Ramón Rey Baltar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:
[[Categoría:Galegos da Arxentina]]
[[Categoría:Galegos da Arxentina]]
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Masóns de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Padrón]]
[[Categoría:Nados en Padrón]]
[[Categoría:Nados en 1882]]
[[Categoría:Nados en 1882]]

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2016 ás 18:23

Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na USC, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.

Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.

O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comenzo da guerra civil.

Véxase tamén

Ligazóns externas