Xosé Ramón Gayoso: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 4: | Liña 4: | ||
|imaxe_tamaño = |
|imaxe_tamaño = |
||
|descrición = Xosé Ramón Gayoso na gravación da 906ª emisión de ''[[Luar (programa)|Luar]]'' |
|descrición = Xosé Ramón Gayoso na gravación da 906ª emisión de ''[[Luar (programa)|Luar]]'' |
||
|nome_completo = Xosé Ramón Gayoso Bonigno |
|||
|data_de_nacemento = {{data|25|4|1956|idade}} |
|data_de_nacemento = {{data|25|4|1956|idade}} |
||
|lugar_de_nacemento = [[A Coruña]], {{GALb}} Galiza |
|lugar_de_nacemento = [[A Coruña]], {{GALb}} Galiza |
||
Liña 12: | Liña 13: | ||
|cónxuxe = |
|cónxuxe = |
||
}} |
}} |
||
'''Xosé Ramón Gayoso Bonigno''', nado o [[25 de abril]] de [[1956 |
'''Xosé Ramón Gayoso Bonigno''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de abril]] de [[1956]], é un presentador da [[Televisión de Galicia]] e un dos personaxes públicos máis coñecidos en [[Galicia]]. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión como estaba o 26 de novembro de 2016 ás 00:55
Xosé Ramón Gayoso na gravación da 906ª emisión de Luar | |
Nome orixinal | Xosé Ramón Gayoso Bonigno |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de abril de 1956 (67 anos) A Coruña, Galiza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Avogado, atleta, presentador, cantante |
Período de actividade | 1985 - |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia.
Traxectoria
Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España en 1975 cun lanzamento de 46 m[1]. Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973, con quen en 1978 formou o dúo Keltia. Xuntos editaron en 1979 Choca esos cinco, disco foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[2][3].
Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985[2]. Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Gañador |
2010 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Nomeado |
2013 | Mellor comunicador de televisión | Luar | Gañador |
Notas
- ↑ La Voz de Galicia
- ↑ 2,0 2,1 José Ramón Gayoso: ´La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario´, La Opinión de A Coruña, 5/5/2010.
- ↑ Choca esos cinco (CBS) 1979. Cara Tula, web de curiosidades discográfica, 26/6/2008.