Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Imaxe
Liña 5: Liña 5:
|descrición = Tumba de no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].
|descrición = Tumba de no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].
|data_de_nacemento = 17 de decembro de 1888
|data_de_nacemento = 17 de decembro de 1888
|lugar_de_nacemento = [[A Coruña]], {{GALb}} Galiza
|lugar_de_nacemento = [[La Coruña]], España
|data_de_falecemento = 14 de marzo de 1971
|data_de_falecemento = 14 de marzo de 1971
|lugar_de_falecemento= A Coruña
|lugar_de_falecemento= A Coruña

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2016 ás 18:57

Pedro Barrié de la Maza
Nacemento17 de decembro de 1888
Lugar de nacementoLa Coruña, España
Falecemento14 de marzo de 1971
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Superior de Comercio da Coruña
OcupaciónEmpresario
PaiPedro Barrié Pastor
CónxuxeAmalia Torres Sanjurjo, Carmela Arias Díaz de Rábago
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e Medalla de Ouro ó Merito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido na mesma cidade o 14 de marzo de 1971[1], foi un empresario galego.

Traxectoria

Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - La Coruña.JPG
Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.

Fillo de Pedro Barrié Pastor, herdeiro do Banco Pastor. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en 1915 foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en 1919, quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, Ricardo Rodríguez Pastor. En 1925 produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse Banco Pastor. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En 1939 faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.

Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a Guerra Civil Española, motivo polo cal Franco concedeulle importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con Julio Muñoz Aguilar, gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha suscrición popular do Pazo de Meirás, que fora de Emilia Pardo Bazán, para convertela en residencia de verán do xeneral Franco.

En 1937 asumiu a presidencia da Sociedad General Galega de Electricidad, creando a partir dela en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), hoxe Gas Natural Fenosa, e desde 1939 ata 1971 dirixiu o principal banco de Galicia (Banco Pastor), participando así no desenvolvemento económico de Galicia.

Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.

Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA etc.

Foi procurador en Cortes designado por Franco dende 1946 até a súa morte en 1971.

O 1 de outubro de 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia e a Gran Cruz do Mérito Civil.

Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no Banco Pastor[2]. Segundo relata o libro Grandes Empresas, grandes historias de Galicia (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En 1966 creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor hoxe absorbido por Banco Popular

Vida persoal

Casou en 1916 con Amalia Torres Sanjurjo, filla de Eduardo Torres Taboada, que finou en 1952[3]. Volveu casar en 1966 con Carmela Arias Díaz de Rábago, filla do seu curmán Vicente Arias de la Maza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martín Aceña, Pablo; Martínez Ruiz, Elena (2006). La economía de la guerra civil. Marcial Pons. ISBN 8496467333. 
  • Peña González, José (2006). Historia política del constitucionalismo español. Dykinson. ISBN 8497729064. 

Outros artigos

Ligazóns externas