Wikipedia:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns internas: arranxos redacción
Liña 19: Liña 19:


=== Ligazóns internas ===
=== Ligazóns internas ===
{{VT|Wikipedia:Guía/Ligazóns internas|Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns internas}}
A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de [[Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns internas|ligazóns internas]]. Recoméndase utilizalas naquelas palabras e termos que axuden a comprender mellor e ampliar a información do artigo. No entanto, un exceso de ligazóns internas nunha páxina ten un efecto pouco estético, polo que non se debe abusar delas. Lembra non pór unha ligazón cada vez que apareza unha palabra: basta con ligar a primeira aparición da mesma.
A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de [[Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns internas|ligazóns internas]]. Recoméndase utilizalas naquelas palabras e termos que axuden a comprender mellor e ampliar a información do artigo. No entanto, un exceso de ligazóns internas nunha páxina ten un efecto pouco estético, polo que non se debe abusar delas. Lembra non pór unha ligazón cada vez que apareza unha palabra: basta con ligar a primeira aparición da mesma.


Cómpre comprobar as ligazóns para asegurarse de que apuntan a onde deben e non a un artigo sobre outra materia cun título homónimo. Así mesmo, podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen pero, á hora de facelo, ten presentes as regras existentes para o título dos artigos. Deste xeito, se nunha páxina na que se cite o río Támega queres ligar co artigo que describa este río, terás que facer a ligazón {{Exemplo|río Támega}}, e non só {{Exemplo|!|Támega}}, que non levaría a ningures. Igualmente, se realizas a ligazón á palabra {{Exemplo|!|proteínas}} en plural non levará á páxina {{Exemplo|proteína}} porque os títulos van en singular. Ou se queres ligar co papa Pío X terás que utilizar a fórmula {{Exemplo|Pío X, papa}}, que é a norma establecida. Existe unha ferramenta chamada "[[Wikipedia:Detector de homónimos|detector de homónimos]]" que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de [[Axuda:Homónimos|homónimos]].
Cómpre comprobar as ligazóns para asegurarse de que apuntan a onde deben e non a un artigo sobre outra materia cun título homónimo. Así mesmo, podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen pero, á hora de facelo, ten presentes as regras existentes para o título dos artigos. Deste xeito, se nunha páxina na que se cite o río Támega queres ligar co artigo que describa este río, terás que facer a ligazón {{Exemplo|río Támega}}, e non só {{Exemplo|!|Támega}}, que non levaría a ningures. Ou se queres ligar co papa Pío X terás que utilizar a fórmula {{Exemplo|Pío X, papa}}, que é o formato de título establecido para os papas. A ferramenta chamada "[[Wikipedia:Detector de homónimos|detector de homónimos]]" pode activarse nas [[Especial:Preferencias|preferencias]] para detectar e marcar con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de [[Axuda:Homónimos|homónimos]].
:''Para ver a maneira correcta de obrar nestes casos, véxase [[Wikipedia:Guía/Ligazóns internas]] e [[Wikipedia:Como editar unha páxina#Ligazóns internas]].''


=== Tempos verbais ===
=== Tempos verbais ===

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2016 ás 13:47

Atallo:
WP:LE
Se o que queres é ler as nocións básicas de edición vai á Introdución ou á Guía.

O propósito deste libro de estilo é enumerar as convencións ás que se chegou co obxecto de darlle un carácter máis homoxéneo aos artigos da Galipedia. Se todas as achegas seguen un estilo uniforme, resultará máis doado atopar a información, axudando tamén á mellora dos contidos por parte de quen sexa.

O estilo recomendado a continuación baséase nas propias cualidades técnicas do software MediaWiki que emprega este wiki, así como nos acordos que se seguen noutras wikipedias e mais os que se acordaron na propia Galipedia segundo os usos do galego. En calquera caso, as regras aquí propostas nunca son obrigatorias. Existen diversas formas, todas boas, de redactar artigos. O obxectivo, pois, non é promocionar un único xeito de facer as cousas, senón máis ben evitar xeitos inadecuados.

Redacción

Título dos artigos

Esta guía debe seguirse para os títulos dos artigos dentro da Wikipedia e sempre conforme á convención dos nomes dos artigos.

  • Deben coincidir co tema xeral que tratan os contidos do artigo.
  • Serán tan curtos como sexa posible; existe unha restrición en canto á lonxitude, pero non é habitual atinxila.
  • Van en singular, salvo se son conceptos colectivos que perdan o seu significado cando se expresen en singular (linguas románicas, Montes Urais).
  • A letra inicial vai en maiúscula (agás en casos excepcionais como eBay) e o resto en minúscula. Isto último obviarase no caso dos nomes propios, tanto de persoa (Manuel Murguía), como de lugar (Península Ibérica), de institución (SERGAS), dunha publicación (A Nosa Terra), ou ben un foguete espacial (Saturno V), entre outros.
  • O habitual é tamén omitir os artigos iniciais a, o, as, os, un, unha, uns ou unhas coas correspondentes contraccións coas preposicións, a menos que formen parte dun nome propio.
  • Os caracteres especiais, como a barra (/), o signo máis (+) e os corchetes ({ } e [ ]), deben evitarse.
  • O último carácter visible dun título non debe ser un signo de puntuación, salvo que a puntuación sexa parte dun nome propio, unha abreviatura ou unha paréntese ou comiña de peche; é dicir, salvo un signo que achegue información.

Ligazóns internas

A utilidade desta enciclopedia multiplícase co uso de ligazóns internas. Recoméndase utilizalas naquelas palabras e termos que axuden a comprender mellor e ampliar a información do artigo. No entanto, un exceso de ligazóns internas nunha páxina ten un efecto pouco estético, polo que non se debe abusar delas. Lembra non pór unha ligazón cada vez que apareza unha palabra: basta con ligar a primeira aparición da mesma.

Cómpre comprobar as ligazóns para asegurarse de que apuntan a onde deben e non a un artigo sobre outra materia cun título homónimo. Así mesmo, podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen pero, á hora de facelo, ten presentes as regras existentes para o título dos artigos. Deste xeito, se nunha páxina na que se cite o río Támega queres ligar co artigo que describa este río, terás que facer a ligazón río Támega, e non só Támega, que non levaría a ningures. Ou se queres ligar co papa Pío X terás que utilizar a fórmula Pío X, papa, que é o formato de título establecido para os papas. A ferramenta chamada "detector de homónimos" pode activarse nas preferencias para detectar e marcar con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos.

Tempos verbais

Ao redactar artigos para a Galipedia, recoméndase usar sempre formas verbais pretéritas para referirse a sucesos que aconteceron no pasado, especialmente nas seccións introdutorias.

Incorrecto:    Miguel de Cervantes perdería unha man na batalla de Lepanto.
Miguel de Cervantes perde unha man na batalla de Lepanto.
Miguel de Cervantes perderá unha man na batalla de Lepanto.
Correcto: Miguel de Cervantes perdeu unha man na batalla de Lepanto.

No caso de usar outros tempos verbais, hai que ter tino con que a redacción non poida dar lugar a confusións.

Cómpre destacar tamén que se debe usar o pasado cando se engadan informacións que probablemente varíen co tempo, como tal, nos datos de poboación dun lugar determinado. É preferible escribir que Santiago de Compostela tiña en 2008 94.339 habitantes no canto de Santiago ten 94.339 habitantes.

Intemporalidade da información

A Wikipedia é unha enciclopedia con vocación de futuro. A información que deamos nos artigos debe estar contextualizada no seu momento e recoméndase dar sempre unha referencia temporal, evitando así que a redacción leve a considerar actuais datos que só foron certos no seu momento. Son rexeitables fórmulas do tipo Mariano Rajoy Brey, actual líder da oposición ou que Ronaldo actualmente xoga en tal equipo.

Variantes galegas

A Galipedia segue a normativa oficial do galego da RAG. Debido ás reformas producidas no ano 2003 na normativa, existen casos nos que hai dúas ou máis opcións válidas para a escrita dunha palabra. A norma aplicada dentro da Galipedia consiste en respectar as decisións do primeiro editor do artigo. Deste xeito, conservaranse ao longo dos artigos as solucións do tipo ó/ao, -ble/-bel, -ería/-aría ou Galicia/Galiza escollidas polo primeiro editor simplemente por motivos de coherencia. Se se fai un cambio dun amable por un amábel, ou viceversa, esta modificación será revertida. Convén lembrar que ambos os adxectivos son correctos, e non hai preferencia nin por un nin polo outro máis ca a que teña o usuario orixinal.

Estrutura

Co obxectivo de acadar unha maior homoxeneidade en todo o proxecto, existe unha estrutura básica que cómpre ter presente durante a redacción dun artigo.

Introdución

Todos os artigos deben comezar cunha explicación breve que enuncie, nunhas poucas liñas, os trazos máis xerais do concepto. Após a lectura desta introdución débelle quedar claro a quen o lea o fundamental sen necesidade de ir ao resto do artigo. Esta introdución non debe ser unha definición; o lugar para elas é o Galizionario.

O concepto que dá lugar ao artigo debe aparecer neste parágrafo introdutorio en letra grosa e en contexto. Se ese concepto é coñecido por máis nomes e se mencionan na introdución, tamén irán en negra. Non obstante, hai que evitar que eses termos conteñan ligazóns.

Nas biografías, por exemplo, ponse por título o nome polo que é mellor coñecida a personalidade, reservando a mención do nome completo, xunto coas datas de nacemento e morte, a nacionalidade, a razón da súa condición (profesión, implicación en determinados feitos etc.) e outra información relevante (títulos de obras etc.), para a introdución.

Na introdución dos artigos, polo xeral, non fai falla incluír referencias, dado que o único que fai é resumir a información que despois se tratará no desenvolvemento do artigo, no que si cómpren as referencias para a información achegada.

Índice

O índice créase automaticamente cando unha páxina ten máis de tres seccións, e aparece por debaixo da introdución. Non é visible cando se está a editar a páxina, senón que xorde ao se visualizar. O seu aspecto define, resumidamente, a estrutura dividida en seccións da páxina, e grazas a el pódese ir ao comezo de calquera delas con premer na súa ligazón no índice.

Para evitar a aparición do índice hai que poñer o código __SENÍNDICE__ (ou __NOTOC__, en inglés) en calquera parte da páxina, aínda que é máis recomendable poñelo ao principio ou ao final de todo. Para colocar o índice nun lugar distinto do que aparecería normalmente, basta con incluír no sitio desexado o código __ÍNDICE__ (ou __TOC__, en inglés). Isto permite repetir o índice varias veces nunha páxina que sexa demasiado longa; non obstante, nos artigos enciclopédicos nunca se debe tocar o índice. Tamén é posíbel colocalo nunha moldura flotante á dereita da páxina con este código:

 {|align=right
  |__TOC__
  |}

Subdivisións do texto

Unha vez feita a introdución, pódese entrar en materia e comezar coa creación dos contidos que desenvolvan os aspectos máis importantes do tema.

Seccións

As seccións axudan a unha mellor distribución do texto de xeito que este estea ordenado e sexa máis fácil atopar ou localizar os datos que interesan se o artigo é moi grande, así como facilitar a edición por anacos. Comprende varios parágrafos relacionados reunidos baixo un mesmo apartado. Non é bo crear demasiadas seccións, pero tampouco o é poñer moitos parágrafos seguidos sen diferenciación. Os subtítulos utilizados, polo tanto, deben ser claros e nunca ambiguos ou demasiado xerais.

Por último, dicir que os títulos das seccións van en letras minúsculas, agás a primeira letra. Por exemplo: "Estrutura xeral" e non "ESTRUTURA XERAL".

Parágrafos

As seccións, á súa vez, constan de parágrafos. Cada parágrafo trata unha idea distinta á dos demais parágrafos, igual que en calquera outro texto. Sepáranse con dobre espazo.

Notas e Véxase tamén

Pode atopar máis información en Wikipedia:Guía/Fontes e Wikipedia:Citar as fontes.

As notas inclúense no texto entre etiquetas <ref> e </ref> e aparecen automaticamente onde coloquemos a etiqueta <references /> ou o marcador {{Listaref}}.

Pode darse o caso de que unha mesma referencia xustifique (ou simplemente apareza en) varias partes dun artigo. Nese caso, á primeira ocorrencia da referencia, a primeira vez que a describimos entre as etiquetas <ref> e </ref>, haberá que asignarlle unha palabra clave. Isto faise mediante name="palabra clave" dentro da etiqueta inicial. Vexamos un exemplo:

Isto é así<ref name="libro1">Isto aparece no Libro 1.</ref>.

En adiante, o resto de referencias faranse incluíndo unha barra inclinada despois da palabra clave do mesmo xeito que na primeira ocorrencia da referencia, coma no seguinte exemplo (continuación do anterior):

Isto é asá<ref name="libro1"/>.

A meirande parte dos artigos rematan cunha sección denominada Véxase tamén, na que se listan conceptos relacionados que axudarán a comprender mellor ou complementar o tema. Trátase dunha lista sen explicacións, tan só conta coas ligazóns. Esta sección pode incluír unha bibliografía, unha lista de artigos relacionados cos que se pode ampliar o tema de que trata o artigo e ligazóns a sitios web externos.

A orde das seccións é a seguinte:

==Notas==
{{Listaref}} ou {{Listaref|2}} ou {{Listaref|3}} (listaxe de referencias a unha, dúas ou tres columnas)
==Véxase tamén==
Ligazóns, se procede, aos proxectos irmáns da Galipedia:
{{Commonscat}} ou {{Commons}}
{{Wikispecies}}
{{Galifontes}} ou {{Galifontes autor}}
{{Galizionario}}
{{Galilibros}}
{{Galicitas}}
{{Portal}}
===Bibliografía===
* Recoméndase empregar os marcadores {{Cita libro}} e/ou {{Cita publicación periódica}}.
===Outros artigos===
* Ligazóns entre [[ ]].
===Ligazóns externas===
* Ligazóns entre [ ].

Xeneralidades

  • maiúscula inicial sempre tras un punto, pero non nos nomes comúns no texto.
    • Usos erróneos: "O Sueco é unha lingua xermánica... é moi similar ó Danés e o Noruegués"; ou "O Porco Teixo pertence á familia...".
  • negra con uso opcional, pero sen abusar. O concepto que dá pé ao artigo debe aparecer no primeiro parágrafo en negra.
  • vírgulas, puntos e vírgulas, dous puntos e puntos sempre seguidos de espazo;
  • non se usa o dobre espazo;
  • os signos ? e ! non van seguidos de punto (xa o teñen incorporado);
  • Abreviaturas: "a.C. e d.C. (antes ou despois de Cristo), e non "entre os séculos VI a.c. e o I d.c.", "Cultivada desde o VIII milenio adC" ou "os celtas, nos S. VI e V a.d.C.".

Números

  • Aínda é estendido o xeito de separar os díxitos da parte enteira de tres en tres por un punto, pero recoméndase usar un espazo como separador e a coma decimal para separar a parte enteira da decimal.[1][2][3] (12 500 libros, e non 12500 nin 12,500 libros), a excepción dos anos (por exemplo 1900), nos que non se usa a separación (non "9 de setembro de 1 975")
  • nos números referidos a anos, páxinas, versos, portais de vías urbanas, códigos postais, apartados de correos, números de artigos legais, decretos, ou leis, non se empregará ningún separador de miles; por exemplo: código postal 32846.
  • as unidades de medida non fan plural: 400 kg, 17 m, 50 000 l. Tampouco levan punto, salvo que sexa punto final (4 m de alto, e non "4 m. de alto"). Escríbense, salvo excepcións, con minúsculas (80 kg de peso e non "80 Kg").
  • os decimais sepáranse por vírgulas (unha altura de 4,3 metros), non por apóstrofes (non 4'3 metros), nin por puntos (non "A industria do viño representa o 4.22% da produción agroalimentaria").
  • os minutos e segundos, como unidades de tempo, represéntanse co nome completo, minutos e segundos, respectivamente, e non se deben confundir cos minutos e segundos dun ángulo. A marca está en 3 minutos 12 segundos; un ángulo de 44° 30' e 40".

Uso da cursiva e as aspas

Cursiva

Títulos

Póñense en cursiva os títulos de cousas que teñen entidade propia. Así diferéncianse os títulos das novelas e series de televisión dos títulos de poemas e episodios, que irán entre aspas. En particular, van en cursiva os títulos de:

  • Libros, xornais e revistas: A nosa cinza. Unha excepción son a Biblia en si, os libros da Biblia e o Corán.
  • Obras de teatro, películas e series de televisión ou radio: Othello
  • Composicións musicais longas (p.ex. óperas ou álbums): Madamme Butterfly de Puccini
  • Poemas longos que poidan aparecer publicados sós nun libro: Os Lusíadas
  • Obras de arte: As señoritas de Avignon
Ademais
  • Palabras procedentes doutros idiomas que aínda non foron asimiladas: un existencialista avant la lettre
  • Palabras cando se fala da palabra en si: Dixo purguratorio en vez de purgatorio
  • Letras cando se fala da letra en si: O dígrafo nh provén do provenzal
  • En bioloxía, o xénero, subxénero, especie e subespecie[4] (agás en virus nos que, segundo as directrices do ICTV, as ordes, familias e subfamilias tamén se escriben en cursiva[5])

Aspas

Títulos

Úsanse as aspas para os títulos de cousas que forman parte dunha entidade maior. Non se poñen no título do artigo. En particular, van entre aspas os títulos de:

  • Artigos de xornais e revistas, capítulos de libros e ensaios.
  • Capítulos de series de televisión ou radio
  • Cancións e composicións musicais breves
  • Poemas
Ademais

É posíbel pór aspas arredor de palabras ou frases que se usan nun sentido non literal e para introducir por primeira vez conceptos non familiares para o lector.

Diversos

Categorías

Categoriza se podes e sabes. En Wikipedia:Categorías están as categorías consideradas oficiais, establecidas por Wikipedia:Consenso. En Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías hai un mapa de todas as categorías existentes, oficiais e non oficiais.

Marcadores de traballo en progreso

Cando un artigo está pouco desenvolvido é habitual colocar nel un marcador de traballo en progreso nel para indicar que precisa unha ampliación do seu contido. Estes marcadores inclúense ó final do artigo, baixo as caixas de navegación e o modelo {{Control de autoridades}} pero antes das categorías.

Notas

  1. Adaptación española da norma internacional da Oficina Internacional de Pesas e Medidas
  2. Normas internacionais sobre a escritura de números e magnitudes
  3. Na Ortografía da lingua galega, de Begoña González Rei (Galinova Editorial, 2004), apúntase: "Frecuentemente utilízase o punto, aínda que nos últimos tempos se recomenda prescindir do punto e separar os millares cun espazo fino"
  4. Isto está indicado no Código de Nomenclatura Zoolóxica, Apéndice B6. Cita: "Os nomes científicos de taxons do grupo xénero ou especie deberían escribirse nun tipo de letra (fonte) diferente da usada no texto, ditos nomes imprímense xeralmente en cursiva, o cal non debería utilizarse para nomes de taxóns superiores..." (Orixinal: "The scientific names of genus- or species-group taxa should be printed in a type-face (font) different from that used in the text; such names are usually printed in italics, which should not be used for names of higher taxa."). International Commission on Zoological Nomenclature. INTERNATIONAL CODE OF ZOOLOGICAL NOMENCLATURE. Apendices. Porén, no Código botánico adoptan na práctica o criterio de escribir todos os taxons con cursiva (ver por exemplo IAPT - Artigo 16)
  5. ICTV Rules of ortography. Cita: "In formal taxonomic usage, the accepted names of virus orders (e.g., Mononegavirales), families (e.g., Picornaviridae), subfamilies (e.g., Parvovirinae), and genera (e.g., Hepacivirus) are printed in italics and the first letters of the names are capitalized. Species names are printed in italics... Names of virus strains, on the other hand, are not italicized..." / "No uso taxonómico formal, os nomes aceptados de ordes de virus (por exemplo, Mononegavirales), familias (por exemplo, Picornaviridae, subfamilias (por exemplo, Parvovirinae) e xéneros (por exemplo, Hepacivirus) imprímense en cursiva e coa primeira letra dos nomes en maiúscula. Os nomes de especies imprímense en cursiva... Por outra parte, os nomes das cepas non se poñen en cursiva..."

Frecha. Volver á páxina de axuda.