Panteón de Galegos Ilustres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia e características: Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Alfredo Brañas Menéndez. Sepultura.jpg|miniatura|Sepulcro de Alfredo Brañas.]]
[[Ficheiro:Alfredo Brañas Menéndez. Sepultura.jpg|miniatura|Sepulcro de Alfredo Brañas.]]
[[Ficheiro:Tumba de Rosalía de Castro. Convento de San Domingos de Bonaval.jpg|miniatura|Sepulcro de Rosalía de Castro.]]
[[Ficheiro:Tumba de Rosalía de Castro. Convento de San Domingos de Bonaval.jpg|miniatura|Sepulcro de Rosalía de Castro.]]
O '''Panteón de Galegos Ilustres''' atópase na capela lateral esquerda da igrexa do [[convento de San Domingos de Bonaval]], en [[Santiago de Compostela]]. A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en [[Cuba]].
O '''Panteón de Galegos Ilustres''' atópase na capela lateral esquerda da igrexa do [[convento de San Domingos de Bonaval]], en [[Santiago de Compostela]]. Nel repousan os restos de [[pobo galego|galegos]] sobranceiros como a poeta [[Rosalía de Castro]], o político rexionalista [[Alfredo Brañas]], o escultor [[Francisco Asorey]], o poeta [[Ramón Cabanillas]], o xeógrafo [[Domingo Fontán]] e o artista e político nacionalista [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]].

A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en [[Cuba]].


== Historia e características ==
== Historia e características ==

Revisión como estaba o 1 de decembro de 2016 ás 10:06

Coordenadas: 42°52′58″N 08°32′19″O / 42.88278, -8.53861

Sepulcro de Alfredo Brañas.
Sepulcro de Rosalía de Castro.

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na capela lateral esquerda da igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Historia e características

Neste lugar descansan os restos de varios personaxes galegos da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi Rosalía de Castro, o 25 de maio de 1891, seis anos despois da súa morte e trasladada desde o cemiterio de Adina (en Iria Flavia, Padrón). O seu mausoleo é obra de Jesús Landeira Iglesias.

O seguinte foi Alfredo Brañas, en 1900, colocado fronte a Rosalía. En 1961 foi enterrado o escultor Francisco Asorey, o chamado escultor da raza, inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de 1967, Ramón Cabanillas, que foi trasladado desde o cemiterio de Cambados.

O 28 de xuño de 1984 o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que fora trasladado desde Buenos Aires onde morreu en 1950. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.

Finalmente, en 1988 foi enterrado o intelectual e cartógrafo Domingo Fontán, trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • FERNÁNDEZ FERREIRO, Xosé: "O Panteón de Galegos Ilustres", en La Voz de Galicia, 29.06.1984.
  • Gran Enciclopedia Galega, tomo 34.