 23 | |
Destinos | 50 | |
Holding | Air Berlin | |
Eslogan da compañía | The Passenger Comes First | |
Sede | Schwechat, Austria | |
Páxina web: http://www.flyniki.com/ |
Niki (tamén escrito como NIKI ou flyNiki, e oficialmente NIKI Luftfahrt GmbH) é unha aeroliña austríaca subsidiaria de Air Berlin. Ten a súa sede en Office Park I no Aeroporto de Viena-Schwechat. Niki opera servizos regulares a cidades europeas e destinos de ocio ademais de voos chárter dende Viena, Salzburgo, Graz, Linz e Innsbruck.
Historia
No ano 2003 Niki Lauda, ex-piloto de Fórmula 1 e fundador de Lauda Air, mercou as operacións de Aero Lloyd Austria. A aeroliña comezaría a voar o 28 de novembro dese mesmo ano.
O 9 de xaneiro de 2004 Niki anunciou a súa cooperación con Air Berlin. A finais de 2011 a aeroliña fusionouse completamente con esta, compartindo operacións, sistemas de reserva e avións. Dende o 20 de marzo de 2012 Niki é un membro afiliado da alianza Oneworld como compañía subsidiaria de Air Berlin.[1] Dende finais dese ano Niki foi repintando os seus avións coa librea de Air Berlin, usando só o seu logo no nariz.
En outubro de 2014 Niki anunciou a cancelación dos seus voos dende Viena ata Copenhague, Moscova e Frankfurt debido á baixada da demanda. No seu lugar en verán de 2015 abriranse novas rutas máis rentables cara destinos de ocio.[2]
Aínda que ás veces descríbese a Niki como unha aeroliña de baixo custo, esta proporciona servizos plenos, como refrixerios gratuítos, prensa e equipaxe. Ofrece un bocadillo ou un aperitivo frío, refrescos, té e café en todos os seus voos de curta distancia, ademais de nos voos chárter a Grecia, Tunisia e Turquía. Nos voos chárter de media distancia ás illas Canarias e Exipto a todos os pasaxeiros se lles proporciona un aperitivo quente. Tamén poden encargarse menús de gourmet de Demel antes do voo. Tamén teñen servizo de compra a bordo dos avións.[3]
Frota
En decembro de 2014 frota de Niki estaba formada polos seguintes avións:[4]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A319-100 | — | 5 | 150 | |
Airbus A320-200 | 11 | 2 | 180 | Un avión con Sharklets |
Airbus A321-200 | 4 | — | 212 | |
Embraer 190 | 7 | — | 112 | Vendidos a Helvetic Airways |
Total | 22 | 7 |
Notas
- ↑ Niki (ed.). "Sobre nós". Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ Austrian Aviation (ed.). "Niki: Air Berlin bestätigt Streckenstreichungen". Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ Niki (ed.). "Servizos a bordo". Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Niki". Consultado o 6 de xaneiro de 2015.