El Pilar de la Mola: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 16: | Liña 16: | ||
{{Coord|38|40|0|N|1|33|25|E|display=title}} |
{{Coord|38|40|0|N|1|33|25|E|display=title}} |
||
[[Categoría:Localidades de Formentera]] |
[[Categoría:Localidades de Formentera|Pilar de la Mola]] |
Revisión como estaba o 1 de decembro de 2016 ás 17:57
El Pilar de la Mola é unha localidade de Formentera, nas illas Baleares, situada no centro do altiplano de La Mola, no leste da illa. Está nunha zona illada da illa, nun altiplano elevado e rodeado de cantís.
Forma unha das tres parroquias de Formentera. A poboación formouse arredor da igrexa consagrada da Mare de Déu del Pilar en 1784. O núcleo de poboación tiña 58 habitantes en 2007 pero a maioría da súa poboación é diseminada. En total tiña 991 habitantes, entre El Pilar de la Mola, La Mola e Es Caló.
O seu clima, con precipitacións máis frecuentes que no resto da illa, e a altura que o separa do mar, configuraron unha comunidade rural dedicada á agricultura. É unha das principais zonas de produción do viño da terra de Formentera.
Entre os seus lugares de interese destacan a igrexa da Mare de Déu del Pilar, do século XVIII, o Molí Vell e o Faro de la Mola.
Galería de imaxes
-
Igrexa da Mare de Déu del Pilar
-
Faro de la Mola
-
Molí Vell