Baía de Hudson: Diferenzas entre revisións
m →Xeografía física: Arranxos varios |
Poño modelo Corpo de auga |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Corpo de auga |
|||
⚫ | |||
| nome = Baía de Hudson |
|||
⚫ | |||
| nome_orixinal = Hudson Bay - baie d'Hudson |
|||
| mar_IHO = 16 |
|||
| imaxe = Tundra landscape on Cape Merry.JPG |
|||
| medida_imaxe = 250px |
|||
| pé = |
|||
| mapa = Hudson bay map-fr.svg |
|||
| medida_mapa = 250px |
|||
| pé_mapa = Localización da Baía de Hudson |
|||
| locator_x_mapa = |
|||
| locator_y_mapa = |
|||
| mapa2 = Hudson Bay-2008-07-21.jpg |
|||
| medida_mapa2 = 250px |
|||
| pé_mapa2 = Vista satélte |
|||
| locator_x_mapa2 = |
|||
| locator_y_mapa2 = |
|||
| continente = [[América do Norte]] |
|||
| país = {{CAN}} |
|||
| división_administrativa = {{CANb}}[[Nunavut]]<br />{{CANb}}[[Manitoba]]<br />{{CANb}}[[Ontario]]<br />{{CANb}}[[Quebec]] |
|||
| subdivisión_administrativa = |
|||
| mar = [[Océano Ártico]] |
|||
| arquipélago = |
|||
| illa = [[Illa Southampton]] |
|||
| ecorexión = |
|||
| cunca = |
|||
| coordenadas = |
|||
| mares_contiguos = |
|||
| subdivisións = [[Baía James]], baía Gods Mercy, baía Daly, [[Chesterfield Inlet]], ensenada de Rankin e [[baía Button]] |
|||
| illas = [[Illa Mansel]] (3.180 km²), [[illa Coats]] (5.498 km²), [[illa Akimiski]] (3.001 km²) e [[illas Belcher]] (2.800 km²) |
|||
| afluentes = Aux Feuilles (480 km) [[Río Eastmain|Eastmain]] (800 km), [[Río Rupert|Rupert]] (763 km) y [[Río Harricana|Harricana]] (533 km) (QC) — Moose-Missinaibi (755 km), [[Río Albany|Albany]] (980 km), Attawapiskat (750 km), Winisk (475 km) e [[Río Severn (Canadá)|Severn]] (982 km) (ON) — Hayes (483 km), [[río Nelson|Nelson]] (644 km) e [[Río Churchill|Churchill]] (1.609 km) |
|||
| cidades = |
|||
| accidentes = |
|||
| golfos_baías = |
|||
| cabos = |
|||
| penínsulas = |
|||
| estreitos = [[estreito de Hudson]] (co [[estreito de Davis]]) e [[cunca Foxe]] ([[canal Foxe]] e [[Roes Welcome Sound]]) |
|||
| outros = |
|||
| superficie = 1.230.000 km² |
|||
| lonxitude = 1.000 km (E-O) |
|||
| anchura = 700km (N-S) |
|||
| separación = |
|||
| perímetro = |
|||
| profundidade = |
|||
| profundidade_media = 125 m |
|||
| altitude = |
|||
| capacidade = |
|||
| campo1_nome = Descubridor |
|||
| campo1 = [[Henry Hudson]] (1610) |
|||
| campo2_nome = Áreas protexidas |
|||
| campo2 = [[Parque nacional Wapusk]] e Parque Provincial Oso Polar |
|||
| campo3_nome = |
|||
| campo3 = |
|||
| campo4_nome = |
|||
| campo4 = |
|||
⚫ | |||
⚫ | |||
A '''baía de Hudson''' atópase no nordés do [[Canadá]]. Limitan coa mesma o norte das provincias de [[Ontario]], [[Quebec]] e [[Manitoba]] e o sueste de [[Nunavut]]. A baía de Hudson forma parte do [[océano Ártico]]. Conecta polo leste co [[Océano Atlántico]] a través do estreito de Hudson, e polo norte co resto do Ártico, a través do canle de Foxe, que non se considera parte da baía. Todas as illas da baía de Hudson forman parte de Nunavut. |
A '''baía de Hudson''' atópase no nordés do [[Canadá]]. Limitan coa mesma o norte das provincias de [[Ontario]], [[Quebec]] e [[Manitoba]] e o sueste de [[Nunavut]]. A baía de Hudson forma parte do [[océano Ártico]]. Conecta polo leste co [[Océano Atlántico]] a través do estreito de Hudson, e polo norte co resto do Ártico, a través do canle de Foxe, que non se considera parte da baía. Todas as illas da baía de Hudson forman parte de Nunavut. |
||
Revisión como estaba o 23 de novembro de 2016 ás 04:12
Baía de Hudson | |
---|---|
Hudson Bay - baie d'Hudson | |
Localización administrativa | |
Estado | Canadá |
División | Nunavut Manitoba Ontario Quebec |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico |
Continente | América do Norte |
Illa/s | Illa Southampton |
Xeografía | |
Subdivisións | Baía James, baía Gods Mercy, baía Daly, Chesterfield Inlet, ensenada de Rankin e baía Button |
Illas interiores | Illa Mansel (3.180 km²), illa Coats (5.498 km²), illa Akimiski (3.001 km²) e illas Belcher (2.800 km²) |
Afluentes | Aux Feuilles (480 km) Eastmain (800 km), Rupert (763 km) y Harricana (533 km) (QC) — Moose-Missinaibi (755 km), Albany (980 km), Attawapiskat (750 km), Winisk (475 km) e Severn (982 km) (ON) — Hayes (483 km), Nelson (644 km) e Churchill (1.609 km) |
Accidentes | |
Estreitos | estreito de Hudson (co estreito de Davis) e cunca Foxe (canal Foxe e Roes Welcome Sound) |
Características | |
Superficie | 1.230.000 km² |
Lonxitude máxima | 1.000 km (E-O) |
Anchura máxima | 700km (N-S) |
Profundidade media | 125 m |
Outros datos | |
Descubridor | Henry Hudson (1610) |
Áreas protexidas | Parque nacional Wapusk e Parque Provincial Oso Polar |
Mapa | |
Localización da Baía de Hudson | |
Vista satélte | |
A baía de Hudson atópase no nordés do Canadá. Limitan coa mesma o norte das provincias de Ontario, Quebec e Manitoba e o sueste de Nunavut. A baía de Hudson forma parte do océano Ártico. Conecta polo leste co Océano Atlántico a través do estreito de Hudson, e polo norte co resto do Ártico, a través do canle de Foxe, que non se considera parte da baía. Todas as illas da baía de Hudson forman parte de Nunavut.
- Coordenadas xeográficas: 78° a 95° W, 51° a 70° N
Historia
Esta baía leva o nome do explorador inglés Henry Hudson que, en 1610, quedou alí atrapado entre os xeos co seu buque Discovery. A baía de Hudson está historicamente asociada coa loita franco-inglesa por América do Norte nos séculos XVII e XVIII, pois daba acceso aos vastos territorios de comercio de peles nos que cada país quería conseguir a exclusividade. Os franceses, establecidos no val do San Lorenzo (Nova Francia), enviaron a miúdo expedicións para desaloxar os postos de tratado de peles que os Ingleses erixiran alí baixo a protección da Compañía da Baía de Hudson. Os ingleses fixeron o mesmo cos postos franceses. A situación non se solucionou ata logo da cesión deste territorio á Gran Bretaña en 1713 polos Tratados de Utrecht.
Xeografía física
A baía de Hudson ten preto de 1000 km de anchura e 700 km de norte a sur e a súa conca é pouco profunda: a súa profundidade media é de 125 m e é inferior a 80 m ata 100 km da costa. O fondo é xeralmente pouco accidentado soamente con algunhas depresións e bancos pouco profundos. A razón é que foi formada durante a última glaciación polo "cepillado" do Escudo Canadense durante o Precámbrico polos glaciares.
Se observamos o mapa da baía, podemos comprobar que a parte sueste da baía de Hudson ten a forma dun semicírculo. Aínda que ningunha proba apóiao, unha hipótese avanzada é que esta forma sería o cráter dun dos maiores impactos dun meteorito do mundo, cun diámetro duns 300 km[1].
O fluxo das augas das Illas Árticas ao norte da baía e das augas que proveñen de numerosos ríos como o Churchill e o Nelson, manteñen na baía un nivel máis elevado de auga doce que o nivel medio dos mares. As súas augas vértense cara ao océano Atlántico polo angosto Estreito de Hudson. Por mor deste estreitamento, e o tamaño excepcional da baía, a masa de auga pode dar moitas veces a volta antes de saír.
A xeada da baía prodúcese en outubro e persiste ata xuño aínda que se forman aberturas no xeo, ata durante o máis frío do inverno, baixo o efecto do vento. O contraste entre estas augas expostas ao aire libre cuxa temperatura é de aproximadamente -2 °C e o aire ambiente moito máis frío baixo as aberturas, xera precipitacións de neve importantes pero moi localizadas.
Tralo desxeo, prodúcese unha circulación marítima limitada. Ademais dos kayaks Inuits, os botes amerindios e barcos de cabotaxe de todo tipo, as embarcacións da Garda Costeira canadense abren canles no xeo e abastecen aos pobos costeiros. Algunhas embarcacións de altura tamén fan escala en Churchill (lago Manitoba) para o transporte do trigo que provén das Praderías canadenses.
Fauna
As especies de peixes máis abundantes son o salvelino (salvelinus alpinus) ou troita ártica, o capelán (mallotus villosus), o bacallau polar (boreogadus saida) e o bacallau de Groenlandia (gadus ogac). Preto de 20.000 belugas (delphinapterus leucas) ou baleas brancas, pasan o verán ao longo da costa oeste da baía; os grupos do estuario do río Nelson son probablemente os máis importante do mundo.
O oso polar é outra importante habitante da baía. Preto da cidade de Churchill, os osos polares pasan a tempada estival hibernando, ao contrario que outros osos, e parindo aos seus pequenos. Os vertedoiros son un lugar de cita no outono no momento da volta cara á baía, ata que o xeo sexa bastante sólido para soportalos. Tratan así de atopar un pouco de alimento logo de 6 meses de xaxún antes de poder cazar a súa presa favorita: a foca. Isto causa problemas nas relacións humano-oso.
As marismas da baía de Hudson son frecuentadas por algunhas das poboacións máis importantes de aves acuáticas. En particular aniñan alí as famosas barnaclas canadenses (Branta canadensis) e unha das poboacións máis importantes do mundo de falcóns peregrinos.
Flora
As terras ribeiregas da baía cobren 324.000 km², son relativamente chairas e cubertas de lamazais acedas. A baía de Hudson sitúase en xeral ao norte do límite das árbores. A vexetación ao sur é de tipo muskeg, unha mestura de turba con algunhas árbores. Os índios Cree chámano wiinipekw, auga cenagosa, o mesmo nomee que para o lago Winnipeg. Avanzando cara ao norte da baía atopamos a tundra e o permafrost onde o mercurio está a maior parte do ano bastante por baixo do punto de conxelación.
Notas
- ↑ Artigo de Terence Dickinson pubricado no Canadian Geographic, numéro de maio-xuño de 1995
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baía de Hudson |