Trastorno de personalidade esquizotípica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Aviso médico}}
{{Aviso médico}}O '''Trastorno de Personalidade Esquizotípica''' é un [[trastorno de personalidade]] caracterizado pola dificultade en manter relacións saudables, ter fortes crenzas no sobrenatural inapropiadas ao seu contexto social, pensamentos e percepcións non compartidos socialmente, así como desconfianza e medo mesmo sen evidencias de ameaza e hábitos [[excéntrico]]s. Os portadores deste trastorno moitas veces cren ter [[paranormalidade|habilidades extrasensoriais]] ou que eventos mundiais están relacionados con eles dalgunha forma importante. Algunhas veces, empéñanse en ser excéntricos e teñen dificultades para concentrarse por longos períodos de tempo. As súas conversas xeralmente son excesivamente elaboradas e difíciles de acompañar.<ref name=Psiq/>
O '''trastorno de personalidade esquizotípica''' é un [[trastorno de personalidade]] caracterizado pola dificultade en manter relacións saudables, ter fortes crenzas no sobrenatural inapropiadas ao seu contexto social, pensamentos e percepcións non compartidos socialmente, así como desconfianza e medo mesmo sen evidencias de ameaza e hábitos [[excéntrico]]s. Os portadores deste trastorno moitas veces cren ter [[paranormalidade|habilidades extrasensoriais]] ou que eventos mundiais están relacionados con eles dalgunha forma importante. Algunhas veces, empéñanse en ser excéntricos e teñen dificultades para concentrarse por longos períodos de tempo. As súas conversas xeralmente son excesivamente elaboradas e difíciles de acompañar.<ref name=Psiq/>


==Causas==
==Causas==
Liña 7: Liña 8:
Existen varios estudos demostrando que individuos con trastorno de personalidade esquizotípica obteñen resultados de maneira parecida a aqueles con [[esquizofrenia]] nunha larga variedade de tests neurofisiolóxicos. Os déficits cognitivos de pacientes con trastorno de personalidade esquizotípica son moi semellantes, só que máis moderados, aos dos esquizofrénicos.<ref>Matsui, M., Sumiyoshi, T., Kato, K., et al., (2004). Neuropsychological profile in patients with schizotypal personality disorder or schizophrenia. Psychological Reports, 94(2), 387-397.</ref>
Existen varios estudos demostrando que individuos con trastorno de personalidade esquizotípica obteñen resultados de maneira parecida a aqueles con [[esquizofrenia]] nunha larga variedade de tests neurofisiolóxicos. Os déficits cognitivos de pacientes con trastorno de personalidade esquizotípica son moi semellantes, só que máis moderados, aos dos esquizofrénicos.<ref>Matsui, M., Sumiyoshi, T., Kato, K., et al., (2004). Neuropsychological profile in patients with schizotypal personality disorder or schizophrenia. Psychological Reports, 94(2), 387-397.</ref>


===Aspectos sociais / ambientais===
===Aspectos sociais e ambientais===

As persoas con trastorno de personalidade esquizotípica, así como pacientes con [[esquizofrenia]], poden ser ben sensibles a críticas persoais e hostilidade, e existen evidencias que actualmente suxiren que certos modos de educación familiar, separación precoz, e neglixencia infantil poden levar ao desenvolvemento de trazos esquizotípicos.<ref>Deidre M. Anglina, Patricia R. Cohenab, Henian Chena (2008) Duration of early maternal separation and prediction of schizotypal symptoms from early adolescence to midlife, Schizophrenia Research Volume 103, Issue 1, Pages 143-150 (August 2008)</ref><ref>Howard Berenbaum, Ph.D., Eve M. Valera, Ph.D. and John G. Kerns, Ph.D. (2003) Psychological Trauma and Schizotypal Symptoms, Oxford Journals, Medicine, Schizophrenia Bulletin Volume 29, Number 1 Pp. 143-152</ref>
As persoas con trastorno de personalidade esquizotípica, así como pacientes con [[esquizofrenia]], poden ser ben sensibles a críticas persoais e hostilidade, e existen evidencias que actualmente suxiren que certos modos de educación familiar, separación precoz, e neglixencia infantil poden levar ao desenvolvemento de trazos esquizotípicos.<ref>Deidre M. Anglina, Patricia R. Cohenab, Henian Chena (2008) Duration of early maternal separation and prediction of schizotypal symptoms from early adolescence to midlife, Schizophrenia Research Volume 103, Issue 1, Pages 143-150 (August 2008)</ref><ref>Howard Berenbaum, Ph.D., Eve M. Valera, Ph.D. and John G. Kerns, Ph.D. (2003) Psychological Trauma and Schizotypal Symptoms, Oxford Journals, Medicine, Schizophrenia Bulletin Volume 29, Number 1 Pp. 143-152</ref>



Revisión como estaba o 1 de decembro de 2016 ás 12:37

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O trastorno de personalidade esquizotípica é un trastorno de personalidade caracterizado pola dificultade en manter relacións saudables, ter fortes crenzas no sobrenatural inapropiadas ao seu contexto social, pensamentos e percepcións non compartidos socialmente, así como desconfianza e medo mesmo sen evidencias de ameaza e hábitos excéntricos. Os portadores deste trastorno moitas veces cren ter habilidades extrasensoriais ou que eventos mundiais están relacionados con eles dalgunha forma importante. Algunhas veces, empéñanse en ser excéntricos e teñen dificultades para concentrarse por longos períodos de tempo. As súas conversas xeralmente son excesivamente elaboradas e difíciles de acompañar.[1]

Causas

Teoría xenética

Aínda que é listado no Eixo II da última edición do Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DSM-IV-TR) - a guía estadounidense amplamente usada por médicos ma procura dun diagnóstico de enfermidades mentais, o trastorno de personalidade esquizotípica é xeralmente comprendido como un trastorno do espectro da esquizofrenia. As estatísticas de individuos contendo este trastorno son moito maiores naqueles emparentados con portadores de esquizofrenia do que en portadores doutras doenzas mentais ou mesmo en familias sen ningunha delas. Tecnicamente falando, o trastorno de personalidade esquizotípica é un "fenotipo estendido" que axuda aos xenetecistas a rastrear a transmisión xenética ou familiar dos xenes que están implicados na esquizofrenia.[2]

Existen varios estudos demostrando que individuos con trastorno de personalidade esquizotípica obteñen resultados de maneira parecida a aqueles con esquizofrenia nunha larga variedade de tests neurofisiolóxicos. Os déficits cognitivos de pacientes con trastorno de personalidade esquizotípica son moi semellantes, só que máis moderados, aos dos esquizofrénicos.[3]

Aspectos sociais e ambientais

As persoas con trastorno de personalidade esquizotípica, así como pacientes con esquizofrenia, poden ser ben sensibles a críticas persoais e hostilidade, e existen evidencias que actualmente suxiren que certos modos de educación familiar, separación precoz, e neglixencia infantil poden levar ao desenvolvemento de trazos esquizotípicos.[4][5]

As crenzas delirantes e paranoicas varían moito dependendo do ambiente e deben ser analizadas dentro do contexto sociocultural do individuo. É común que sexan sobre teorías de conspiración sobre o goberno, alieníxenas ou faccións políticas, porén é común tamén que envolvan cuestións relixiosas como demos, espíritos, divindades e poderes sobrenaturais. Cando atinxe cuestións relixiosas só é considerado un trastorno cando non sexan socialmente compartidas e causen prexuízo e sufrimento significativos a si mesmos ou sexan violentos con outros. O tratamento debe ser voltado non a eliminar a creza, senón en minimizar o prexuízo, sufrimento, violencia relacionados ás ideas delirantes.

Criterios de diagnóstico

Distorsións perceptivas e cognitivas poden levar a ilusión somáticas como a sensación de asfixia, mareos, náuseas, manchas e sensacións táctiles (Criterio 3 do DSM-IV).

O diagnóstico está baseado nas experiencias reportadas polo paciente, como tamén marcadores do trastorno observados por un profesional da saúde mental. A lista de criterios, que precisan ser alcanzados para o diagnóstico, está descrita no DSM-IV.

Criterios do DSM-IV[6]

A última versión do DSM define o trastorno de personalidade esquizotípica[1] como: "un patrón invasivo de déficits sociais e interpersoais, marcado por un agudo desconforto e reducida capacidade para relacións íntimas, alén de distorsións cognitivas ou perceptivas e comportamento excéntrico, que comeza no inicio da idade adulta e está presente nunha variedade de contextos".

Os criterios son (polo menos cinco):

  1. Ideas de referencia (excluíndo delirios de referencia);
  2. Crenzas bizarras ou pensamento máxico que influencian o comportamento e son inconsistentes coas normas da subcultura do individuo (por ex., supersticións, crenza en clarividencia, telepatía ou "sexto sentido"; en nenos e adolescentes, fantasías e preocupacións bizarras);
  3. Experiencias perceptivas inhabituais, incluíndo ilusións somáticas;
  4. Pensamento e discurso bizarros (por ex., vago, circunstancial, metafórico, superelaborado ou estereotipado);
  5. Desconfianza ou idealización paranoide;
  6. Afecto inadecuado ou restrinxido;
  7. Aparencia ou comportamento raro, peculiar ou excéntrico;
  8. Non ten amigos íntimos ou confidentes, excepto parentes de primeiro grao;
  9. Ansiedade social excesiva que non diminúe coa familiaridade e tende a estar asociada con temores paranoides máis que con xulgamentos negativos acerca de si mesmo;
Criterios do CID-10

O CID-10 da Organización Mundial de Saúde define o trastorno de personalidade esquizotípica[7] como trastorno esquizotípico, na categoría F21. - e de forma semellante ao DSM-IV (coa diferenza que no CID-10 é clasificado como trastorno mental asociado á esquizofrenia, non un trastorno de personalidade como no DSM-IV, sendo isto unha controversia).[8]

Segundo o CID-10, son necesarios polo menos 4 destes síntomas, manifestados por un período de polo menos dous anos, continua ou repetidamente (e o paciente nunca debe cumprir os criterios para algún trastorno na categoría F20, de esquizofrenia):

  1. Afecto desapropiado ou restricto, o individuo parece frío e indiferente;
  2. Comportamento ou aparencia estraños, excéntricos ou peculiares;
  3. Relación pobre con outros e unha tendencia ao retraemento social;
  4. Crenzas estrañas ou pensamento máxico influenciando o comportamento e inconsistente con normas subculturais;
  5. Sospeitas ou ideas paranoides;
  6. Ruminacións sen resistencia interna, moitas veces con contido dismorfofóbico, sexual ou agresivo;
  7. Experiencias perceptivas inhabituais, incluíndo ilusións somato-sensorias (corporais) ou outras, despersonalización ou fuga de realidade;
  8. Pensamento vago, circunstancial, metafórico, superelaborado ou moitas veces estereotipado, manifesto por fala estraña ou doutros modos, con grande incoherencia;
  9. Episodios ocasionais transitorios case psicóticos con ilusións intensas, alucinacións auditivas ou outras e ideas semellantes a delirios, xeralmente ocorrendo sen provocación externa;

Exclúe: síndrome de Asperger e trastorno de personalidade esquizoide. Non ocorre exclusivamente durante o curso de esquizofrenia, trastorno do humor con aspectos psicóticos, outro trastorno psicótico ou un trastorno invasivo do desenvolvemento.

O trastorno de personalidade esquizotípica segue un curso crónico con flutuacións de intensidade. Ocasionalmente, evoluciona para esquizofrenia franca. Non hai un indicio definido, e a súa evolución e curso son usualmente como un trastorno de personalidade.

Orientacións diagnósticas

Este diagnóstico non é recomendado para uso xeral porque non é claramente demarcado sexa da esquizofrenia simples ou dos trastornos de personalidade esquizoide ou paranoide. Se o termo é utilizado, tres ou catro características listadas arriba deben estar presentes, de maneira continua ou episódica, por polo menos 2 anos. O individuo nunca debe ter cumprido os criterios para esquizofrenia. Un histórico de esquizofrenia en parentes de primeiro-grao reforza o diagnóstico mas non é un pre-requisito.

Comorbidades comúns

É común que tamén ocorra simultaneamente con síntomas doutros trastornos de personalidade como o trastorno de personalidade esquiva, trastorno de personalidade paranoide e trastorno de personalidade borderline.[9]

Prevalencia

O trastorno de personalidade esquizotípica ocorre no 3% da poboación xeral e é un pouco máis común en homes.[10]

Tratamento

Caso non sexa tratado, o distanciamento social tende a aumentar, a habilidade de comunicarse adecuadamente diminúe, as alucinacións pódense tornar máis frecuentes e cada vez máis ameazadoras pasando a ser caracterizado como esquizofrenia.[11]

Frecuentemente buscan terapia para trastornos afectivos, ansiosos ou sociais, sendo o máis común depresión maior (cerca de 30 a 50% dos casos).[1]

O terapeuta non debe desafiar e contrariar directamente as crenzas e pensamentos socialmente inadecuados. Primeiro debe ofrecer un ambiente acolledor, solidario e dar atención ao cliente procurando estabelecer un sentimento de confianza e seguranza, pois trátase dun individuo que carece dun sistema axeitado de apoio social e normalmente non consegue estabelecer interaccións sociais saudables por causa de ansiedade extrema e por posuír pouca experiencia formando amizades duradeiras.[12] Moitas veces o paciente relata sensación de ser "diferente" e non "encaixar" cos outros con facilidade, xeralmente por causa das súas crenzas e hábitos non compartidos socialmente. A terapia é difícil e os resultados demoran en aparecer.

O adestramento de habilidades sociais e outras abordaxes da conduta que enfaticen a aprendizaxe das nocións básicas das relacións sociais e interaccións sociais poden ser benéficas. Débese ensinar ao paciente a cuestionar as súas propias crenzas e a buscar evidencias sólidas para sustentalas. Para iso o terapeuta pódese mostrar interesado e disposto a crer nas mesmas crenzas do paciente desde que as primeiras evidencias, estimulándoo así a facer tests de realidade e cuestionando de forma educada se aquelas evidencias son a explicación máis probable ou se existen outras posibilidades e explicacións posibles. A terapia en grupo pode ser útil para estimular o adestramento de habilidades sociais, porén a desconfianza e sospeitas poden tornar a axuda en grupo en dinámicas ineficientes ou até prexudiciais.[12]

Durante períodos estresantes no que ocorran alucinacións e delirios constantes, indicando exceso de estimulación neurolóxica por neurotransmisores, os antipsicóticos poden servir para estabilizar o sistema dopaminérxico.[13] Os antidepresivos tamén poden axudar a controlar a ansiedade e o desánimo, mellorando o humor e así diminuír a frecuencia de pensamentos desagradables recorrentes e incontrolables de medo e angustia.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Personalidade Esquizotípica, Transtorno da". PsiqWeb - Portal de Psiquiatria. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  2. Fogelson, D.L., Nuechterlein, K.H., Asarnow, R.F., et al., (2007). Avoidant personality disorder is a separable schizophrenia-spectrum personality disorder even when controlling for the presence of paranoid and schizotypal personality disorders: The UCLA family study. Schizophrenia Research, 91, 192-199.
  3. Matsui, M., Sumiyoshi, T., Kato, K., et al., (2004). Neuropsychological profile in patients with schizotypal personality disorder or schizophrenia. Psychological Reports, 94(2), 387-397.
  4. Deidre M. Anglina, Patricia R. Cohenab, Henian Chena (2008) Duration of early maternal separation and prediction of schizotypal symptoms from early adolescence to midlife, Schizophrenia Research Volume 103, Issue 1, Pages 143-150 (August 2008)
  5. Howard Berenbaum, Ph.D., Eve M. Valera, Ph.D. and John G. Kerns, Ph.D. (2003) Psychological Trauma and Schizotypal Symptoms, Oxford Journals, Medicine, Schizophrenia Bulletin Volume 29, Number 1 Pp. 143-152
  6. Trastorno esquizotípico de la personalidad
  7. Organización Mundial de Saúde (1993). "Diagnostic criteria for research". The ICD-10 Classification of Mental and Behavioural Disorders (PDF). p. 82. 
  8. Schizotypal personality disorder - International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems 10th Revision (ICD-10)
  9. McGlashan, T.H., Grilo, C.M., Skodol, A.E., Gunderson, J.G., Shea, M.T., Morey, L.C., et al. (2000). The collaborative longitudinal personality disorders study: Baseline axis I/II and II/II diagnostic co-occurrence. Acta Psychiatrica Scandinavica, 102, 256-264.
  10. Internet Mental Health - schizotypal personality disorder
  11. Addington J. The prodromal stage of psychotic illness: observation, detection or intervention? J Psychiatry Neurosci. 2003;28(2):93-7.
  12. 12,0 12,1 http://psychcentral.com/disorders/sx33t.htm
  13. http://www.schizophrenia.com/sznews/archives/001034.html

Véxase tamén

Bibliografía

  • López-Ibor Aliño, Juan J. & Valdés Miyar, Manuel (dir.) (2002). Barcelona: Editorial Masson, ed. DSM-IV-TR. Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales. Texto revisado. ISBN 978-84-458-1087-3. 
  • Millon, Theodore & Davis, Roger D. Primeira edición 1998. Reimpresións 1999 (2), 2000, 2003, 2004. Barcelona: Editorial Masson, ed. Trastornos de la personalidad. Más allá del DSM-IV. ISBN 978-84-458-0518-3. 
  • – & Grossman, Seth & Millon, Carrie & Meagher, Sarah & Ramnath, Rowena. Primeira edición 2001, segunda edición 2006. Barcelona: Editorial Masson & Elsevier, ed. Trastornos de la personalidad en la vida moderna. ISBN 978-84-458-1538-0.