George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 183: Liña 183:
O 23 de febreiro de 1945 a 94ª División de Infantería dos Estados Unidos cruzou o [[río Saar]] e estableceu unha cabeza de ponte en [[Serrig]] dende a que Patton dirixiu unidades cara a [[Saarland]]. Patton insistira en cruzar canto antes o río Saar en contra do consello dos seus oficiais, e algúns historiadores como [[Charles Whiting]] criticaron esta estratexia por ser demasiado agresiva sen necesidade.<ref>{{cita libro|apelidos=Le Tissier |nome=Tony |título= Patton's Pawns: The 94th US Infantry Division at the Siegfried Line |ano=2007 |editorial=University of Alabama Press |isbn=0-81731-557-8|pp=147–155}}</ref>
O 23 de febreiro de 1945 a 94ª División de Infantería dos Estados Unidos cruzou o [[río Saar]] e estableceu unha cabeza de ponte en [[Serrig]] dende a que Patton dirixiu unidades cara a [[Saarland]]. Patton insistira en cruzar canto antes o río Saar en contra do consello dos seus oficiais, e algúns historiadores como [[Charles Whiting]] criticaron esta estratexia por ser demasiado agresiva sen necesidade.<ref>{{cita libro|apelidos=Le Tissier |nome=Tony |título= Patton's Pawns: The 94th US Infantry Division at the Siegfried Line |ano=2007 |editorial=University of Alabama Press |isbn=0-81731-557-8|pp=147–155}}</ref>


De novo nesta ocasión Patton viu como outras unidades recibían máis prioridade á hora de recibir gasolina e subministración.{{sfn|Axelrod|2006|p=156}} Para obter máis recursos, algunhas unidades de artillería do 3º Exército fixéronse pasar por persoal do 1º Exército, e nunha ocasión conseguiron facerse desta forma con miles de galóns de gasolina que ían ser destinados ó 1º Exército.<ref>{{cita libro|apelidos=Rickard |nome=John Nelson |título=Patton at Bay: The Lorraine Campaign, September to December 1944 |editorial=Brassey's Inc. |ano=2004 |isbn=1-57488-782-3 |p=85}}</ref> Entre o 29 de xaneiro e o 22 de marzo o 3º Exército tomou [[Trier]], [[Coblenz]], [[Bingen]], [[Worms, Alemaña|Worms]], [[Mainz]], [[Kaiserslautern]] e [[Ludwigshafen]], segundo o reconto do propio Patton matando ou ferindo a 99&nbsp;000 soldados alemáns e capturando a outros 140&nbsp;112, virtualmente o que restaba do 1º e do 7º Exércitos Alemáns.<ref>{{Cita libro|título=Patton's Third Army: a daily combat diary|volume=3|número=4|editorial=Hippocrene Books|ano=1994|isbn=9780781802390|p=223}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Second to none: the history of the 368th Fighter Group|nome1=Timothy M.|apelidos1=Grace|autor2=368th Fighter Group Association|ano=2006|páxina=170}}</ref> Patton recibira ordes de evitar Trier, xa que segundo o alto mando serían necesarias catro divisións para capturar a cidade. Cando estas ordes lle chegaron a Patton, Trier xa fora tomada, e envioulles unha mensaxe de volta ó mando dicindo: "Tomei Trier con dúas divisións. Queredes que a devolva?"<ref>{{cita libro|apelidos=Reagan |nome=Geoffrey |título=Military Anecdotes |editorial= Guinness Publishing |lugar=Enfield, Middlesex |ano=1992 |isbn=0-85112-519-0|p=53}}</ref> O 3º Exército comezou a cruzar o [[río Rin]] o 22 de marzo tras construír unha ponte nel, e esa mesma noite conseguiu cruzar unha división enteira.{{sfn|Axelrod|2006|p=157}} Patton vangloriouse posteriormente de ter ouriñado no río mentres cruzaba.{{sfn|Brighton|2009|p=322}}
De novo nesta ocasión Patton viu como outras unidades recibían máis prioridade á hora de recibir gasolina e subministración.{{sfn|Axelrod|2006|p=156}} Para obter máis recursos, algunhas unidades de artillería do 3º Exército fixéronse pasar por persoal do 1º Exército, e nunha ocasión conseguiron facerse desta forma con miles de galóns de gasolina que ían ser destinados ó 1º Exército.<ref>{{cita libro|apelidos=Rickard |nome=John Nelson |título=Patton at Bay: The Lorraine Campaign, September to December 1944 |editorial=Brassey's Inc. |ano=2004 |isbn=1-57488-782-3 |p=85}}</ref> Entre o 29 de xaneiro e o 22 de marzo o 3º Exército tomou [[Trier]], [[Coblenz]], [[Bingen]], [[Worms, Alemaña|Worms]], [[Mainz]], [[Kaiserslautern]] e [[Ludwigshafen]], segundo o reconto do propio Patton matando ou ferindo 99&nbsp;000 soldados alemáns e capturando outros 140&nbsp;112, virtualmente o que restaba do 1º e do 7º Exércitos Alemáns.<ref>{{Cita libro|título=Patton's Third Army: a daily combat diary|volume=3|número=4|editorial=Hippocrene Books|ano=1994|isbn=9780781802390|p=223}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Second to none: the history of the 368th Fighter Group|nome1=Timothy M.|apelidos1=Grace|autor2=368th Fighter Group Association|ano=2006|páxina=170}}</ref> Patton recibira ordes de evitar Trier, xa que segundo o alto mando serían necesarias catro divisións para capturar a cidade. Cando estas ordes lle chegaron a Patton, Trier xa fora tomada, e envioulles unha mensaxe de volta ó mando dicindo: "Tomei Trier con dúas divisións. Queredes que a devolva?"<ref>{{cita libro|apelidos=Reagan |nome=Geoffrey |título=Military Anecdotes |editorial= Guinness Publishing |lugar=Enfield, Middlesex |ano=1992 |isbn=0-85112-519-0|p=53}}</ref> O 3º Exército comezou a cruzar o [[río Rin]] o 22 de marzo tras construír unha ponte nel, e esa mesma noite conseguiu cruzar unha división enteira.{{sfn|Axelrod|2006|p=157}} Patton vangloriouse posteriormente de ter ouriñado no río mentres cruzaba.{{sfn|Brighton|2009|p=322}}


[[Ficheiro:Ohrdruf Corpses Eisenhower.jpg|miniatura|esquerda|Eisenhower, Bradley e Patton inspeccionando unha pira no [[campo de concentración de Ohrdruf]] o 12 de abril de 1945]]
[[Ficheiro:Ohrdruf Corpses Eisenhower.jpg|miniatura|esquerda|Eisenhower, Bradley e Patton inspeccionando unha pira no [[campo de concentración de Ohrdruf]] o 12 de abril de 1945]]
O 26 de marzo de 1945 Patton enviou á [[Forza Especial Baum]], formada por 314 homes, 16 tanques e varios outros vehículos, a uns 80&nbsp;km tralas liñas inimigas para liberar un campo de [[prisioneiro de guerra|prisioneiros de guerra]], [[OFLAG XIII-B]], preto de [[Hammelburg]]. Patton sabia que un dos prisioneiros que se atopaban alí era o seu xenro o tenente coronel [[John K. Waters]]. A incursión foi un fracaso, e só 35 homes conseguiron regresar, o resto deles pereceron ou foron capturados, perdendo tamén tódolos vehículos asignados. Patton cualificou este intento de liberar Oflag XIII-B como o único erro que cometera durante a Segunda Guerra Mundial.<ref name="Farago">{{Cita libro|apelidos=Farago |nome=Ladislas |título=Patton: Ordeal and Triumph |isbn=9781594160110 |ano=2005 |editorial=Westholme Publishing |OL=8875854M|páxina=790|edición=New}}</ref> Cando Eisenhower soubo desta misión secreta púxose furioso,{{sfn|Axelrod|2006|pp=158–159}} e Patton afirmaría posteriormente que a decisión correcta houbera sido enviar un comando de combate, unha forza unhas tres veces maior ca forza especial asignada á misión.<ref name="Farago"/>
O 26 de marzo de 1945 Patton enviou a [[Forza Especial Baum]], formada por 314 homes, 16 tanques e varios outros vehículos, a uns 80&nbsp;km tralas liñas inimigas para liberar un campo de [[prisioneiro de guerra|prisioneiros de guerra]], [[OFLAG XIII-B]], preto de [[Hammelburg]]. Patton sabía que un dos prisioneiros que se atopaban alí era o seu xenro o tenente coronel [[John K. Waters]]. A incursión foi un fracaso, e só 35 homes conseguiron regresar, o resto deles pereceron ou foron capturados, perdendo tamén tódolos vehículos asignados. Patton cualificou este intento de liberar Oflag XIII-B como o único erro que cometera durante a Segunda Guerra Mundial.<ref name="Farago">{{Cita libro|apelidos=Farago |nome=Ladislas |título=Patton: Ordeal and Triumph |isbn=9781594160110 |ano=2005 |editorial=Westholme Publishing |OL=8875854M|páxina=790|edición=New}}</ref> Cando Eisenhower soubo desta misión secreta púxose furioso,{{sfn|Axelrod|2006|pp=158–159}} e Patton afirmaría posteriormente que a decisión correcta debera ser enviar un comando de combate, unha forza unhas tres veces maior forza especial asignada á misión.<ref name="Farago"/>


Chegado abril a resistencia atopada polo 3º Exército foi diminuíndo, e o principal esforzo tornouse cara ó manexo dos aproximadamente 400&nbsp;000 prisioneiros de guerra alemáns que levaban capturados.{{sfn|Axelrod|2006|pp=158–159}} O 14 de abril de 1945 Patton foi ascendido a xeneral, unha promoción que Stimson levaba tempo propoñendo como recoñecemento os éxitos conseguidos por Patton durante o ano 1944.{{sfn|Blumenson|1974|p=655}} Ese mesmo mes Patton, Bradley e Eisenhower visitaron a [[Merkers-Kieselbach|mina de sal de Merkers]] e o [[campo de concentración de Ohrdruf]].<ref>{{Cita libro|título=The Buchenwald Report|nome=David A.|apelidos=Hackett|editorial=Westview Press|ano=1997|isbn=9780813333632|p=192}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Filming the End of the Holocaust: Allied Documentaries, Nuremberg and the Liberation of the Concentration Camps|nome=John J.|apelidos= Michalczyk|editorial=Bloomsbury Publishing|ano=2014|isbn=9781472510860|p=24}}</ref> Ó ver de primeira man as condicións do campo de concentración, Patton amosou a súa repulsa.{{sfn|Axelrod|2010|p=142}} O 3º Exército recibiu ordes de avanzar cara a [[Bavaria]] e [[Checoslovaquia]], anticipando que os [[Alemaña Nazi|nazis]] presentarían alí a súa última resistencia. Non recibiu ben a nova de que o [[Exército Vermello]] sería o primeiro en tomar [[Berlín]], e crendo que a [[Unión Soviética]] era unha ameaza para os Estados Unidos, o exército de Patton seguiu avanzando en dirección a [[Pilsen]], pero recibiu a orde de Eisenhower de deterse antes de chegar a [[Praga]] pouco antes do [[Día da Vitoria en Europa|8 de maio]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=160–162}}
Chegado abril a resistencia atopada polo 3º Exército foi diminuíndo, e o principal esforzo tornouse cara ó manexo dos aproximadamente 400&nbsp;000 prisioneiros de guerra alemáns que levaban capturados.{{sfn|Axelrod|2006|pp=158–159}} O 14 de abril de 1945 Patton foi ascendido a xeneral, unha promoción que Stimson levaba tempo propoñendo como recoñecemento ós éxitos conseguidos por Patton durante o ano 1944.{{sfn|Blumenson|1974|p=655}} Ese mesmo mes Patton, Bradley e Eisenhower visitaron a [[Merkers-Kieselbach|mina de sal de Merkers]] e o [[campo de concentración de Ohrdruf]].<ref>{{Cita libro|título=The Buchenwald Report|nome=David A.|apelidos=Hackett|editorial=Westview Press|ano=1997|isbn=9780813333632|p=192}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Filming the End of the Holocaust: Allied Documentaries, Nuremberg and the Liberation of the Concentration Camps|nome=John J.|apelidos= Michalczyk|editorial=Bloomsbury Publishing|ano=2014|isbn=9781472510860|p=24}}</ref> Ó ver de primeira man as condicións do campo de concentración, Patton amosou a súa repulsa.{{sfn|Axelrod|2010|p=142}} O 3º Exército recibiu ordes de avanzar cara a [[Bavaria]] e [[Checoslovaquia]], anticipando que os [[Alemaña Nazi|nazis]] presentarían alí a súa última resistencia. Non recibiu ben a nova de que o [[Exército Vermello]] sería o primeiro en tomar [[Berlín]], e crendo que a [[Unión Soviética]] era unha ameaza para os Estados Unidos, o exército de Patton seguiu avanzando en dirección a [[Pilsen]], pero recibiu a orde de Eisenhower de deterse antes de chegar a [[Praga]] pouco antes do [[Día da Vitoria en Europa|8 de maio]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=160–162}}


No seu avance dende o Rin ata o [[río Elba|Elba]], o 3º Exército de Patton, contando con entre 250&nbsp;000 e 300&nbsp;000 homes, capturou uns 84&nbsp;860&nbsp;km<sup>2</sup> de territorio alemán. Sufriu unhas perdas de 2&nbsp;102 homes mortos, 7&nbsp;954 feridos e 1&nbsp;591 desaparecidos, mentres que as forzas alemás que loitaron contra o 3º Exército chegaron ós 20&nbsp;100 mortos, 47&nbsp;700 feridos e 653&nbsp;140 capturados.{{sfn|Wallace|2000|pp=194–195}} Entre o 1 de agosto de 1944, cando se tornou operativo, e o fin das hostilidades o 9 de maio de 1945, o 3º Exército estivo en combate durante 281 días de forma continuada. Nese tempo cruzou 24 ríos principais e capturou un total duns 211&nbsp;000&nbsp;km<sup>2</sup> de territorio, incluíndo máis de 12&nbsp;000 cidades e vilas. Segundo os informes do propio 3º Exército, provocaran unhas baixas de 1&nbsp;811&nbsp;388 soldados alemáns mortos, feridos ou capturados.{{sfn|Wallace|2000|pp=194–195}} Segundo a revisión do autor Robert Fuller, entre o 1 de agosto de 1944 e o 9 de maio de 1945 o 3º Exército causou un número de baixas de 47&nbsp;500 inimigos mortos, 115&nbsp;700 feridos e 1&nbsp;280&nbsp;688 capturados, sumando un total de 1&nbsp;443&nbsp;888 baixas causadas.<ref>{{Cita libro |apelidos=Fuller |nome=Robert P. |título=Last shots for Patton's Third Army |isbn=0-9740519-0-X |ano=2004 |editorial=NETR Press |lugar=Portland, Maine|p=254}}</ref>
No seu avance dende o Rin ata o [[río Elba|Elba]], o 3º Exército de Patton, contando con entre 250&nbsp;000 e 300&nbsp;000 homes, capturou uns 84&nbsp;860&nbsp;km<sup>2</sup> de territorio alemán. Sufriu unhas perdas de 2&nbsp;102 homes mortos, 7&nbsp;954 feridos e 1&nbsp;591 desaparecidos, mentres que as forzas alemás que loitaron contra o 3º Exército chegaron ós 20&nbsp;100 mortos, 47&nbsp;700 feridos e 653&nbsp;140 capturados.{{sfn|Wallace|2000|pp=194–195}} Entre o 1 de agosto de 1944, cando se tornou operativo, e o fin das hostilidades o 9 de maio de 1945, o 3º Exército estivo en combate durante 281 días de forma continuada. Nese tempo cruzou 24 ríos principais e capturou un total duns 211&nbsp;000&nbsp;km<sup>2</sup> de territorio, incluíndo máis de 12&nbsp;000 cidades e vilas. Segundo os informes do propio 3º Exército, provocaran unhas baixas de 1&nbsp;811&nbsp;388 soldados alemáns mortos, feridos ou capturados.{{sfn|Wallace|2000|pp=194–195}} Segundo a revisión do autor Robert Fuller, entre o 1 de agosto de 1944 e o 9 de maio de 1945 o 3º Exército causou un número de baixas de 47&nbsp;500 inimigos mortos, 115&nbsp;700 feridos e 1&nbsp;280&nbsp;688 capturados, sumando un total de 1&nbsp;443&nbsp;888 baixas causadas.<ref>{{Cita libro |apelidos=Fuller |nome=Robert P. |título=Last shots for Patton's Third Army |isbn=0-9740519-0-X |ano=2004 |editorial=NETR Press |lugar=Portland, Maine|p=254}}</ref>

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2016 ás 18:52

Artigos de calidade
Artigos de calidade
Este artigo é actualmente un candidato a artigo de calidade. Un artigo de calidade debe servir como demostración dos mellores traballos da Galipedia, e, polo tanto, agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, deixa comentarios na votación.
George Smith Patton Jr.
Patton en 1943
Nome completoGeorge Smith Patton Jr.
Alcumes(s)"Bandito", "Blood and Guts", "The Old Man"
Nacemento11 de novembro de 1885, San Gabriel (California)
Defunción21 de decembro de 1945, Heidelberg (Alemaña)
SoterradoLuxembourg American Cemetery and Memorial
FidelidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Rama Exército dos Estados Unidos
Servizo1909–45
RangoXeneral do Exército Xeneral do Exército
Mandos7º Exército dos Estados Unidos
3º Exército dos Estados Unidos
15º Exército dos Estados Unidos
Batallas/Guerras
Distincións

George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel, California, o 11 de novembro de 1885 e finado en Heidelberg, Alemaña o 21 de decembro de 1945, coñecido tamén como o xeneral Patton, foi un oficial do exército dos Estados Unidos. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións de Europa e do Mediterráneo durante a Segunda Guerra Mundial, aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en Francia e Alemaña trala invasión de Normandía por parte dos Aliados en xuño de 1944.

Nado en 1885 no seo dunha familia cunha longa tradición militar, Patton asistiu ó Instituto Militar de Virxinia e posteriormente á Academia Militar dos Estados Unidos en West Point. Participou nos Xogos Olímpicos de 1912 na disciplina de péntatlon, acadando a quinta posición. Tras esta participación, Patton estudou esgrima en Francia e deseñou o Sabre de Cabalería M1913, que pasaría a ser coñecido como a "Espada Patton" e do que o Departamento de Guerra ordenou producir 20 000 unidades en 1913. Nese mesmo ano Patton foi destinado como "Mestre da Espada" e principal instrutor dun novo curso de loita con espadas na Mounted Service School de Fort Riley, Kansas.

A súa primeira participación militar tivo lugar durante a Expedición Pancho Villa en 1916, formando parte da primeira acción militar estadounidense que utilizou vehículos a motor. Uniuse posteriormente ó naquel entón recentemente creado Corpo de Tanques da Forza Expedicionaria dos Estados Unidos, participando na Primeira Guerra Mundial comandando a escola estadounidense de tanques en Francia e recibindo unha ferida mentres lideraba un corpo de tanques durante un combate cara ó final da guerra. Durante o período de entreguerras Patton mantívose como unha figura central no desenvolvemento da doutrina de guerra blindada do exército estadounidense, servindo en diversos postos administrativos por todo o país. Tras varios ascensos, atopábase no mando da Segunda División Blindada no momento en que Estados Unidos entrou na Segunda Guerra Mundial.

Patton liderou as tropas estadounidenses no Mediterráneo cunha invasión de Casablanca durante a Operación Torch en 1942, establecéndose como un comandante efectivo trala súa rápida rehabilitación do 2º Corpo do Exército. Liderou o 7º Exército durante a invasión aliada de Sicilia, sendo o primeiro comandante aliado en chegar a Messina. Alí viuse involucrado nunha controversia cando lle propinou unha labazada a dous soldados en estado de shock que estaban baixo o seu mando, polo que foi temporalmente destituído do mando. Retornou ó mando do 3º Exército trala invasión de Normandía en xuño de 1944, liderando con éxito o rápido avance blindado dos Aliados a través de Francia. Liderou a liberación das tropas estadounidenses asediadas no asedio de Bastogne durante a batalla das Ardenas, chegando co seu 3º exército a territorio da Alemaña Nazi cara ó final da guerra.

Trala guerra pasou a ser o gobernador militar de Bavaria, pero foi destituído deste posto tralas súas afirmacións sobre a desnazificación. Pasou a comandar o 15º Exército dos Estados Unidos durante pouco máis de dous meses, falecendo en Heidelberg o 21 de decembro de 1945 como resultado das feridas sufridas nun accidente automobilístico doce días antes.

A súa imaxe peculiar xunto coa súa personalidade ambiciosa e enerxética, así como o seu éxito como comandante militar, víronse en diversas ocasións escurecidos polas súas controvertidas declaracións públicas e algunhas afirmacións privadas racistas e antisemitas. A súa filosofía de liderar dende a fronte e a súa capacidade para inspirar as tropas con discursos cheos de vulgaridades, como por exemplo o seu discurso ó 3º Exército, fixeron que recibise unha consideración favorable, mentres que a súa énfase nas accións militares ofensivas rápidas e agresivas resultaron ser efectivas no transcurso da guerra. Mentres que os líderes Aliados mantiñan opinións moi diversas sobre Patton, os seus opoñentes do Alto Mando Alemán tiñan unha gran consideración del. O filme biográfico de 1970 Patton acadou unha gran popularidade e axudou a que Patton pasase a ser considerado un heroe popular para os estadounidenses.

Xuventude e educación

Patton foi o fillo primoxénito de George Smith Patton Sr. e Ruth Wilson. Tivo unha irmá menor, chamada Anne. A súa familia era de ascendencia irlandesa, escocesa-irlandesa, inglesa e galesa. A súa bisavoa pertencera a unha familia de aristócratas galeses, descendentes de lores galeses de Glamorgan.[1] Durante a súa vida Patton sostivo que en vidas anteriores fora un soldado e amosouse orgulloso de posuír ligazóns místicas cos seus devanceiros.[2][3][4][5] Aínda que sen ser descendente directo de George Washington, Patton trazaba parte das súas raíces coloniais ó bisavó de George Washington,[6] así como a descendentes de Eduardo I de Inglaterra e a Filipe III de Francia.[6] A crenza familiar mantiña que os Patton eran descendentes de dezaseis dos baróns asinantes da Carta Magna.[6]

Patton era descendente de Hugh Mercer, morto na batalla de Princeton durante a Revolución Americana. O avó por parte de pai de Patton era o Coronel George Smith Patton, quen comandara o 22º Rexemento de Infantería Confederada de Virxinia baixo as ordes de Jubal Early durante a guerra civil estadounidense e falecera na terceira batalla de Winchester, mentres que o seu tio avó o Coronel Waller T. Patton falecera mentres lideraba o 7º Rexemento de Infantería Confederada de Virxinia na Carga de Pickett durante a batalla de Gettysburg. O pai de Patton graduouse no Instituto Militar de Virxinia, pasando a exercer de avogado e posteriormente de fiscal do distrito do Condado de Los Angeles. O avó por parte de nai de Patton fora Benjamin Davis Wilson, quen fora alcalde de Los Angeles e obtivera grande éxito financeiro como comerciante. A súa familia era acomodada, e Patton pasou a súa infancia na súa propiedade familiar de 800 hectáreas.[7]

Patton no Instituto Militar de Virxinia

De neno tivo dificultades para ler e escribir, mais conseguiu superalas posteriormente, chegando a coñecérselle como un ávido lector na súa vida adulta. Segundo os historiadores Carlo D'Este e Alan Axelrod estas dificultades foron probablemente o resultado dunha dislexia non diagnosticada.[8] Recibiu educación na casa ata que cumpriu os once anos de idade, cando se alistou na Stephen Clark's School for Boys, unha escola privada de Pasadena, pasando alí os seus seguintes seis anos. Alí describiron a Patton como un neno intelixente e versado na historia militar clásica, particularmente en Aníbal, Escipión o Africano, Xulio César, Xoana de Arco e Napoleón, así como do amigo da familia John Singleton Mosby, quen adoitaba visitalos cando el aínda era un neno.[8] Foi naquel entón cando se converteu tamén nun asiduo practicante da equitación.[1]

Durante unhas vacacións familiares á Illa Santa Catalina en 1902, Patton coñeceu a Beatrice Banning Ayer, filla do industrial de Boston Frederick Ayer.[9] Casaron o 26 de maio de 1910 en Beverly Farms, Massachusetts, e tiveron tres fillos, Beatrice Smith (nada en marzo de 1911),[10] Ruth Ellen (nada en febreiro de 1915),[11] e George Patton IV (nado en decembro de 1923).[12][a]

Patton nunca chegou a considerar seriamente unha carreira que non fose dentro do exército.[1] Cando tiña dezasete anos escribiulle unha carta ó senador Thomas R. Bard, procurando unha reunión para entrar na Academia Militar dos Estados Unidos, e Bard indicoulle que debía completar un exame de admisión. Temendo obter un pobre resultado neste exame, Patton inscribiuse en varias universidades que contaban con programas de Corpos de Adestramento de Oficiais de Reserva. Patton foi admitido na Universidade de Princeton pero finalmente decidiu inscribirse no Instituto Militar de Virxinia.[9] Asistiu a este instituto de 1903 ata 1904, con problemas na lectura e na escritura pero cunha gran cualificación nas inspeccións de uniforme e aparencia así como nos exercicios militares, o que lle gañou a admiración dos seus compañeiros cadetes e o respecto dos estudantes máis vellos ca el. O 3 de marzo de 1904, tras varias cartas enviadas por Patton e un bo resultado no exame de admisión, Bard recomendouno para a súa entrada en West Point.[13]

No seu primeiro ano en West Point Patton conseguiu adaptarse con facilidade á rutina militar.[14] Porén, os seus resultados académicos seguían sendo malos e tivo que repetir o seu primeiro ano tras suspender matemáticas.[15] Pasou as vacacións de verán estudando, amosando unha mellora substancial á súa volta á academia. Durante o resto da súa carreira na academia Patton destacou nos exercicios militares, pero os seus resultados académicos mantivéronse na media. Pasou a ser cadete sarxento maior no seu ano júnior, e a cadete adxunto no seu ano sénior. Tamén comezou a xogar co equipo de fútbol americano da academia, pero sufriu unha lesión no brazo e deixou o equipo, pasando a facer unha proba para o equipo de esgrima e o de atletismo,[16] e converténdose rapidamente nun dos mellores espadachíns da academia.[17] Patton graduouse no posto 46 de 103[18] o 11 de xuño de 1909 e foi destinado como tenente segundo no corpo de Cabalería dos Estados Unidos.[19]

Oficial júnior

O primeiro destino de Patton foi no 15º Rexemento de Cabalería en Fort Sheridan, Illinois,[20] onde se estableceu como un líder enérxico, impresionando os seus superiores coa súa dedicación.[21] A finais do ano 1911 Patton foi trasladado á Fort Myer, Virxinia, xunto coa maioría dos líderes sénior do exército. Alí comezou unha amizade co Secretario de Guerra Henry L. Stimson, servindo con el en diversos labores sociais a maiores das súas obrigas regulares como contramestre da súa tropa.[10]

Participación nos Xogos olímpicos de 1912

Patton (á dereita) na competición de esgrima do péntatlon dos Xogos Olímpicos de 1912

Patton foi seleccionado como o representante do exército para a primeira edición do péntatlon moderno nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo, Suecia.[22] Dos 42 participantes na proba, Patton terminou vixésimo primeiro no campo de tiro, sétimo en natación, cuarto en esgrima, sexto en equitación e terceiro na carreira a pé, rematando na quinta posición final e sendo o primeiro non sueco.[23] Tivo lugar certa controversia en relación coa súa actuación na competición de tiro con pistola, onde empregou unha pistola de calibre .38 mentres que a maioría dos outros competidores escolleran armas do calibre .22. Patton afirmou que os furados no papel dos seus primeiros disparos eran tan grandes que algunhas das balas disparadas posteriormente pasaron a través deles, pero os xuíces da proba decidiron que non alcanzara a diana nunha ocasión.[24][25] De ser isto correcto, Patton tería gañado unha medalla no evento.[26] Malias protestas a decisión dos xuíces mantívose, e Patton só comentou o seguinte:

O grande espírito de deportividade e xenerosidade manifestado todo este tempo fala en gran medida do carácter dos oficiais presentes estes días. Non houbo nin un só incidente de protesta ou ningunha pelexa ou rifa antideportiva por puntos, o que debo dicir, estragou algunhas das outras competicións civís nos Xogos Olímpicos. Cada home fíxoo o mellor que puido e aceptou o que a fortuna lle deparou como un verdadeiro soldado, e ó final todos sentímonos máis como bos amigos e camaradas que como rivais nunha competición severa, mais este espírito de amizade non reduciu de ningunha forma as ganas que todos puxemos para acadar o éxito.
George S. Patton (Tradución do orixinal)[24]

Deseño da "Espada Patton"

Tralos Xogos Olímpicos de 1912 Patton viaxou ata Saumur, en Francia, onde aprendeu técnicas de esgrima de Charles Cléry, un "mestre de armas" francés e instrutor de esgrima na escola de cabalería francesa.[27] Cando regresou a Fort Meyer, Patton redeseñou a doutrina de combate con sabre da cabalería dos Estados Unidos, favorecendo os ataques de penetración frontal perante as manobras de corte estándar, e deseñou unha nova espada para este tipo de ataques. En 1913 encargáronse as primeiras 20 000 unidades do Sabre de Cabalería Modelo 1913, coñecido popularmente como a "Espada Patton". Tras isto retornou a Saumur para aprender técnicas avanzadas e aplicar estes coñecementos na Escola do Servizo Montado en Fort Riley, Kansas, onde deu e recibiu instrución de esgrima. Foi o primeiro oficial do exército estadounidense que recibiu a designación de "Mestre da Espada",[28][29] título que denotaba o mellor instrutor de esgrima da escola.[30] Chegando á escola en setembro de 1913, ensinou esgrima a outros oficiais de cabalería, moitos deles superiores a el en rango.[31] Foi alí onde escribiu a guía Saber Exercise 1914,[32] e ó ano seguinte escribiu outra guía máis informal, titulada Diary of the Instructor in Swordsmanship.[33] Patton graduouse en xuño de 1915, coa intención inicial de volver ó 15º Rexemento de Cabalería que estaba destinado nas Filipinas.[34] Mais, considerando que este destino podería deixar nun punto morto a súa carreira, Patton viaxou a Washington, D.C. durante un permiso de 11 días e convenceu a varios amigos influentes para que conseguisen que fose reasignado ó 8º Rexemento de Cabalería en Fort Bliss, Texas, anticipando que a inestabilidade en México podería dar lugar a unha guerra civil.[11] Neste tempo Patton foi seleccionado para participar nos Xogos Olímpicos de 1916, pero estes foron finalmente cancelados por mor da Primeira Guerra Mundial.[35]

Expedición Pancho Villa

En 1915 Patton foi asignado a labores de patrulla fronteiriza coa Compañía A do 8º de Cabalería, con base en Sierra Blanca.[36][37] Neste tempo Patton afíxose a levar o seu M1911 Colt .45 no seu cinto no lugar de levalo nunha funda. A súa arma disparóuselle accidentalmente unha noite nun saloon, polo que a cambiou por un revólver Colt Single Action Army coa empuñadura de marfil, arma que se convertería posteriormente nunha icona representativa da súa imaxe.[38]

En marzo de 1916 forzas mexicanas leais a Pancho Villa cruzaron a fronteira cara a Novo México e asaltaron a localidade fronteiriza de Columbus, o que resultou na morte de varios estadounidenses en Columbus. Os Estados Unidos responderon enviando unha expedición en México contra Villa. Desgustado ó saber que a súa unidade non participaría na expedición, Patton pediulle ó comandante desta, John J. Pershing, que o levase con el, e foi nomeado o seu asistente persoal para a expedición. Isto significaba que Patton participaría en certa medida na organización da expedición, e as ganas e dedicación que demostrou para a tarefa impresionaron a Pershing.[39][40] Patton modelou gran parte do seu estilo de liderado emulando a Pershing, quen favorecía as accións fortes e decisivas e comandaba dende a fronte.[41][42] Como asistente de Pershing, Patton supervisaba a loxística do seu transporte e actuaba como o seu mensaxeiro persoal.[43]

A mediados de abril Patton pediulle a Pershing que lle dese a oportunidade de comandar tropas, e foi destinado á Tropa C do 13º Rexemento de Cabalería para axudar na persecución de Villa e dos seus subordinados.[44] A súa primeira experiencia en combate tivo lugar o 14 de maio de 1916 no que sería o primeiro ataque motorizado da historia bélica dos Estados Unidos. Unha forza do 6º Rexemento de Infantería de dez homes e dous guías civís baixo o seu mando montados en tres turismos Dodge sorprendeu a tres dos homes de Villa durante unha expedición, matando a Julio Cárdenas e dous dos seus gardacostas.[40][45] Non quedou claro se Patton matou persoalmente algún dos homes, pero sóubose que si ferira os tres.[46] Este evento fixo que Patton gañase o favor de Pershing, quen se referiu a el como o seu propio "Bandito",[47][48] e provocou que recibise unha grande atención dos medios como un "matabandidos".[47][40][49] O 23 de maio de 1916 foi ascendido a tenente primeiro mentres formaba parte do 10º de Cabalería.[36] Patton permaneceu en México ata o final do ano. O presidente Woodrow Wilson prohibiu que a expedición levase a cabo patrullas agresivas en territorio mexicano, polo que Patton permaneceu na base durante gran parte do tempo. En outubro dese ano retirouse brevemente a California tras queimarse cunha lámpada de gas que estoupara,[50] e retornou permanentemente da expedición en febreiro de 1917.[51]

Primeira Guerra Mundial

Trala Expedición Patton ía ser destinado a Front Royal, Virxinia, para supervisar a adquisición de cabalos para o exército.[51] Porén, trala entrada dos Estados Unidos na Primeira Guerra Mundial e o nomeamento de Pershing como comandante da Forza Expedicionaria Estadounidense na fronte occidental, Patton pediulle formar parte do seu equipo.[40] Patton foi ascendido a capitán o 15 de maio de 1917 e partiu cara a Europa, como parte dos 180 homes da avanzada de Pershing que saíu de Estados Unidos o 28 de maio e chegou a Liverpool o 8 de xuño.[52] Actuando como asistente persoal de Pershing, Patton supervisou o adestramento de tropas estadounidenses en París ata setembro, cando se trasladou a Chaumont para comandar a compañía do cuartel xeral e supervisar a base. Patton non estaba satisfeito con este posto e comezou a interesarse nos tanques, mentres que Pershing tiña a intención de darlle o mando dun batallón de infantería.[53] En outubro dese ano Patton ingresou no hospital da base con ictericia,[54] e alí coñeceu o coronel Fox Conner,[55] quen o animou a "esquecer o negocio dos tanques" e seguir na infantería.[56][54] O coronel Eltinge visitouno o día seguinte, informándoo da creación dunha nova escola de tanques e indicándolle que quería que fose el quen a comandase, ó que Patton aceptou.[56][54]

Patton en Francia no 1918 xunto a un carro de combate lixeiro Renault FT

O 10 de novembro de 1917 Patton foi enviado a establecer a nova Escola de Tanques Lixeiros do exército estadounidense.[40] Deixou París e marchou cara á escola de adestramento de blindados do exército francés en Champlieu, preto de Orrouy, onde conduciu un tanque lixeiro Renault FT. O 20 de novembro os británicos lanzaron unha ofensiva cara ó centro ferroviario de Cambrai, usando un número sen precedentes de tanques.[57] Patton viaxou ata Albert, a uns 48 km de Cambrai, para informarse dos resultados deste ataque entrevistándose co Coronel británico J. F. C. Fuller.[58] De regreso a París, visitou a fábrica de Renault para ver como se fabricaban alí os tanques. Patton foi ascendido a comandante o 26 de xaneiro de 1918.[55] Recibiu os primeiros dez tanques asignados á súa unidade o 23 de marzo de 1918 na Escola de Tanques de Langres. Sendo o único soldado estadounidense con experiencia na condución de tanques, Patton sacou persoalmente sete dos tanques do tren no que chegaron.[59] Na escola Patton adestrou tripulacións de tanques para operar como apoio para a infantería, e promoveu a súa aceptación entre os oficiais de infantería.[60] Foi subsecuentemente ascendido a tenente coronel o 3 de abril de 1918.[61]

En agosto de 1918 foi asignado ó mando da 1ª Brigada Provisional de Tanques, que posteriormente pasou a designarse 304ª Brigada de Tanques o 6 de novembro de 1918. A brigada de tanques lixeiros de Patton formaba parte do Corpo de Tanques do coronel Samuel Rockenbach, que a súa vez era parte do 1º Exército dos Estados Unidos.[62] Supervisou persoalmente a loxística dos tanques a primeira vez que se empregaron en combate, e tras facer un recoñecemento da zona obxectivo do ataque el mesmo, Patton ordenou que non se rendería ningún tanque estadounidense.[61][63] Comandou os tanques Renault FT con tripulación estadounidense na batalla de Saint-Mihiel,[64] liderándoos dende a fronte da batalla durante gran parte do ataque que comezou o 12 de setembro. Entrou a pé á fronte dos tanques na vila de Essey, ocupada polos alemáns, e montou riba dun tanque durante o ataque de Pannes, procurando servir de inspiración para os seus homes.[65]

A súa brigada foi entón trasladada para apoiar o 1º Corpo do Exército na Ofensiva de Meuse-Argonne o 26 de setembro.[64] Liderou persoalmente unha tropa de tanques a través dunha mesta néboa mentres avanzaban uns 8 km a través das liñas alemás. Ó redor das 9:00 da mañá, Patton sufriu unha ferida mentres lideraba seis homes e un tanque nun ataque a un posto de metralladoras alemás preto da vila de Cheppy.[66][67] O seu ordenanza, o soldado de primeira Joe Angelo, foi quen o salvou, polo que recibiría posteriormente a Cruz ó Servizo Distinguido.[68] Patton comandou a batalla durante unha hora máis antes da súa evacuación, e parou nun posto de mando da retagarda para dar o seu informe antes de ir cara a un hospital. Sereno E. Brett, comandante do 326º Batallón de Tanques dos Estados Unidos, tomou o mando da brigada de Patton durante a súa ausencia. Patton escribiulle nunha carta á súa muller: "A bala entrou pola parte dianteira da miña perna esquerda e saíu xusto na división do meu traseiro a unhas dúas polgadas á esquerda do meu recto. Foi disparada a uns 50 m así que fixo un furado do tamaño dun dólar [de prata] por onde saíu."[69]

Aínda recuperándose da ferida, Patton foi ascendido a coronel no Corpo de Tanques do Exército Nacional dos Estados Unidos, o 17 de outubro de 1918. Volveu estar activo o 28 de outubro pero xa non participou en ningunha outra acción militar antes do remate das hostilidades o 11 de novembro dese ano.[70] Polas súas accións en Cheppy recibiu a Cruz ó Servizo Distinguido. Polo seu liderado da brigada e da escola de tanques recibiu a Medalla ó Servizo Distinguido. Posteriormente outorgóuselle tamén o Corazón Púrpura polas feridas recibidas en combate trala creación desta condecoración no ano 1932.[71]

Período de entreguerras

Patton en Camp Meade, Maryland no ano 1919, aínda co rango temporal de coronel

Patton deixou Francia e marchou cara a Nova York o 2 de marzo de 1919. Após da guerra foi destacado en Camp Meade, Maryland, e volveu ó seu rango permanente de capitán o 30 de xuño de 1920, aínda que foi ascendido a comandante de novo ó día seguinte. Ese mesmo ano recibiu unha asignación temporal en Washington D.C. para servir nun comité escribindo un manual sobre operacións con tanques. Durante este tempo desenvolveu a convicción de que os tanques deberían empregarse non só como apoio para a infantería, senón como unha forza de combate independente. Patton apoiou o deseño do tanque M1919 creado por J. Walter Christie, proxecto que foi desbotado por cuestións financeiras.[72] En 1919 Patton coñeceu a Dwight D. Eisenhower mentres estaba asignado en Washington, D.C.[73] Durante e despois da asignación de Patton en Hawai, intercambiou correspondencia con Eisenhower de forma frecuente, e envioulle notas e consellos para axudarlle na súa graduación do Colexio de Xenerais.[12] Xunto a Christie, Eisenhower e outros oficiais, Patton presionou para que se avanzase no desenvolvemento da guerra blindada. O Secretario de Guerra Dwight Davis compartía a súa opinión, pero o limitado presuposto e a prevalencia das ramas xa establecidas de infantería e cabalería provocaron que os Estados Unidos case non desenvolvesen os seus corpos blindados ata o ano 1940.[74]

O 30 de setembro de 1920 renunciou ó mando da 304ª Brigada de Tanques e foi reasignado en Myer como comandante do 3º Escuadrón do 3º de Cabalería.[12] Pasou gran parte do tempo de paz escribindo informes técnicos e dando discursos no General Staff College sobre a súa experiencia en combate.[72] En xullo de 1921 converteuse en membro do Corpo de Tanques Nº19 da Lexión Americana.[75] Dende 1922 ata mediados de 1923 asistiu ó Curso de Oficiais de Campo da Escola de Cabalería en Fort Riley, e posteriormente pasou á Facultade de Comandancia dende mediados de 1923 ata mediados de 1924,[12] graduándose no posto 25 dun total de 248.[76] En agosto de 1923 Patton salvou varios nenos de afogarse despois de caeren dun iate durante unha viaxe en barco dende Salem, Massachusetts. Recibiu a Medalla de Salvavidas de Prata por esta acción.[77] Foi temporalmente destinado en Boston antes de ser reasignado á División de Hawai en Honolulu en marzo de 1925.[12]

Patton permaneceu na División de Hawai varios meses antes de ser transferido en maio de 1927 á Oficina da Xefatura de Cabalería en Washington, D.C., onde comezou a desenvolver os conceptos da guerra mecanizada. Ó pouco tempo a súa proposición de combinar a infantería, cabalería e artillería nunha forza de armamento combinado foi cancelada trala retirada dos fondos destinados á mesma por parte do Congreso. Patton deixou esta oficina en 1931, volvendo a Massachusetts onde asistiu á Facultade de Guerra do Exército dos Estados Unidos, converténdose nun "Graduado Distinguido" en xuño de 1932.[78]

En xullo de 1932 Patton estaba destinado como oficial executivo do 3º de Cabalería, que estaba destacado en Washington por orde do xeneral Douglas MacArthur. O 28 de xullo MacArthur ordenou que as tropas de Patton avanzasen contra un grupo de veteranos coñecidos como o Bonus Army que estaban a manifestarse empregando gas lacrimóxeno e baionetas. Patton non estaba de acordo coa actitude de MacArthur neste aspecto, xa que recoñecía a lexitimidade das queixas dos veteranos e xa tiña rexeitado anteriormente empregar a forza para dispersalos. Posteriormente afirmaría que aínda que consideraba ese deber "moi desagradable" tamén consideraba que dispersando os manifestantes prevíase unha insurrección e estábanse salvando vidas e evitándose danos materiais. Acabou liderando persoalmente o 3º de Cabalería a través de Pennsylvania Avenue, dispersando a manifestación.[79][80][81]

Patton foi ascendido a tenente coronel no exército regular o 1 de marzo de 1934, e foi asignado á División de Hawai a comezos de 1935. Alí comezou a darlle seguimento ás cada vez maiores hostilidades e aspiracións de conquista do Xapón. Deseñou un plan para internar os xaponeses que vivían nas illas en caso dun ataque, como resultado das atrocidades acometidas polos xaponeses contra a poboación chinesa durante a guerra sino-xaponesa. En 1937 escribiu un artigo titulado "Surprise" que predicía, co que segundo o historiador D'Este foi unha "precisión inquietante", un ataque sorpresa por parte dos xaponeses en Hawai.[82] Deprimido pola falta de previsións de novos conflitos, Patton comezou a beber en exceso e mantivo unha breve relación cunha sobriña política súa de 21 anos, Jean Gordon.[83]

Nesta época Patton continuaba practicando o polo e a navegación. En 1937, durante unhas vacacións en Los Angeles, recibiu un couce dun cabalo que lle fracturou a perna, derivándolle nunha severa flebite. Este incidente estivo a piques de deixalo fóra do servizo activo, pero tras unha asignación administrativa de seis meses no Departamento Académico da Escola de Cabalería en Fort Riley serviulle para recuperarse da lesión.[83] Foi ascendido a coronel o 24 de xullo de 1938 e recibiu o mando do 5º Rexemento de Cabalería en Fort Clark, Texas durante seis meses, posición que lle desagradaba. En decembro volveu a Fort Myer de novo como comandante do 3º de Cabalería e coñeceu a George C. Marshall. Marshall quedou impresionado con Patton, e considerábao un candidato prioritario para un ascenso a xeneral. Porén, en tempos de paz mantívose no rango de coronel para seguir estando dispoñible para comandar un rexemento.[84]

Segunda Guerra Mundial

Trala invasión de Polonia por parte da Wehrmacht e o comezo da Segunda Guerra Mundial en Europa en setembro de 1939, o Exército dos Estados Unidos comezou un período de mobilización e Patton promoveu o incremento de poder das forzas blindadas estadounidenses. Durante unhas manobras levadas a cabo polo 3º Exército en 1940 Patton actuou de árbitro. Alí coñeceu a Adna R. Chaffee Jr., con quen formulou varias recomendacións para desenvolver unha forza blindada. Chaffee foi nomeado comandante desta forza,[85] e creou a 1ª División Blindada e a 2ª División Blindada, así como a primeira doutrina de armamento combinado. Chaffee nomeou a Patton comandante da 2ª Brigada Blindada, parte da 2ª División Blindada, ademais de encargarlle o adestramento da división.[86] Patton foi ascendido a xeneral de brigada o 2 de outubro, e o 4 de abril de 1941 volveu ser ascendido desta vez a xeneral maior e comandante xeneral da 2ª División Blindada.[85] Cando Chaffee resignou como comandante do Corpo Blindado, Patton converteuse na figura máis importante da doutrina blindada dos Estados Unidos. En decembro de 1940 planeou un exercicio de alto nivel no que uns 1000 tanques e vehículos partiron de Columbus, Xeorxia cara a Panama City, Florida e de volta.[87] Repetiu este exercicio coa división completa de 1300 tanques ó mes seguinte.[88] Patton adquirira a licenza de piloto e durante estas manobras observou os movementos dos vehículos dende o aire procurando formas de despregalos en combate de forma efectiva.[87] O seu traballo durante este tempo levouno a aparecer na portada da revista Life.[89]

Patton liderou a división durante as Manobras de Tennessee en xuño de 1941, e recibiu eloxios polo seu liderado, acadando obxectivos planeados en 48 horas en tan só nove. Durante as Manobras de Lousiana de setembro dese ano, nas que as forzas foron divididas no "exército vermello" e no "exército azul", a súa división formou parte do exército vermello perdedor na primeira fase. Na segunda fase pasou ó exército azul, e a súa división levou a cabo unha avanzada duns 640 km para rodear o exército vermello e "capturar" Shreveport, Louisiana. Nas Manobras de Carolina en outubro e novembro, a súa división conseguiu capturar a Hugh Drum, o comandante do exército rival.[90] O 15 de xaneiro de 1942 recibiu o mando do 1º Corpo Blindado, e ó mes seguinte estableceu o Centro de Adestramento do Deserto[91] en Imperial Valley para desenvolver alí os exercicios de adestramento. Patton escolleu un terreo duns 40 km2 no deserto a uns 80 km ó sueste de Palm Springs para estes exercicios, que comezaron a finais de 1941 e continuaron ata o verán de 1942.[92]

Campaña do Norte de África

Patton xunto a un carro de combate M2 en Tunisia

Baixo as ordes do xeneral Dwight D. Eisenhower, Patton foi asignado para axudar a planear a invasión aliada do norte de África como parte da Operación Torch no verán de 1942.[93][94] Comandou a Forza Blindada Occidental, que constaba de 33 000 homes en 100 barcos, nos desembarcos centrados en Casablanca, Marrocos, o 8 de novembro de 1942. Alí atoparon a oposición das forzas da Francia de Vichy, mais os homes de Patton conseguiron unha cabeza de praia con rapidez e presionaron as forzas inimigas. Casablanca caeu o 11 de novembro, e Patton negociou un armisticio co xeneral francés Charles Noguès.[95][96] O Sultán de Marrocos quedou impresionado e outorgoulle a Patton a distinción da Orde de Ouissam Alaouite, coa cita "Les Lions dans leurs tanières tremblent en le voyant approcher" (Os leóns nas súas goridas tremen cando se aproxima).[97] Patton supervisou a conversión de Casablanca nun porto militar e foi o anfitrión da Conferencia de Casablanca en xaneiro de 1943.[98]

O 6 de marzo de 1943, trala derrota do 2º Corpo dos Estados Unidos sufrida na batalla do Paso de Kasserine perante os Afrika Korps alemáns comandados por Erwin Rommel, Patton substituíu o xeneral Lloyd Fredendall como comandante xeneral do 2º Corpo e foi ascendido a tenente xeneral. Posteriormente reasignou a Omar Bradley ó seu Corpo como comandante adxunto.[99] Con ordes de levar a formación de novo cara á fronte nun tempo de 10 días, Patton introduciu varios cambios drásticos no Corpo, ordenándolles ós seus soldados que levasen uniformes limpos e completos, establecendo horarios rigorosos e requirindo a estrita adherencia ó protocolo militar. Paseaba continuamente polo posto de mando falando e presionando os seus homes, procurando "moldealos" en soldados eficientes.[100]

O adestramento de Patton probou ser efectivo, e o 17 de marzo a 1ª División de Infantería tomou Gafsa, gañando a batalla de El Guettar e rexeitando as forzas blindadas alemás e italianas en dúas ocasións. O 5 de abril destituíu o xeneral Orlando Ward do mando da 1ª División Blindada pola súa pobre actuación en Maknassy contra unha forza alemá inferior en número. Avanzando cara a Gabès, o exército de Patton impuxo a súa presión na Liña Mareth.[100] Durante este tempo reportoulle ó comandante británico Harold Alexander, e tivo un conflito co vicemariscal da forza aérea británica Arthur Coningham pola falta de apoio aéreo ás súas tropas. Coningham enviou tres oficiais ó cuartel xeral de Patton para convencelo de que os británicos estaban a darlles un amplo apoio aéreo. Durante a súa reunión con Patton as forzas aéreas alemás atacaron o cuartel, e parte do teito da oficina de Patton caeu preto deles. En declaracións posteriores, Patton dixo dos pilotos alemáns que levaron a cabo ese ataque: "Se puidese atopar os fillos de puta que voaron eses avións, enviaríalles unha medalla por correo a cada un deles".[101] Cando as forzas aliadas chegaron a Gabès, os alemáns xa abandonaran o lugar. Cedeu entón o mando do 2º Corpo a Bradley e volveu ó mando do 1º Corpo Blindado en Casablanca para axudar nos plans da Operación Husky para invadir Sicilia. Por medo a que as forzas estadounidenses fosen afastadas do combate no norte de África, convenceu ós comandantes británicos que lle permitisen seguir loitando ata o final da Campaña de Tunisia antes de partir cara a esta nova misión.[101][102]

Campaña de Sicilia

Para a invasión aliada de Sicilia, de nome en chave Operación Husky, Patton comandaría o 7º Exército dos Estados Unidos baixo a denominación de Forza de Operacións Occidental, nos desembarcos de Gela, Scoglitti e Licata, apoiando as forzas do 8º Exército Británico ás ordes de Bernard Montgomery. O 1º Corpo Blindado de Patton cambiou a súa denominación oficial pola de 7º Exército xusto antes de que a súa forza de 90 000 soldados desembarcase o 10 de xullo de 1943 nas praias próximas a vila de Licata. A armada viuse obstaculizada polo vento e as condicións climatolóxicas, pero aínda así as tres divisións de infantería estadounidenses involucradas, a 3ª, a 1ª e a 45ª, conseguiron asegurar as súas respectivas praias. Posteriormente repeleron os contraataques en Gela,[103] onde Patton liderou persoalmente as tropas contra os reforzos alemáns da División Hermann Göring.[104]

Patton conversando co tenente Lyle Bernard preto de Brolo, Sicilia, en 1943

Malia que inicialmente tiña ordes de protexer o flanco esquerdo das forzas británicas, Patton obtivo o permiso de Alexander para tomar Palermo cando as forzas de Montgomery sufriron unha demora de camiño a Messina. Formando parte dun corpo provisional baixo o mando do xeneral Geoffrey Keyes, a 3ª División de Infantería estadounidense ás ordes do xeneral Lucian Truscott cubriu uns 160 km en 72 horas, chegando a Palermo 21 de xullo.[105] Patton puxo o seu obxectivo entón en Messina. Planeou un asalto anfibio, pero sufriu unha nova demora por mor da falta de navíos de desembarco, e as súas tropas non chegaron a Santo Stefano ata o 8 de agosto, cando os alemás e os italianos xa tiñan evacuado a maior parte das súas tropas cara a Italia continental. Ordenou máis desembarcos da 3ª División de Infantería o 10 de agosto, que sufriu grandes baixas pero rexeitou as forzas alemás e propiciou o avance dos aliados en Messina.[106] Un terceiro desembarco tivo lugar o 16 de agosto, e cara ás 22:00 dese día Messina foi conquistada. Cando rematou a batalla, o 7º Exército, composto dun total de 200 000 homes, sufrira 7 500 baixas, matando ou capturando 113 000 soldados do Eixe e destruíndo 3 500 vehículos. Malia este feito, 40 000 efectivos alemáns e outros 70 000 italianos conseguiron escapar cara a Italia xunto cuns 10 000 vehículos.[107][108]

A conduta de Patton nesta campaña deu lugar a varias controversias. Cando Alexander enviou unha mensaxe o 19 de xullo limitando o ataque de Patton en Messina, o oficial en xefe ás ordes de Patton, o xeneral Hobart R. Gay, afirmou que a mensaxe "perdérase durante a transmisión" ata que Messina caeu por completo. O 22 de xullo Patton disparou e matou un par de mulas que se detiveron mentres tiraban dun carro a través dunha ponte. O carro estaba bloqueando o paso dunha columna blindada estadounidense que estaba sendo atacada por avións alemáns. Cando o dono siciliano protestou, Patton atacouno cun bastón e tirou as dúas mulas pola beira da ponte.[105] Cando foi informado da masacre de 73 prisioneiros italianos en Biscari por tropas baixo o seu mando, Patton escribiu no seu diario: "Díxenlle a Bradley que probablemente era unha esaxeración, pero que de todas as formas ordenase que o oficial certificase que os homes mortos eran francotiradores ou intentaran escapar ou algo, xa que provocaría un balbordo na prensa e anoxaría os civís. De calquera forma, están mortos, así que non se pode facer nada ó respecto".[109] Bradley rexeitou a suxestión de Patton, e este cambiou de opinión posteriormente. Cando soubo que o inspector xeral da 45ª División determinara que non houbera provocación por parte dos prisioneiros, Patton supostamente afirmou: "Que xulguen a eses bastardos".[109] Durante esta época Patton mantivo tamén frecuentes desacordos con Terry de la Mesa Allen Sr. e con Theodore Roosevelt Jr.[110]

Incidentes das labazadas

Dous incidentes de sona nos que Patton golpeou os seus subordinados durante a campaña de Sicilia provocaron unha controversia nos Estados Unidos trala fin da campaña. O 3 de agosto de 1943 Patton propinoulle unha labazada e abusou verbalmente do soldado Charles H. Kuhl nun hospital de evacuación en Nicosia, estando o soldado diagnosticado de "fatiga de batalla".[111] O 10 de agosto dese mesmo ano, Patton deulle un sopapo ó soldado Paul G. Bennett en circunstancias semellantes.[111] Ordenándolles a ámbolos dous soldados que volvesen á fronte,[112] Patton clamou contra a covardía e deulle ordes ós seus comandantes para que disciplinasen calquera soldado que tivese algunha queixa semellante.[113]

Patton conversando con varios soldados feridos esperando evacuación

O reconto do incidente chegoulle a Eisenhower, quen reprendeu a Patton en privado e insistiu en que debía desculparse.[114] Patton desculpouse perante ámbolos dous soldados de forma individual, así como perante os doutores que presenciaron os incidentes,[115] e posteriormente fíxoo ante tódolos soldados baixo o seu mando en forma de varios discursos.[116] Eisenhower tentou limitar o alcance do incidente nos medios de comunicación,[117] pero en novembro o xornalista Drew Pearson revelounos no seu programa de radio.[118] A crítica foi dura contra Patton nos Estados Unidos, incluíndo varios membros do Congreso e antigos xenerais, con Pershing entre eles.[97][119] O público xeral mantivo unha visión enfrontada sobre os incidentes,[120] e eventualmente o Secretario de Guerra Henry L. Stimson afirmou que Patton debía manterse como comandante pola necesidade do seu "liderado agresivo e gañador nas amargas batallas que aínda están por chegar antes da vitoria final".[121]

Patton non volveu estar ó mando dunha forza de combate durante uns 11 meses.[122] No mes de setembro, Bradley, con menos rango e experiencia que Patton, foi seleccionado para comandar o 1º Exército dos Estados Unidos que estaba a formarse en Inglaterra en preparación da Operación Overlord.[123] Esta decisión fora tomada antes de que os incidentes das labazadas se fixesen públicos, pero Patton culpou ós incidentes de que non lle asignasen o mando.[124] Eisenhower consideraba a invasión de Europa demasiado importante para arriscar calquera incerteza, e considerou os incidentes como un exemplo da incapacidade de Patton de exercer disciplina e autocontrol. Malia que Eisenhower e Marshall consideraban a Patton como un comandante habilidoso no combate, crían que Bradley era menos impulsivo ou propenso a cometer erros.[125] O 26 de xaneiro de 1944 Patton foi asignado formalmente ó mando do 3º Exército dos Estados Unidos en Inglaterra, unha unidade acabada de chegar, e recibiu a orde de preparar os seus soldados sen experiencia para o combate en Europa.[126][127] Patton mantívose ocupado neste deber durante os comezos de 1944 en preparación para a subsecuente invasión.[128]

Exército pantasma

O Alto Mando Alemán tiña máis respecto por Patton que por calquera outro comandante aliado e considerábao unha peza central para calquera plan de invadir Europa dende o Reino Unido.[129] A causa disto Patton converteuse nunha figura prominente na operación de engano chamada Operación Fortitude, a comezos de 1944.[130] Os aliados forneceron un constante fluxo de falsa intelixencia ós espías alemáns indicando que Patton fora nomeado comandante do 1º Grupo do Exército dos Estados Unidos e que estaba a preparar este mando para unha invasión do Paso de Calais. Este mando era en realidade un intricado "exército pantasma" composto por cebos, decorados e falsos sinais de tráfico ó redor de Dover para enganar as aeronaves alemás e facer que os líderes do Eixe cresen que unha gran forza estaba a reunirse alí, enmascarando así o verdadeiro lugar da invasión en Normandía. Patton recibiu a orde de manter un perfil baixo para enganar os alemáns e que cresen que estaba en Dover, cando en realidade estaba a adestrar o 3º Exército.[129] Como resultado da Operación Fortitude, o 15º Exército Alemán mantívose no Paso de Calais para defendelo do suposto ataque de Patton.[131] Esta formación mantívose na súa posición aínda trala invasión de Normandía o 6 de xuño de 1944. Patton voou ata Francia un mes despois para volver ó combate.[132]

Ofensiva de Normandía

Artigo principal: Desembarco de Normandía.

Navegando cara a Normandía no mes de xullo, o 3º Exército de Patton formou no extremo occidental das forzas aliadas.[132][b] O 3º Exército pasou a estar operativo a mediodía do 1 de agosto de 1944, dentro do 20º Grupo do Exército dos Estados Unidos de Bradley. O 3º Exército atacou de forma simultánea o oeste cara a Bretaña, o sur, o leste cara ó Sena e o norte, axudando a atrapar varios centos de miles de soldados alemáns na Bolsa de Falaise, entre Falaise e Argentan.[134][135]

Patton en Fontainebleau, o 25 de agosto de 1944

A estratexia de Patton favorecía a velocidade e as accións ofensivas agresivas, aínda que as súas forzas tiveron unha menor oposición que os outros tres exércitos aliados nas primeiras semanas do seu avance.[136] O 3º Exército adoitaba empregar unidades de recoñecemento para determinar a forza e posición dos inimigos. A artillería autopropulsada movíase xunto ás unidades da punta de lanza e estaba ben adiante da formación, preparada para atacar as posicións alemáns protexidas con fogo indirecto. As aeronaves lixeiras como o avión Piper L-4 Cub servían como observadoras para a artillería e fornecían recoñecemento aéreo. Unha vez localizadas, a infantería blindada atacaba as posicións alemás usando tanques como apoio da infantería. Outras unidades blindadas pasaban entón a romper as liñas inimigas e aproveitaban estas brechas, facendo presión constante e previndo que as forzas alemás se reagrupasen e volvesen formar unha liña defensiva cohesionada.[137] Os blindados estadounidenses avanzaron empregando o método de recoñecemento por fogo, e a metralladora pesada M2 Browning do calibre .50 probou ser efectiva neste papel, descubrindo e matando equipos alemáns de panzerfaust agochados para emboscar os tanques, así como para rachar asaltos da infantería alemá contra a infantería blindada.[138]

A velocidade do avance provocou que as unidades de Patton dependesen en gran medida dos recoñecementos aéreos e do apoio aéreo táctico.[137] O 3º Exército tiña máis oficiais de intelixencia no cuartel xeral que calquera outro exército, designados especificamente para coordinar ataques aéreos.[139] O seu grupo de apoio aéreo adxunto era o XIX Mando Táctico do Aire, comandado polo xeneral de brigada Otto P. Weyland. Desenvolvida orixinalmente polo xeneral Elwood Quesada do IX Mando Táctico do Aire para o 1º Exército na Operación Cobra, a técnica da "columna de cobertura blindada" ("armored column cover"), na que o apoio aéreo ía dirixido por un controlador aéreo montado nun dos tanques atacantes, foi empregada de forma extensiva polo 3º Exército. Cada columna ía protexida por unha patrulla aérea de combate formada por entre tres e catro avións P-47 e P-51.[140]

No seu avance dende Avranches cara a Argentan, o 3º Exército marchou uns 97 km en dúas semanas. As forzas de Patton tiñan o apoio da intelixencia Ultra, da que o seu coronel Oscar W. Koch recibía informes diarios, quen á súa vez notificaba a Patton das contraofensivas alemás e de onde concentrar as forzas.[141] Tamén resultou de igual importancia para o seu avance o rápido despregamento da cadea de subministración. A loxística do 3º Exército estaba supervisada polo coronel Walter J. Muller, quen puxo énfase na flexibilidade, improvisación e adaptación da cadea de subministración para que as unidades da fronte puidesen aproveitar as roturas das liñas inimigas. A rápida carreira de Patton cara a Lorena demostrou o seu aprecio polas vantaxes tecnolóxicas do Exército dos Estados Unidos, principalmente na mobilidade e na superioridade aérea. O exército estadounidense contaba con máis camións, tanques máis fiables e mellores comunicacións de radio, o que contribuíu á súa superior capacidade para operar a un ritmo ofensivo elevado.[142]

Campaña de Lorena

A ofensiva de Patton detívose o 31 de agosto de 1944, cando o 3º Exército quedou sen combustible preto do río Mosela, na periferia de Metz.[143] Patton esperaba que o comandante do teatro de guerra mantería o fluxo de combustible e das subministracións para apoiar os avances con éxito, pero Eisenhower favoreceu unha estratexia de "fronte ampla" para o esforzo de guerra en terra, crendo que un único empuxe provocaría unha perda da protección dos flancos, e perdería rapidamente o seu empuxe. Considerando as restricións do esforzo de guerra global, Eisenhower deulle a Montgomery e ó seu 21º Grupo do Exército unha maior prioridade na subministración de recursos para a Operación Market Garden.[144] Patton vía que as súas forzas estaban moi preto da Liña Sigfrido e díxolle a Bradley que cuns 400 000 galóns (1 500 000 litros) de gasolina podería estar en Alemaña en dous días.[145] A finais de setembro un gran contraataque de Panzers alemáns foi enviado especificamente para deter o avance do 3º Exército de Patton, pero foi derrotado pola 4ª División Blindada dos Estados Unidos na batalla de Arracourt. Malia a vitoria conseguida nesta batalla, o 3º Exército mantívose onde estaba por mor da orde de Eisenhower, e os comandantes alemáns pola súa parte consideraron que a contraofensiva tivera éxito ó conseguir deter o avance de Patton.[146]

A inmobilización do 3º Exército durante o mes de setembro foi suficiente como para permitir que os alemáns conseguisen reforzar as fortificacións de Metz. En outubro e novembro o 3º Exército atopouse nunha situación de táboas cos alemáns durante a batalla de Metz, cun gran número de baixas en ambos os bandos. Patton tentou capturar Fort Dirant ó sur de Metz, pero foi derrotado. Malia as dificultades, cara a mediados de novembro, os estadounidenses conseguiron asegurar a cidade de Metz.[147] As decisións tomadas por Patton á hora de tomar esta cidade foron criticadas. Varios comandantes alemáns entrevistados trala guerra indicaron que Patton podería ter evitado a cidade e terse desprazado cara ó norte ata Luxemburgo, illando así o 7º Exército Alemán.[148] O comandante alemán de Metz, o xeneral Hermann Balck, declarou tamén que un ataque máis directo tería resultado nunha vitoria aliada máis decisiva na cidade. O historiador Carlo D'Este escribiu tempo despois que a Campaña de Lorena foi unha das que menos éxito tivo para Patton, indicando que fora culpa súa non despregar as súas divisións de forma máis agresiva e decisiva.[149] Por mor da falta de subministración e pola prioridade que Montgomery estaba a recibir ata que os aliados puidesen contar co porto de Antwerp, Patton sentiuse frustrado pola falta de progreso das súas forzas. Dende o 8 de novembro ata o 15 de decembro, o seu exército non foi capaz de avanzar máis duns 65 km.[150]

Batalla das Ardenas

Artigo principal: Batalla das Ardenas (1944).
Bradley, Eisenhower e Patton trala liberación de Bastogne a comezos de 1945

En decembro de 1944, o exército alemán baixo o mando do mariscal de campo Gerd von Rundstedt lanzou unha última ofensiva a través de Bélxica, Luxemburgo e o nordeste de Francia. O 16 de decembro, concentrou 29 divisións cun total de 250 000 homes nun punto débil das liñas aliadas, e durante as primeiras fases da consecuente batalla das Ardenas, conseguiu un avance significativo cara ó río Meuse durante o peor inverno que tivera Europa en anos. Eisenhower organizou unha reunión de tódolos comandantes en xefe aliados da fronte occidental nun cuartel xeral preto de Verdún a mañá do 19 de decembro, para planear unha estratexia e unha resposta a este asalto alemán.[151]

Naquel momento o 3º Exército estaba ocupado en combate preto de Saarbrücken. Supoñendo a intención da reunión, Patton ordenou ó seu equipo que preparase tres ordes de continxencia por separado para retirar os elementos do 3º Exército da súa posición naquel momento e comezar operacións ofensivas cara a varios obxectivos na zona das Ardenas ocupada polas forzas alemás.[152] Eisenhower liderou a reunión, á que asistiron Patton, Bradley, o xeneral Jacob Devers, o xeneral maior Kenneth Strong, o comandante supremo adxunto e mariscal en xefe do aire Arthur Tedder, e varios outros oficiais.[153] Cando Eisenhower lle preguntou a Patton canto tardaría en retirar seis divisións do seu 3º Exército para comezar o contraataque ó norte e relevar a 101ª División Aerotransportadas dos Estados Unidos, atrapada en Bastogne, Patton respondeu: "Tan cedo como remates aquí comigo".[154] Patton explicou que xa tiña preparada unha orde operativa para un contraataque por parte de tres divisións ó completo para o 21 de decembro, tan só 48 horas despois da reunión.[154] Eisenhower amosouse incrédulo ante isto, e dixo: "Non sexas fatuo, George. Se tentas ir tan cedo non terás as tres divisións preparadas e acabarás en anacos". Patton respondeulle que o seu equipo xa tiña as ordes de continxencia preparadas. Aínda non convencido, Eisenhower ordenoulle a Patton que atacase durante a mañá do 22 de decembro, empregando polo menos tres divisións.[155]

Patton saíu da sala da conferencia, chamou o seu oficial de mando e pronunciou dúas palabras: "Play ball" ("A xogar"). Esta frase en código iniciou unha orde operativa predefinida para os oficiais de Patton, mobilizando tres divisións —a 4ª División Blindada, a 80ª División de Infantería e a 26ª División de Infantería— dende onde se atopaba o 3º Exército desprazándoas cara ó norte ata Bastogne.[152] En total Patton reposicionou seis divisións ó completo, o 3º Corpo e o 12º Corpo, dende as súas posicións da fronte do Río Saar ata unha liña que ía dende Bastogne ata Diekirch e Echternach.[156] Nuns poucos días, máis de 133 000 vehículos do 3º Exército foron redirixidos cara á nova ofensiva cubrindo unha distancia media de máis de 18 km por vehículo, seguidos dos equipos de subministración cun total dunhas 62 000 toneladas.[157]

O 21 de decembro Patton reuniuse con Bradley para revisar o próximo avance, dicíndolle ó comezo da reunión: "Brad, desta vez os cabezas cadradas meteron a cabeza na trituradora, e eu teño a manivela agarrada".[152] Durante a reunión Patton indicou que o seu 3º Exército debería atacar cara a Koblenz, cortando o terreo recuperado polos alemáns pola base e atrapando así o exército alemán involucrado na ofensiva. Tras unha breve consideración, Bradley vetou esta proposta, indicando que a preocupación principal era a liberación de Bastogne antes de que fose invadida.[155] O 26 de decembro, as primeiras unidades da 4ª División Blindada do 3º Exército chegaron a Bastogne, abrindo unha corredoira para a liberación e resubministración das forzas alí asediadas. A habilidade de Patton para retirar seis divisións da liña da fronte de combate no medio do inverno para entón dirixilas cara ó norte e liberar Bastogne foi un dos seus logros máis remarcados da guerra.[158] Posteriormente escribiría que a liberación de Bastogne fora "a operación máis brillante que fixemos ata o de agora, e na miña opinión a fazaña máis destacada da guerra. Esta é a miña maior batalla".[157]

Avance cara a Alemaña

O 23 de febreiro de 1945 a 94ª División de Infantería dos Estados Unidos cruzou o río Saar e estableceu unha cabeza de ponte en Serrig dende a que Patton dirixiu unidades cara a Saarland. Patton insistira en cruzar canto antes o río Saar en contra do consello dos seus oficiais, e algúns historiadores como Charles Whiting criticaron esta estratexia por ser demasiado agresiva sen necesidade.[159]

De novo nesta ocasión Patton viu como outras unidades recibían máis prioridade á hora de recibir gasolina e subministración.[160] Para obter máis recursos, algunhas unidades de artillería do 3º Exército fixéronse pasar por persoal do 1º Exército, e nunha ocasión conseguiron facerse desta forma con miles de galóns de gasolina que ían ser destinados ó 1º Exército.[161] Entre o 29 de xaneiro e o 22 de marzo o 3º Exército tomou Trier, Coblenz, Bingen, Worms, Mainz, Kaiserslautern e Ludwigshafen, segundo o reconto do propio Patton matando ou ferindo 99 000 soldados alemáns e capturando outros 140 112, virtualmente o que restaba do 1º e do 7º Exércitos Alemáns.[162][163] Patton recibira ordes de evitar Trier, xa que segundo o alto mando serían necesarias catro divisións para capturar a cidade. Cando estas ordes lle chegaron a Patton, Trier xa fora tomada, e envioulles unha mensaxe de volta ó mando dicindo: "Tomei Trier con dúas divisións. Queredes que a devolva?"[164] O 3º Exército comezou a cruzar o río Rin o 22 de marzo tras construír unha ponte nel, e esa mesma noite conseguiu cruzar unha división enteira.[165] Patton vangloriouse posteriormente de ter ouriñado no río mentres cruzaba.[166]

Eisenhower, Bradley e Patton inspeccionando unha pira no campo de concentración de Ohrdruf o 12 de abril de 1945

O 26 de marzo de 1945 Patton enviou a Forza Especial Baum, formada por 314 homes, 16 tanques e varios outros vehículos, a uns 80 km tralas liñas inimigas para liberar un campo de prisioneiros de guerra, OFLAG XIII-B, preto de Hammelburg. Patton sabía que un dos prisioneiros que se atopaban alí era o seu xenro o tenente coronel John K. Waters. A incursión foi un fracaso, e só 35 homes conseguiron regresar, o resto deles pereceron ou foron capturados, perdendo tamén tódolos vehículos asignados. Patton cualificou este intento de liberar Oflag XIII-B como o único erro que cometera durante a Segunda Guerra Mundial.[167] Cando Eisenhower soubo desta misión secreta púxose furioso,[168] e Patton afirmaría posteriormente que a decisión correcta debera ser enviar un comando de combate, unha forza unhas tres veces maior cá forza especial asignada á misión.[167]

Chegado abril a resistencia atopada polo 3º Exército foi diminuíndo, e o principal esforzo tornouse cara ó manexo dos aproximadamente 400 000 prisioneiros de guerra alemáns que levaban capturados.[168] O 14 de abril de 1945 Patton foi ascendido a xeneral, unha promoción que Stimson levaba tempo propoñendo como recoñecemento ós éxitos conseguidos por Patton durante o ano 1944.[169] Ese mesmo mes Patton, Bradley e Eisenhower visitaron a mina de sal de Merkers e o campo de concentración de Ohrdruf.[170][171] Ó ver de primeira man as condicións do campo de concentración, Patton amosou a súa repulsa.[172] O 3º Exército recibiu ordes de avanzar cara a Bavaria e Checoslovaquia, anticipando que os nazis presentarían alí a súa última resistencia. Non recibiu ben a nova de que o Exército Vermello sería o primeiro en tomar Berlín, e crendo que a Unión Soviética era unha ameaza para os Estados Unidos, o exército de Patton seguiu avanzando en dirección a Pilsen, pero recibiu a orde de Eisenhower de deterse antes de chegar a Praga pouco antes do 8 de maio.[173]

No seu avance dende o Rin ata o Elba, o 3º Exército de Patton, contando con entre 250 000 e 300 000 homes, capturou uns 84 860 km2 de territorio alemán. Sufriu unhas perdas de 2 102 homes mortos, 7 954 feridos e 1 591 desaparecidos, mentres que as forzas alemás que loitaron contra o 3º Exército chegaron ós 20 100 mortos, 47 700 feridos e 653 140 capturados.[174] Entre o 1 de agosto de 1944, cando se tornou operativo, e o fin das hostilidades o 9 de maio de 1945, o 3º Exército estivo en combate durante 281 días de forma continuada. Nese tempo cruzou 24 ríos principais e capturou un total duns 211 000 km2 de territorio, incluíndo máis de 12 000 cidades e vilas. Segundo os informes do propio 3º Exército, provocaran unhas baixas de 1 811 388 soldados alemáns mortos, feridos ou capturados.[174] Segundo a revisión do autor Robert Fuller, entre o 1 de agosto de 1944 e o 9 de maio de 1945 o 3º Exército causou un número de baixas de 47 500 inimigos mortos, 115 700 feridos e 1 280 688 capturados, sumando un total de 1 443 888 baixas causadas.[175]

Posguerra

Tralo fin da Segunda Guerra Mundial Patton expresou de forma aberta un sentimento de antisemitismo e un desprezo cara ós xudeus que se atopaban nos campos de concentración, chamados trala guerra campos de persoas desprazadas.[176] Segundo varios recontos, Patton escribiu no seu diario que a xente cría que "as Persoas Desprazadas son seres humanos, cousa que non son, e isto aplícase particularmente ós xudeus que son menos que animais".[176][177]

Patton nun desfile o 9 de xuño de 1945 en Los Angeles

Patton pediu que lle asignase un mando no Teatro de operacións do Pacífico, rogándolle a Marshall que o enviase a esa guerra como fose posible, e Marshall indicoulle que só podería facelo se os chineses conseguían asegurar un porto maior para a súa entrada, un escenario que dificilmente tería lugar.[173] A mediados de maio Patton voou ata París e de alí ata Londres. O 7 de xuño chegou a Bedford, Massachusetts nun permiso estendido para estar coa súa familia, e foi recibido por milleiros de espectadores. Patton viaxou entón ata Hatch Memorial Shell e deu un discurso perante unhas 20 000 persoas, incluíndo uns 400 veteranos feridos do 3º Exército. Neste discurso provocou certa controversia cando afirmou que "un home que morre en batalla é habitualmente un parvo".[178] Pasou un tempo en Boston antes de visitar Denver e dar outro discurso alí, para posteriormente viaxar a Los Angeles, onde deu un discurso perante uns 100 000 espectadores no Memorial Coliseum. Realizou unha última parada en Washington antes de volver a Europa en xullo para servir nas forzas de ocupación.[179]

Patton foi designado gobernador militar de Bavaria, onde liderou o 3º Exército nas tarefas de desnazificación.[179] Cando recibiu a nova de que a guerra no Pacífico contra o Xapón chegara ó seu fin, escribiu no seu diario: "Outra guerra que remata, e con ela a miña utilidade para o mundo".[179] Descontento coa súa posición e deprimido ó crer que nunca loitaría de novo noutra guerra, o seu comportamento e as súas afirmacións tornáronse cada vez máis erráticas. Existen varias teorías sobre o seu comportamento a partir deste momento. Carlo D'Este indicou que "semella virtualmente inevitable que Patton experimentase algún tipo de dano cerebral por mor de demasiadas lesións na cabeza", lesións debidas a diversos accidentes ó longo da súa vida, o máis grave o que sufriu en 1936 mentres xogaba ó polo.[117]

A sobriña de Patton, Jean Gordon, volveu aparecer na súa vida neste punto. Pasaron un tempo xuntos en Londres no ano 1944, e de novo en Bavaria en 1945.[180] Patton adoitaba facer alarde dos seus éxitos sexuais con ela, pero os biógrafos de Patton amosáronse escépticos ó respecto. Segundo Hirshson a relación era casual,[181] e Showalter indicou que Patton, baixo un severo estrés físico e psicolóxico, inventaba as historias de conquistas sexuais para demostrar a súa virilidade.[182] D'Este concorda nisto, indicando que "o seu comportamento suxire que tanto en 1936 [en Hawai] e 1944-45, a presenza da xove e atractiva Jean foi un medio para aliviar as ansiedades dun home de mediana idade atribulado pola súa virilidade e polo medo ó envellecemento".[183]

Patton suscitou tamén controversia como gobernador militar cando se fixo público que varios antigos membros do Partido Nazi continuaban mantendo postos políticos na súa rexión.[179] Nas respostas ós medios sobre este tema, Patton comparou repetidamente os nazis ós demócratas e republicanos indicando que a maioría da xente con experiencia na dirección de infraestruturas foran atraídas a unírense ó partido durante a guerra. Estas declaracións causaron un aumento de prensa negativa e enfureceron a Eisenhower.[184][185] O 28 de setembro de 1945, tras unha acalorada discusión con Eisenhower polas súas declaracións, Patton foi relevado da súa posición como gobernador militar. O 7 de outubro dese mesmo ano foi relevado como comandante do 3º Exército, afirmando no seu discurso de despedida: "Tódalas cousas boas deben chegar ó seu fin. O mellor que nunca me pasou ata hoxe foi a honra e privilexio de ter comandado o 3º Exército".[184]

O último destino militar de Patton sería o de comandar o 15º Exército dos Estados Unidos, con base en Bad Nauheim. O 15º Exército naquel momento consistía só dun pequeno grupo de persoal de cuartel xeral coa tarefa de recompilar a historia da guerra en Europa. Patton aceptara este posto por mor da súa afección á historia, pero perdeu rapidamente o interese neste deber. Realizou varias viaxes, visitando París, Rennes, Chartres, Bruxelas, Metz, Reims, Luxemburgo e Verdún.[184] Tomou a decisión de deixar o mando do 15º Exército e non retornar a Europa en canto saíse o 10 de decembro cara ós Estados Unidos para o permiso de Nadal. Tiña a intención de debater coa súa esposa se debería continuar no exército nalgún posto dentro do país ou se debía retirarse.[186]

Accidente e morte

Estado do coche no que viaxaba Patton tralo accidente

O 8 de decembro de 1945, o xefe de persoal de Patton, o xeneral maior Hobart Gay, invitouno a unha caza de faisáns preto de Speyer para levantarlle o ánimo. As 11:45 do 9 de decembro, Patton e Gay ían no Cadillac Modelo 75 de 1938 de Patton conducido polo soldado de primeira Horace L. Woodring, cando se detiveron nun cruzamento da vía do tren en Mannheim-Käfertal para deixar pasar o tren. Patton, ó ver varios coches abandonados ó bordo da estrada, dixo ó aproximarse á vía do tren: "Que horrible é a guerra. Pensa en todo o que se desperdicia". Woodring apartou a vista da estrada cando un camión GMC de dúas toneladas e media conducido polo sarxento Robert L. Thompson, que ía de camiño ó deposito do contramestre, fixo un brusco xiro á esquerda xusto diante do coche. Woodring pisou o freo con forza e fixo un xiro agudo cara á esquerda, colidindo co camión a baixa velocidade.[186]

Woodring, Thompson e Gay só sufriron feridas leves no accidente, pero Patton non foi capaz de protexerse a tempo e golpeou a cabeza na división de cristal do asento traseiro do coche. Comezou a sangrar pola fenda que tiña na cabeza e queixouse de que estaba paralizado e que lle custaba respirar. Foi levado a un hospital en Heidelberg, onde lle descubriron unha fractura de compresión e dislocación da terceira e cuarta vértebras cervicais, resultando nunha rotura do pescozo e nunha lesión da medula espiñal que o deixou paralizado dende o pescozo cara abaixo. Pasou gran parte dos seguintes 12 días en tracción espiñal para diminuír a presión espiñal. Non se permitiron visitantes non médicos, agás a súa muller que voara dende os Estados Unidos. Patton, a quen os médicos lle dixeron que non tiña ningunha posibilidade de volver montar a cabalo ou seguir cunha vida normal, chegou a comentar: "Esta é unha maneira infernal de morrer". Faleceu mentres durmía a causa dun edema pulmonar e unha insuficiencia cardíaca conxestiva ó redor das 18:00 do 21 de decembro de 1945.[187] Patton foi soterrado no Luxembourg American Cemetery and Memorial en Hamm, na Cidade de Luxemburgo, xunto a outros membros do 3º Exército finados durante a guerra, seguindo a súa petición de "ser soterrado cos seus homes".[188]

Legado

A extravagante personalidade de Patton, o seu enérxico estilo de liderado e o seu éxito como comandante, combinados cos seus frecuentes tropezos políticos, produciron unha imaxe mixta e frecuentemente contraditoria del. As súas capacidades como orador considéranse integrais para a capacidade que tiña para inspirar as tropas baixo o seu mando.[189] O historiador Terry Brighton concluíu que Patton era "arrogante, publicitario e persoalmente imperfecto, pero ... estivo entre os maiores xenerais da guerra."[190] Emporiso, o seu impacto na guerra blindada e no liderado militar foi substancial, e o Exército dos Estados Unidos adoptou moitas das súas agresivas estratexias para os seus programas de adestramento trala súa morte. Moitos oficiais militares declararon terse inspirado no seu legado, e o primeiro carro de combate blindado deseñado trala guerra foi denominado como moelo M46 Patton.[191]

Dende o seu primeiro día como comandante puxo unha grande énfase na necesidade de manter as forzas blindadas en contacto constante coas forzas inimigas. A súa preferencia polos movementos ofensivos quedou tipificada nunha resposta a un correspondente de guerra durante unha conferencia en 1944. Respondendo unha pregunta sobre se a rápida ofensiva a través de Francia do 3º Exército debería frearse para reducir o número de baixas estadounidenses, respondeu: "Cando freas algo, malgastas vidas humanas".[192] Foi tamén sobre esta época cando un reporteiro, tras escoitar un discurso no que Patton afirmaba que facía falla "sangue e cerebro" ("blood and brains") para gañar no combate, comezou a chamarlle "Blood and Guts" ("sangue e coraxe"), alcume que lle acompañaría durante o resto da súa vida.[193][194] Os soldados baixo o seu mando adoitaban facer brincadeiras con isto, dicindo "a nosa sangue, o seu coraxe" ("our blood, his guts"). Así a todo, os homes baixo o seu mando tíñanlle unha grande admiración,[195] e adoitaban referirse a el simplemente como "The Old Man" ("O Vello").[196]

Foi representado por varios actores no cine, o máis notable deles George C. Scott no filme de 1970 Patton. A icónica representación de Scott, en particular do famoso discurso ó 3º Exército, valeulle para gañar un Premio Oscar, e considérase fundamental na introdución de Patton na cultura popular como un heroe nacional estadounidense.[197] Scott volvería representar este papel no filme para a televisión de 1986 titulado The Last Days of Patton.[198] Outros actores que representaron a Patton no cine inclúen, entre outros, a Stephen McNally no episodio de 1957 da serie da ABC Crossroads titulado "The Patton Prayer", John Larch no filme de 1963 Miracle of the White Stallions, Kirk Douglas en Paris brûle-t-il? do ano 1966, George Kennedy no filme de 1978 titulado Brass Target, Mitchell Ryan en Double Exposure: The Story of Margaret Bourke-White de 1989, Edward Asner no filme de 1997 titulado The Long Way Home, Gerald McRaney na miniserie de 2004 Ike: Countdown to D-Day, e Kelsey Grammer no filme de 2008 An American Carol.[198]

Imaxe

Patton en 1943 en Sicilia

Patton cultivou de forma deliberada unha imaxe ostentosa e distintiva considerando que así inspiraría as súas tropas. Levaba consigo un revólver Colt Single Action Army do calibre .45 prateado cunha empuñadura de marfil gravada, na cadeira dereita, e habitualmente levaba tamén un Smith & Wesson Modelo 27 do calibre .357 cunha empuñadura de marfil na súa cadeira esquerda.[38][199] Adoitaba levar un casco moi pulido, pantalóns de montar e botas altas de cabalería.[200] Así mesmo, poñía unha expresión seria que el mesmo chamaba a súa "cara de guerra".[194] Adoitaba supervisar as manobras de adestramento subido a un tanque pintado de vermello, branco e azul, e o seu jeep levaba uns grandes indicadores de rango diante e atrás. Patton propuxo un novo uniforme para os emerxentes Corpos de Tanques, que incluía botóns pulidos, un casco dourado e traxes grosos e escuros. Os medios ridiculizaron esta proposta denominándoa "A avéspora verde", e o Exército rexeitouna.[87]

O historiador Alan Axelrod escribiu que "para Patton, o liderado non consistía simplemente en facer plans e dar ordes, consistía en transformarse un mesmo nun símbolo".[90] Patton expresou de forma intencionada un desexo evidente de gloria, algo atípico nos corpos de oficiais da época, algo que reforzaba mesturándose coas tropas no campo de batalla. Era admirador do almirante Horatio Nelson polas súas accións liderando a batalla de Trafalgar nun uniforme de gala completo.[90] A valentía das tropas supoñía unha preocupación para Patton,[9] levando as súas insignias de rango de forma notable durante o combate. Nunha ocasión durante a Primeira Guerra Mundial avanzou subido na parte superior dun tanque cara a unha vila controlada polos alemáns, procurando inspirar os homes baixo o seu mando.[65] Era un fatalista devoto,[201] e cría na reencarnación, chegando a afirmar que nunha vida pasada podería ter sido un líder militar do exército de Napoleón falecido en combate, ou un lexionario romano.[8][202] En marzo de 1944 adquiriu un can de raza Bull terrier, ó que chamou "Willie" por Guillerme I de Inglaterra e que o acompañaba en tódalas súas viaxes.[203][204]

Desenvolveu unha grande habilidade para dar discursos carismáticos, en parte polas súas dificultades coa lectura.[78] Usaba palabras malsoantes nos seus discursos, o que habitualmente resultaba ofensivo para outros xenerais, incluíndo Bradley, pero que encaixaba ben entre as tropas.[205] Os máis famosos foron unha serie de discursos perante o 3º Exército antes da Operación Overlord.[206] Cando falaba facíao con franqueza e ocorrencia. Nunha ocasión dixo: "As dúas armas máis perigosas que teñen os alemáns son os nosos propios semi-eirugas e jeeps. Os semi-eirugas porque os rapaces neles póñense en plan heroico, pensando que van nun tanque. Os jeeps porque temos demasiados condutores espantosos".[207] Durante a batalla das Ardenas afirmou que os Aliados deberían "deixar que os fillos de puta [alemáns] vaian todo o camiño ata París, entón cortariámolos e arrodeariámolos".[207] Tamén chegou a facer unha broma dicindo que o seu 3º Exército sería capaz de "facer retroceder os británicos cara ó mar para outro Dunquerque".[207]

O Smith & Wesson Modelo 27 do calibre .357 de Patton

Segundo foi medrando o interese dos medios por Patton, a súa franqueza provocou controversias. Comezando en África do Norte, varios reporteiros informaron que estaba a achegarse demasiado a antigos oficiais da Francia de Vichy simpatizantes do Eixe.[208] A súa imaxe pública resultou máis danada cando se fixo público os dous incidentes das labazadas ós seus soldados.[209] Nunha visita ós Estados Unidos trala guerra saltou de novo ós titulares da prensa cando nun discurso tentou honrar os veteranos de guerra feridos chamándoos "os verdadeiros heroes", ofendendo desta forma sen intención as familias dos soldados que faleceran en combate.[179] O seu último escándalo nos medios tivo lugar en setembro de 1945, cando acosado por varios reporteiros declarou que "a desnazificación sería como eliminar tódolos republicanos e os demócratas que teñen un cargo, que tiveron un cargo público ou que foran case demócratas ou republicanos, e iso levaría un tempo". Isto provocou que Eisenhower destituíse a Patton do mando do 3º Exército.[210]

Como líder era coñecido por ser moi crítico, corrixindo os seus subordinados sen piedade pola menor das infraccións, pero tamén era rápido para loar os seus logros.[87] Malia ter unha reputación como xeneral impaciente e impulsivo, con pouca tolerancia ós oficiais que non conseguían éxitos, só destituíu un xeneral durante a Segunda Guerra Mundial, Orlando Ward, e fíxoo tras dúas advertencias.[211] Considerábase que Patton tiña un gran respecto polos homes servindo baixo o seu mando, en particular os feridos en combate.[212] Moitas das súas directivas tiñan unha consideración especial no coidade dos homes baixo o seu mando, e adoitaba conseguir subministracións adicionais para os soldados do campo de batalla, incluíndo mantas, calcetíns, botas e outros obxectos habitualmente escasos na fronte de guerra.[213]

A súa visión da raza foi complicada e habitualmente negativa, probablemente pola súa orixe e raíces familiares no sur de Estados Unidos.[214] Sobre os soldados de raza negra escribiu: "Individualmente eran bos soldados, pero comentei a miña crenza naquel entón, e nunca vin necesario cambiala, de que un soldado de cor non pode pensar suficientemente rápido para loitar nun blindado".[215] Non obstante, tamén declarou que os feitos eran máis importantes para el que a raza ou a afiliación relixiosa: "Impórtame un carallo quen é o home. Pode ser un negrata ou un xudeu, pero se ten o que hai que ter e cumpre o seu deber, pode quedar con todo o que teño".[216] O historiador Hugh Cole destacou que Patton foi o primeiro en integrar soldados brancos e negros nas compañías de fusileiros.[217] Nun discurso perante o 761º Batallón de Tanques declarou:

"Homes, sodes os primeiros soldados de tanques negros en loitar no Exército Americano. Non vos tería solicitado se non fósedes bos. Eu só teño o mellor no meu exército. Non me importa de que cor sexades, mentres que vaiades aló arriba e matedes eses fillos de puta de cabezas cadradas! Todo o mundo ten a mirada posta en vós e espera grandes cousas de vós. Por riba de todo, a vosa raza está expectante por vós. Non os decepcionedes e, malditos sexades, non me decepcionedes a min!".
Tradución do orixinal[217]

Con respecto ós soviéticos, Patton declarou estar impresionado coa Unión Soviética, pero menosprezaba os rusos tachándoos de "borrachos sen consideración pola vida humana".[218] Nos últimos anos da súa vida comezou tamén a expresar sentimentos de antisemitismo e anticomunismo, como resultado das súas habituais controversias coa prensa.[184]

Visión doutros líderes Aliados e do Eixe

O 1 de febreiro de 1945 Eisenhower escribiu unha nota clasificando as capacidades militares dos seus xenerais subordinados en Europa. Bradley e o xeneral das Forzas Aéreas do Exército Carl Spaatz compartiron a primeira posición, mentres que Walter Bedell Smith estaba na segunda, e Patton na terceira.[219] Eisenhower explicou o seu razoamento nunha revisión do libro Patton and his Third Army de 1946: "George Patton foi o comandante máis brillante dun exército en campo aberto de calquera que outro servizo producira. Pero o seu exército era parte dunha organización conxunta e as súas operacións parte dunha gran campaña".[220] Eisenhower consideraba que outros xenerais como Bradley debían recibir o crédito de planear con éxito as campañas Aliadas en Europa, das que Patton era soamente un "executor brillante".[220]

Patton, Bradley e Montgomery en Normandía o 7 de xullo de 1944

Á marxe da estima que Eisenhower tiña das capacidades de realizar plans estratéxicos de Patton, a visión xeral do que tiña do seu valor militar para acadar a vitoria Aliada en Europa quedou patente no rexeitamento de Eisenhower de tan sequera considerar enviar a Patton de volta ós Estados Unidos tralos incidentes das labazadas ós soldados en 1943, tralos que declarou en privado: "Patton é indispensable para o esforzo de guerra —un dos garantes da nosa vitoria".[221] Trala morte de Patton, Eisenhower escribiu o seu propio tributo: "Foi un deses homes nados para ser soldado, un líder idóneo para o combate ... Non esaxero ó dicir que o nome de Patton metía o medo no corpo do inimigo".[220]

Carlo D'Este insistiu en que Bradley non simpatizaba con Patton tanto persoalmente como profesionalmente,[222][219] pero o biógrafo de Bradley Jim DeFelice indicou que as probas indican o contrario.[223] O presidente Franklin D. Roosevelt tiña unha grande estima aparente por Patton e as súas capacidades, afirmando del que era "un dos nosos mellores xenerais".[224] Por outra banda, o sucesor de Roosevelt, Harry S. Truman, presentou unha antipatía aparente cara a Patton, chegando a comparalo tanto a el como a Douglas MacArthur con George Armstrong Custer.[224]

Na súa maioría, os comandantes británicos non tiñan gran consideración por Patton. O mariscal de campo Alan Brooke escribiu en xaneiro de 1943:

"Tiña oído falar del, pero debo confesar que a súa brava personalidade excedeu as miñas expectacións. Non me formei unha grande opinión del, nin tiven motivos para alterar esta visión en datas posteriores. Un líder galanteador, valente, bravo e pouco balanceado, bo para operacións que requiren impulso e empuxe pero sen saber que facer en calquera operación que requira talento e xuízo."
Tradución do orixinal[225]

Unha posible excepción foi o mariscal de campo Bernard Montgomery. Malia que a súa rivalidade con Patton foi ben coñecida, Montgomery aparentemente admiraba a capacidade de Patton para comandar as tropas no campo de batalla, mais non o seu xuízo estratéxico.[226] Outros comandantes aliados amosáronse máis impresionados con Patton. O xeneral da Francia Libre Henri Giraud quedou incrédulo cando se decatou de que Eisenhower destituíra a Patton a finais de 1945, e invitouno a París para recibir a condecoración por parte do presidente Charles de Gaulle nun banquete de estado. O presidente de Gaulle deu un discurso no que comparou os logros de Patton ós de Napoleón.[227] O líder soviético Iosif Stalin tamén tiña unha boa consideración por Patton, afirmando que o Exército Vermello non podería ter planeado ou executado un avance blindado tan rápido a través de Francia.[228]

Mentres que as opinións dos líderes aliados sobre as capacidades de Patton eran mixtas, o Alto Mando Alemán expresou un maior respecto por el.[129] Adolf Hitler chegou a chamarlle "ese tolo xeneral vaqueiro".[229] Erwin Rommel acreditouno pola execución do "logro máis asombroso na guerra mecanizada".[230] Alfred Jodl, xefe de persoal do Exército Alemán, afirmou que Patton "era o Guderian americano. Era moi valente e prefería os grandes movementos. Correu grandes riscos e acadou grandes éxitos."[229] Albert Kesselring declarou que "Patton desenvolveu a guerra blindada ata o punto da arte, e comprendeu como manexar os tanques no campo de batalla de forma brillante", comparando as súas capacidades neste aspecto coas de Rommel.[229] O mariscal de campo Gerd von Rundstedt, nunha entrevista para o diario Stars and Stripes xusto despois da súa captura, dixo soamente de Patton: "É o mellor que tedes".[231]

Galería de imaxes

Notas

  1. Patton consideraba o seu fillo como o cuarto en levar o nome familiar, tras George Hugh Smith, George Smith Patton Sr. e el mesmo.[12]
  2. O amigo de Patton, Gilbert R. Cook era o seu comandante adxunto. Patton tivo que relevalo posteriormente do seu posto por mor dunha enfermidade, unha decisión que lle "afectou profundamente".[133]
Referencias

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 1,2 Axelrod 2006, p. 13.
  2. Army Times Publishing Company (1967). Warrior; the story of General George S. Patton. Putnam. p. 15. 
  3. Keane, Michael (2014). George S. Patton: Blood, Guts, and Prayer. Regnery Publishing. p. 84. ISBN 9781621572985. 
  4. Randall & Nahra 2014, pp. 3-4.
  5. Jordan, Jonathan W. (2011). Brothers, Rivals, Victors: Eisenhower, Patton, Bradley and the Partnership that Drove the Allied Conquest in Europe. Penguin. p. 252. ISBN 9781101475249. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Rice, Earle (2009). George S. Patton. Infobase Publishing. p. 23. ISBN 9781438103280. 
  7. Zaloga 2010, p. 6.
  8. 8,0 8,1 8,2 Axelrod 2006, pp. 11–12.
  9. 9,0 9,1 9,2 Axelrod 2006, pp. 14–15.
  10. 10,0 10,1 Axelrod 2006, pp. 28–29.
  11. 11,0 11,1 Axelrod 2006, p. 35.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Axelrod 2006, pp. 65–66.
  13. Blumenson 1972, p. 92.
  14. Axelrod 2006, pp. 20.
  15. Zaloga 2010, p. 7.
  16. Axelrod 2006, pp. 21–23.
  17. Brighton 2009, p. 19.
  18. Axelrod 2006, p. 24.
  19. D'Este 1995, pp. 58, 131.
  20. Brighton 2009, p. 20.
  21. Axelrod 2006, pp. 26–27.
  22. Zaloga 2010, p. 8.
  23. Axelrod 2006, p. 30.
  24. 24,0 24,1 Blumenson 1972, pp. 231–234.
  25. D'Este 1995, pp. 132–133.
  26. D'Este 1995, p. 134.
  27. D'Este 1995, pp. 140–142.
  28. Axelrod 2006, pp. 31–32.
  29. D'Este 1995, p. 145.
  30. Brighton 2009, p. 21.
  31. Axelrod 2006, pp. 33–34.
  32. Patton, George S. (1914). Saber Exercise 1914. Washington, D.C.: Government Printing Office. pp. 1–66. ISBN 9781941656327. 
  33. Patton, George S. (1915). Diary of the Instructor as a Young Man. Fort Riley, Kansas: Mounted Service School Press. pp. 1–65. ISBN 9781941656334. 
  34. D'Este 1995, p. 153.
  35. D'Este 1995, p. 148.
  36. 36,0 36,1 Axelrod 2006, p. 36.
  37. D'Este 1995, pp. 158–159.
  38. 38,0 38,1 Zaloga 2010, p. 9.
  39. D'Este 1995, pp. 162–163.
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 Zaloga 2010, p. 10.
  41. D'Este 1995, p. 165.
  42. Brighton 2009, p. 31.
  43. Axelrod 2006, pp. 38–39.
  44. Axelrod 2006, p. 40.
  45. Axelrod 2006, pp. 41–42.
  46. D'Este 1995, pp. 172–175.
  47. 47,0 47,1 Randall & Nahra 2014.
  48. McClanahan, Brion (2012). The Politically Incorrect Guide to Real American Heroes. Regnery Publishing. p. 162. ISBN 9781596983205. 
  49. Brighton 2009, p. 32.
  50. Axelrod 2006, p. 43.
  51. 51,0 51,1 Axelrod 2006, p. 46.
  52. Axelrod 2006, p. 47.
  53. Axelrod 2006, pp. 47–48.
  54. 54,0 54,1 54,2 Von Hassell, Agostino; Breslin, Ed (2010). Patton: The Pursuit of Destiny. Thomas Nelson Inc. p. 59. ISBN 9781401604493. 
  55. 55,0 55,1 Axelrod 2006, p. 49.
  56. 56,0 56,1 Axelrod 2010, p. 228.
  57. D'Este 1995, pp. 204–208.
  58. Blumenson 1972, pp. 480–483.
  59. Blumenson 1972, pp. 552–553.
  60. Axelrod 2006, pp. 50–52.
  61. 61,0 61,1 Axelrod 2006, p. 53.
  62. Blumenson 1972, pp. 661–670.
  63. Brighton 2009, p. 38.
  64. 64,0 64,1 Blumenson 1972, pp. 706–708.
  65. 65,0 65,1 Axelrod 2006, pp. 54–55.
  66. Axelrod 2006, pp. 56–57.
  67. Brighton 2009, p. 40.
  68. Blumenson 1972, pp. 764–766.
  69. Blumenson, Martin (1998). The Patton Papers. Nova York: Da Capo Press. pp. 616–617. ISBN 978-0306808623. 
  70. Axelrod 2006, pp. 58–59.
  71. Axelrod 2006, p. 62.
  72. 72,0 72,1 Axelrod 2006, pp. 63–64.
  73. Brighton 2009, p. 46.
  74. Steele, Brett D. (2005). Military Reengineering Between the World Wars. Chicago: Rand Publishing. p. 18. ISBN 978-0-8330-3721-3. 
  75. "Veterans of Great War". Evening star (Washington D. C.). 17 de xullo de 1921. p. 20. ISSN 2331-9968. LCCN sn83045462. 
  76. Brighton 2009, p. 57.
  77. D'Este 1995, p. 335.
  78. 78,0 78,1 Axelrod 2006, pp. 67–68.
  79. Axelrod 2006, pp. 69–70.
  80. Brighton 2009, pp. 58–59.
  81. Allen, Thomas; Dickson, Paul (2006). The Bonus Army: An American Epic. Londres: Walker & Company. p. 194. ISBN 978-0-80277-738-6. 
  82. D'Este 1995, p. 361.
  83. 83,0 83,1 Axelrod 2006, pp. 71–72.
  84. Axelrod 2006, pp. 73–74.
  85. 85,0 85,1 Axelrod 2006, pp. 75–76.
  86. Brighton 2009, pp. 82–83.
  87. 87,0 87,1 87,2 87,3 Axelrod 2006, pp. 77–79.
  88. Brighton 2009, p. 85.
  89. Brighton 2009, p. 106.
  90. 90,0 90,1 90,2 Axelrod 2006, pp. 80–82.
  91. Axelrod 2006, p. 83.
  92. Axelrod 2006, pp. 84–85.
  93. Brighton 2009, pp. 117–119.
  94. Axelrod 2006, pp. 88–90.
  95. Axelrod 2006, pp. 91–93.
  96. Brighton 2009, pp. 165–166.
  97. 97,0 97,1 Edey, Maitland A. (1968). Time Capsule 1943. Littlehampton Book Services. pp. 60, 160–166. ISBN 978-0705402705. 
  98. Axelrod 2006, pp. 94.
  99. Blumenson, Martin (1985). Patton: The Man Behind the Legend. Nova York: William Morrow and Company. p. 182. ISBN 978-0-688-13795-3. 
  100. 100,0 100,1 Axelrod 2006, pp. 96–97.
  101. 101,0 101,1 Axelrod 2006, pp. 98–99.
  102. Brighton 2009, p. 188.
  103. Axelrod 2006, pp. 101–104.
  104. Brighton 2009, pp. 201–202.
  105. 105,0 105,1 Axelrod 2006, pp. 105–107.
  106. Axelrod 2006, pp. 108–109.
  107. Axelrod 2006, pp. 110–111.
  108. Brighton 2009, p. 215.
  109. 109,0 109,1 Atkinson 2007, p. 119.
  110. D'Este 1995, p. 466.
  111. 111,0 111,1 Blumenson 1974, p. 331.
  112. Axelrod 2006, p. 118.
  113. Axelrod 2006, p. 117.
  114. Blumenson 1974, p. 329.
  115. Blumenson 1974, p. 336.
  116. Blumenson 1974, p. 338.
  117. 117,0 117,1 D'Este 1995, pp. 535–536.
  118. Axelrod 2006, p. 120.
  119. Blumenson 1974, p. 379.
  120. Blumenson 1974, p. 377.
  121. D'Este 1995, p. 543.
  122. Axelrod 2006, p. 122.
  123. Blumenson 1974, p. 345.
  124. Axelrod 2006, p. 121.
  125. Blumenson 1974, p. 348.
  126. Blumenson 1974, p. 407.
  127. Axelrod 2006, p. 124.
  128. Blumenson 1974, p. 423.
  129. 129,0 129,1 129,2 Axelrod 2006, p. 127.
  130. Blumenson 1974, p. 409.
  131. Axelrod 2006, p. 128.
  132. 132,0 132,1 Axelrod 2006, p. 132.
  133. Essame, H. (1974). Patton: A Study in Command. Nova York: Scribner & Sons. p. 178. ISBN 978-0-684-13671-4. 
  134. Axelrod 2006, p. 135–136.
  135. Axelrod 2006, pp. 139–140.
  136. Axelrod 2006, p. 137.
  137. 137,0 137,1 Jarymowycz 2001, pp. 215–216.
  138. Jarymowycz 2001, pp. 212.
  139. Gooderson 1998, p. 44.
  140. Gooderson 1998, p. 85.
  141. Axelrod 2006, p. 138.
  142. Jarymowycz 2001, p. 217.
  143. Zaloga, Steven (2008). Armored Thunderbolt: The U.S. Army Sherman in World War II. Mechanicsburg, Pensilvania: Stackpole Books. pp. 184–193. ISBN 978-0-8117-0424-3. 
  144. Ambrose, Stephen E. (2007). Eisenhower: Soldier and President. Nova York: Simon & Schuster. pp. 162–164. ISBN 978-0-945707-39-4. 
  145. Axelrod 2006, p. 141.
  146. von Mellenthin, Frederich W. (2006). Panzer Battles: A Study of the Employment of Armor in the Second World War. Old Saybrook, Connecticut: Konecky & Konecky. pp. 381–382. ISBN 978-1-56852-578-5. 
  147. Axelrod 2006, p. 142.
  148. Hirshson 2003, p. 546.
  149. D'Este 1995, p. 669.
  150. Axelrod 2006, pp. 143–144.
  151. D'Este 1995, pp. 675–678.
  152. 152,0 152,1 152,2 McNeese 2003, p. 77.
  153. Blumenson 1974, p. 599.
  154. 154,0 154,1 McNeese 2003, p. 75.
  155. 155,0 155,1 Axelrod 2006, pp. 148–149.
  156. McNeese 2003, p. 78.
  157. 157,0 157,1 McNeese 2003, p. 79.
  158. Axelrod 2006, pp. 152–153.
  159. Le Tissier, Tony (2007). Patton's Pawns: The 94th US Infantry Division at the Siegfried Line. University of Alabama Press. pp. 147–155. ISBN 0-81731-557-8. 
  160. Axelrod 2006, p. 156.
  161. Rickard, John Nelson (2004). Patton at Bay: The Lorraine Campaign, September to December 1944. Brassey's Inc. p. 85. ISBN 1-57488-782-3. 
  162. Patton's Third Army: a daily combat diary 3. Hippocrene Books. 1994. p. 223. ISBN 9780781802390. 
  163. Grace, Timothy M.; 368th Fighter Group Association (2006). Second to none: the history of the 368th Fighter Group. p. 170. 
  164. Reagan, Geoffrey (1992). Military Anecdotes. Enfield, Middlesex: Guinness Publishing. p. 53. ISBN 0-85112-519-0. 
  165. Axelrod 2006, p. 157.
  166. Brighton 2009, p. 322.
  167. 167,0 167,1 Farago, Ladislas (2005). Patton: Ordeal and Triumph (New ed.). Westholme Publishing. p. 790. ISBN 9781594160110. OL 8875854M. 
  168. 168,0 168,1 Axelrod 2006, pp. 158–159.
  169. Blumenson 1974, p. 655.
  170. Hackett, David A. (1997). The Buchenwald Report. Westview Press. p. 192. ISBN 9780813333632. 
  171. Michalczyk, John J. (2014). Filming the End of the Holocaust: Allied Documentaries, Nuremberg and the Liberation of the Concentration Camps. Bloomsbury Publishing. p. 24. ISBN 9781472510860. 
  172. Axelrod 2010, p. 142.
  173. 173,0 173,1 Axelrod 2006, pp. 160–162.
  174. 174,0 174,1 Wallace 2000, pp. 194–195.
  175. Fuller, Robert P. (2004). Last shots for Patton's Third Army. Portland, Maine: NETR Press. p. 254. ISBN 0-9740519-0-X. 
  176. 176,0 176,1 Königseder, Angelika; Wetzel, Juliane (2001). Waiting for Hope: Jewish Displaced Persons in Post-World War II Germany. Northwestern University Press. pp. 26–27. ISBN 9780810114777. 
  177. Lichtblau, Eric (7 de febreiro de 2015). "Surviving the Nazis, Only to Be Jailed by America". The New York Times. Consultado o 9 de febreiro de 2015. 
  178. Blumenson 1974, p. 721.
  179. 179,0 179,1 179,2 179,3 179,4 Axelrod 2006, pp. 163–164.
  180. D'Este 1995, p. 744.
  181. Hirshson 2003, p. 535.
  182. Showalter, Dennis E. (2006). Patton And Rommel: Men of War in the Twentieth Century. Nova York: Berkley Books. pp. 412–13. ISBN 978-0-425-20663-8. 
  183. D'Este 1995, p. 743.
  184. 184,0 184,1 184,2 184,3 Axelrod 2006, pp. 165–166.
  185. Brighton 2009, p. 16.
  186. 186,0 186,1 Axelrod 2006, p. 167.
  187. Axelrod 2006, pp. 168–169.
  188. "Luxembourg American Cemetery and Memorial". American Battle Monuments Commission. Consultado o 6 de xaneiro de 2013. 
  189. Axelrod 2006, p. ix.
  190. Brighton 2009, p. xv.
  191. Axelrod 2006, p. viii.
  192. Blumenson 1974, p. 542.
  193. Axelrod 2010, p. 73.
  194. 194,0 194,1 Lovelace 2014, p. 110.
  195. Axelrod 2006, p. 2.
  196. Brighton 2009, p. 84.
  197. D'Este 1995, p. 1.
  198. 198,0 198,1 "George S. Patton". IMDb. Consultado o 6 de xaneiro de 2013. 
  199. Brighton 2009, p. xvi.
  200. D'Este 1995, p. 478.
  201. Axelrod 2006, p. 4.
  202. Brighton 2009, pp. 36–37.
  203. Larson, Leslie (30 November 2012). "Dogs of War: How canines helped FDR, Patton and Eisenhower win the Second World War". DayliMail. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2012. 
  204. "The tales of Fala, Willie and Telek". WND. 26 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2016. 
  205. D'Este 1995, p. 578.
  206. Axelrod 2006, pp. 130–131.
  207. 207,0 207,1 207,2 Evans, Colin (2001). Great feuds in history : ten of the liveliest disputes ever. Nova York: John Wiley and Sons. pp. 151–168. ISBN 0-471-38038-5. 
  208. Lovelace 2014, p. 111.
  209. Lovelace 2014, p. 113.
  210. Lovelace 2014, p. 117.
  211. D'Este 1995, pp. 467–468.
  212. Atkinson 2007, p. 147.
  213. Wallace 2000, p. 97.
  214. Brighton 2009, p. 18.
  215. Patton, George S. (1947). War as I Knew It. Houghton Mifflin Co. p. 60. ISBN 978-1-4193-2492-5. 
  216. Hirshson 2003, p. 864.
  217. 217,0 217,1 D'Este 1995, p. 726.
  218. D'Este 1995, p. 739.
  219. 219,0 219,1 D'Este, Carlo (2002). Eisenhower: A Soldier's Life. Henry Holt and Company. pp. 403–404, 801. ISBN 978-0-8050-5687-7. 
  220. 220,0 220,1 220,2 D'Este 1995, p. 818.
  221. D'Este 1995, p. 536.
  222. D'Este 1995, pp. 466–467.
  223. DeFelice, Jim (2011). Omar Bradley: General at War. Washington, DC: Regenery History. p. 402. ISBN 9781596981393. 
  224. 224,0 224,1 D'Este 1995, p. 755.
  225. D'Este 1995, p. 451.
  226. D'Este 1995, p. 549.
  227. Blumenson 1974, p. 801.
  228. Hirshson 2003, p. 562.
  229. 229,0 229,1 229,2 D'Este 1995, p. 815.
  230. Brighton 2009, p. xvii.
  231. Axelrod 2006, p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Atkinson, Rick (2007). The Day of Battle: The War in Sicily and Italy, 1943–1944. The Liberation Trilogy (en inglés) 2. Nova York: Henry Holt and Company. ISBN 9780805062892. 
  • Axelrod, Alan (2006). Patton: A Biography (en inglés). Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-4039-7139-5. 
  • Axelrod, Alan (2010). Patton's Drive: The Making of America’s Greatest General (en inglés). Rowman & Littlefield. ISBN 9780762767083. 
  • Blumenson, Martin (1972). The Patton Papers: 1885–1940 (en inglés). Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin. ISBN 9780395127063. 
  • Blumenson, Martin (1974). The Patton Papers: 1940–1945 (en inglés). Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin. ISBN 9780395184981. 
  • Brighton, Terry (2009). Patton, Montgomery, Rommel: Masters of War (en inglés). Nova York: Crown Publishing Group. ISBN 978-0-307-46154-4. 
  • D'Este, Carlo (1995). Patton: A Genius for War (en inglés). Nova York: Harper Collins. ISBN 0-06-016455-7. 
  • Gooderson, Ian (1998). Air Power at the Battlefront: Allied Close Air Support in Europe 1943–45 (en inglés). Portland, Oregon: Routledge. ISBN 978-0-7146-4211-6. 
  • Hirshson, Stanley (2003). General Patton: A Soldier's Life (en inglés). Nova York: Harper Perennial. ISBN 978-0-06-000983-0. 
  • Jarymowycz, Roman J. (2001). Tank tactics: from Normandy to Lorraine (en inglés). Boulder, Colorado: Lynne Rienner Publishers. ISBN 9781555879501. 
  • Lovelace, Alexander G. (2014). "The Image of a General: The Wartime Relationship between General George S. Patton Jr. and the American Media". Journalism History (en inglés) 40 (2): 108–120. 
  • McNeese, Tim (2003). Great Battles through the Ages: Battle of the Bulge (en inglés). Nova York: Chelsea House Publications. ISBN 978-0-7910-7435-0. 
  • Randall, Willard Sterne; Nahra, Nancy (2014). Great Leaders: George Patton (en inglés). New Word City. ISBN 9781612306223. 
  • Wallace, Brenton G. (2000) [1946]. Patton & His Third Army (en inglés). Mechanicsburg, Pensilvania: Stackpole Books. ISBN 9780811728966. OL 6784200M. 
  • Zaloga, Steven J. (2010). George S. Patton: Leadership - Strategy - Conflict (en inglés). Oxford: Osprey Publishing. ISBN 978-1846034596. 

Ligazóns externas