Ludwig Boltzmann: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Enemistade > inimizade.
Toliño (conversa | contribucións)
m *transtorno -> trastorno
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Boltzmann Ludwig Dibner coll SIL14-B5-06a.jpg|miniatura|dereita|250px|Ludwig Boltzmann]]
[[Ficheiro:Boltzmann Ludwig Dibner coll SIL14-B5-06a.jpg|miniatura|dereita|250px|Ludwig Boltzmann.]]
'''Ludwig Eduard Boltzmann''', nado en [[Viena]] en [[1844]] e finado en [[Duino]] en [[1906]], foi un [[físico]] austríaco coñecido por ser, xunto con [[James Clerk Maxwell]], pai da [[Distribución de Maxwell-Boltzmann]] na que se basea a [[Teoría cinética dos gases]]; a cal sería a primeira teoría enmarcada na disciplina da [[mecánica estatística]].

== Traectoria ==
== Traectoria ==
=== Infancia e educación ===
=== Infancia e educación ===

Boltzmann naceu en [[Viena]] cando esta inda era a capital do [[Imperio Austrohúngaro]]. Seu pai, Georg Ludwig Boltzmann, era funcionario do estado. Seu avó, que se había trasladado a Viena dende [[Berlín]], era reloxeiro. Recibiu a educación primaria dun titor particular en casa de seus pais, e a secundaria en [[Linz]]. Perdeu o seu pai con 15 anos.

Liña 22: Liña 21:
=== Últimos anos ===
=== Últimos anos ===
Boltzmann gastou moitos esforzos na defensa da teoría atómica, nunha época na que esta inda non era moi aceptada. Isto granxeoulle a inimizade de personaxes importantes como [[Ernst Mach]], o cal entraría en 1895 na universidade como profesor de Filosifía e Historia da Ciencia.

Boltzmann, invitado por [[Wilhelm Ostwald]], marcharía en 1900 para a [[Universidade de Leizpig]]. Despois de que [[Ernst Mach|Mach]] se xubilase volvería a Viena, en 1902.
Boltzmann, invitado por [[Wilhelm Ostwald]], marcharía en 1900 para a [[Universidade de Leizpig]]. Despois de que [[Ernst Mach|Mach]] se xubilase volvería a Viena, en 1902.

En 1903 fundaría, xunto con [[Gustav von Escherich]] e [[Evin Müller]], a [[Sociedade Matemática de Austria]].
En 1903 fundaría, xunto con [[Gustav von Escherich]] e [[Evin Müller]], a [[Sociedade Matemática de Austria]].

Entre os estudantes máis sinalados que tivo, estiveron [[Karl Przibram]], [[Paul Ehrenfest]] e [[Lise Meitner]].
Entre os estudantes máis sinalados que tivo, estiveron [[Karl Przibram]], [[Paul Ehrenfest]] e [[Lise Meitner]].

Boltzmann pasou toda a súa vida con fortes cambios de ánimo, no que posiblemente foi un [[transtorno bipolar]] non diagnosticado. Meitner relatou que quen estaba ó lado de Bolztmann coñecía estes episodios e sabía dos seus intentos de suicidio. El, en tono de broma, atribuía os seus cambios de humor a haber nacido a noite entre [[Martes de Entroido]] e [[Mércores de Cinsa]].
Boltzmann pasou toda a súa vida con fortes cambios de ánimo, no que posiblemente foi un [[trastorno bipolar]] non diagnosticado. Meitner relatou que quen estaba ó lado de Bolztmann coñecía estes episodios e sabía dos seus intentos de suicidio. El, en tono de broma, atribuía os seus cambios de humor a haber nacido a noite entre [[Martes de Entroido]] e [[Mércores de Cinsa]].

Lamentablemente, en 1906, en [[Duino]], [[Trieste]], durante as vacacións, aforcaríase durante un episodio de depresión. Foi enterrado en [[Zentralfriedhof]], e na súa lápida pode lerse a inscrición <math>S = k \cdot \log W. \,</math>, a ecuación que descubriría sobre a natureza estatística da [[entropía]].

Lamentablemente, en 1906, en [[Duino]], [[Trieste]], durante as vacacións, aforcaríase durante un episodio de depresión. Foi enterrado en [[Zentralfriedhof]], e na súa lápida pode lerse a inscrición
<math>S = k \cdot \log W. \,</math>, a ecuación que descubriría sobre a natureza estatística da [[entropía]]
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Boltzmann, Ludwig}}
{{ORDENAR:Boltzmann, Ludwig}}
[[Categoría:Nados en 1844]]
[[Categoría:Nados en 1844]]

Revisión como estaba o 1 de decembro de 2016 ás 12:30

Ludwig Boltzmann.

Ludwig Eduard Boltzmann, nado en Viena en 1844 e finado en Duino en 1906, foi un físico austríaco coñecido por ser, xunto con James Clerk Maxwell, pai da Distribución de Maxwell-Boltzmann na que se basea a Teoría cinética dos gases; a cal sería a primeira teoría enmarcada na disciplina da mecánica estatística.

Traectoria

Infancia e educación

Boltzmann naceu en Viena cando esta inda era a capital do Imperio Austrohúngaro. Seu pai, Georg Ludwig Boltzmann, era funcionario do estado. Seu avó, que se había trasladado a Viena dende Berlín, era reloxeiro. Recibiu a educación primaria dun titor particular en casa de seus pais, e a secundaria en Linz. Perdeu o seu pai con 15 anos.

Pasaría a estudar física na Universidade de Viena, onde conseguiría o seu doutorado en 1866 cunha tese supervisada por Joseph Stefan e que versaba sobre a Teoría cinética dos gases.

Carreira académica

Ós 25 anos, en 1869, e grazas a unha carta de recomendación do seu director de tese, sería nomeado catedrático de física matemática na Universidade de Graz. Nese ano colaboraría varios meses con Robert Bunsen e mais Leo Königsberger en Heidelberg. Dous anos máis tarde colaboraría con Gustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz en Berlín.

De 1873 a 1876 exercería o rol de profesor de Matemáticas na Universidade de Viena.

En 1872 coñecería a Henriette von Aigentler, unha aspirante a profesora de Graz. O 17 de xullo de 1876 casaríanse, e tiveron tres fillas e dous fillos. Debido a nova situación familiar, ese ano volve a Universidade de Graz a ocupar a cátedra de Física Experimental. Entre os seus alumnos estarían Svante Arrhenius e Walther Nernst.

En 1885 convírtese en membro da Academia das Ciencias de Austria e en 1887, en presidente da Universidade de Graz. Un ano máis tarde, en 1888 sería elixido como membro da Real Academia Sueca de Ciencias. Boltzmann sería nomeado en 1890 para a cátedra de Física Teórica da Universidade de Munich. En 1893 sucedería o seu profesor Joseph Stefan como profesor de Física Teórica na Universidade de Viena.

Últimos anos

Boltzmann gastou moitos esforzos na defensa da teoría atómica, nunha época na que esta inda non era moi aceptada. Isto granxeoulle a inimizade de personaxes importantes como Ernst Mach, o cal entraría en 1895 na universidade como profesor de Filosifía e Historia da Ciencia.

Boltzmann, invitado por Wilhelm Ostwald, marcharía en 1900 para a Universidade de Leizpig. Despois de que Mach se xubilase volvería a Viena, en 1902.

En 1903 fundaría, xunto con Gustav von Escherich e Evin Müller, a Sociedade Matemática de Austria.

Entre os estudantes máis sinalados que tivo, estiveron Karl Przibram, Paul Ehrenfest e Lise Meitner.

Boltzmann pasou toda a súa vida con fortes cambios de ánimo, no que posiblemente foi un trastorno bipolar non diagnosticado. Meitner relatou que quen estaba ó lado de Bolztmann coñecía estes episodios e sabía dos seus intentos de suicidio. El, en tono de broma, atribuía os seus cambios de humor a haber nacido a noite entre Martes de Entroido e Mércores de Cinsa.

Lamentablemente, en 1906, en Duino, Trieste, durante as vacacións, aforcaríase durante un episodio de depresión. Foi enterrado en Zentralfriedhof, e na súa lápida pode lerse a inscrición , a ecuación que descubriría sobre a natureza estatística da entropía.