Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Foedus»

m
→‎top: Arranxos varios
Sem resumo de edição
m (→‎top: Arranxos varios)
Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do máis conveniente. Desde o punto de vista xermánico porque o bandoleirismo non era forma de vida posíbel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarían a facer os [[vándalos]]. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantía a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e podería atender os asuntos que reclamaban a súa presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.
 
Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigándoos á contrapartida habitual nos ''foedus'', que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia [[Tarraconense]], que se debe entender como un intento de afastar os xermánicos do [[Mediterráneo]], derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da [[Hispania]].
 
[[Ficheiro:Gallaecia-Dioclecianus.png|miniatura|dereita|190px|Situación dos [[Conventus iuridicus|conventos xurídicos]] da [[Gallaecia]] tras a reorganización administrativa do emperador [[Diocleciano]]]]
393.002

edicións