PDF: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=novembro de 2016}}
[[Ficheiro:Crystal Clear mimetype pdf.png|miniatura|Icona PDF]]
[[Ficheiro:Crystal Clear mimetype pdf.png|miniatura|Icona PDF]]


Liña 5: Liña 6:
Cada ficheiro PDF inclúe unha descrición completa dun documento en [[2D]] (e, co novo [[Acrobat 3D]], tamén [[documento 3D|documentos 3D]], que inclúe o texto, [[fonte (tipografía)|fontes]], imaxes e [[gráfico vectorial|gráficos vectoriais]] en 2D que compoñen o documento.
Cada ficheiro PDF inclúe unha descrición completa dun documento en [[2D]] (e, co novo [[Acrobat 3D]], tamén [[documento 3D|documentos 3D]], que inclúe o texto, [[fonte (tipografía)|fontes]], imaxes e [[gráfico vectorial|gráficos vectoriais]] en 2D que compoñen o documento.


Este formato creouse en [[1993]] e actualmente está en trámites para ser de clarado [[standard ISO]]. Porén, a aceptación non foi inmediata, xa que a única [[aplicación informática]] que os podía crear, [[Adobe Acrobat]], era cara e as primeiras versións non podían empregar [[ligazón]]s externas, o que reducía a súa utilidade na [[web]]. Existían tamén outros formatos, como [[PostScript]], tamén da Adobe. Esta comezou a distribuír gratuitamente o lector Acrobat Reader (actualmente Adobe Reader) e continuou a apoiar este formato ata que se converteu no standard ''de facto'' dos documentos preparados para imprimir.
Este formato creouse en [[1993]]. Porén, a aceptación non foi inmediata, xa que a única [[aplicación informática]] que os podía crear, [[Adobe Acrobat]], era cara e as primeiras versións non podían empregar [[ligazón]]s externas, o que reducía a súa utilidade na [[web]]. Existían tamén outros formatos, como [[PostScript]], tamén da Adobe. Esta comezou a distribuír gratuitamente o lector Acrobat Reader (actualmente Adobe Reader) e continuou a apoiar este formato ata que se converteu no standard ''de facto'' dos documentos preparados para imprimir.


== Tecnoloxía ==
== Tecnoloxía ==
Hoxe é posíbel crear aplicacións que lean e escriban ficheiros PDF sen lle ter que pagar á Adobe Systems. Aínda que esta empresa conserva moitas patentes relacionadas co PDF, permite o seu uso sen cargo para a creación de software que siga a súa especificación. Un exemplo notorio é o paquete de [[ofimática]] [[OpenOffice.org]].
[[Adobe Systems]] conserva moitas patentes relacionadas co PDF, pero permite o seu uso sen cargo para a creación de software que siga a súa especificación. Un exemplo notorio é o paquete de [[ofimática]] [[OpenOffice.org]].


PDF é fundamentalmente a combinación de tres tecnoloxías:
PDF é fundamentalmente a combinación de tres tecnoloxías:
Liña 21: Liña 22:
* [[PDF/UA]] para ficheiros PDF accesíbeis universalmente
* [[PDF/UA]] para ficheiros PDF accesíbeis universalmente


{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Formatos de ficheiro]]
[[Categoría:Formatos de ficheiro]]
[[Categoría:PDF]]
[[Categoría:Normas ISO]]

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2016 ás 09:01

Icona PDF

PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe Systems para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é o Adobe Reader. Emprégase cando se quere conservar un documento cunha aparencia determinada e non se pretende que se vaia editar.

Cada ficheiro PDF inclúe unha descrición completa dun documento en 2D (e, co novo Acrobat 3D, tamén documentos 3D, que inclúe o texto, fontes, imaxes e gráficos vectoriais en 2D que compoñen o documento.

Este formato creouse en 1993. Porén, a aceptación non foi inmediata, xa que a única aplicación informática que os podía crear, Adobe Acrobat, era cara e as primeiras versións non podían empregar ligazóns externas, o que reducía a súa utilidade na web. Existían tamén outros formatos, como PostScript, tamén da Adobe. Esta comezou a distribuír gratuitamente o lector Acrobat Reader (actualmente Adobe Reader) e continuou a apoiar este formato ata que se converteu no standard de facto dos documentos preparados para imprimir.

Tecnoloxía

Adobe Systems conserva moitas patentes relacionadas co PDF, pero permite o seu uso sen cargo para a creación de software que siga a súa especificación. Un exemplo notorio é o paquete de ofimática OpenOffice.org.

PDF é fundamentalmente a combinación de tres tecnoloxías:

  • Un subconxunto da linguaxe de programación de páxina PostScript para xerar a disposición dos elementos e os gráficos.
  • Un sistema de inclusión e substitución de tipografías que permite que as tipografías acompañen os documentos.
  • Un sistema de almacenamento estruturado para xuntar estes elementos e calquera contido asociado nun ficheiro único que tamén se pode comprimir.

Existen varios subconxuntos de PDF, algúns dos cales constitúen un standard ISO:

  • PDF/X para a impresión e as artes gráficas (ISO 15930 e ISO TC130)
  • PDF/A para o arquivo de empresas, gobernos, bibliotecas etc. (ISO 19005 e ISO TC171)
  • PDF/E para o intercambio de gráficos de enxeñaría (ISO TC171)
  • PDF/UA para ficheiros PDF accesíbeis universalmente