Pelaxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49: Liña 49:


== Uso como roupa ==
== Uso como roupa ==
[[Ficheiro:Carl Eielson.jpg|miniatura|O piloto norteamericano e explorados ártico que leva posta un abrigo de pel.]]
[[Ficheiro:Carl Eielson.jpg|miniatura|O piloto norteamericano e explorados ártico que leva posto un abrigo de pel.]]
<!--
In clothing, fur is usually leather with the hair retained for its aesthetic and insulating properties. Fur has long served as a source of clothing for hominoids including the [[Neanderthal]]. Animal furs used in garments and trim may be dyed bright colors or to mimic exotic animal patterns, or shorn down to imitate the feel of a soft [[velvet]] fabric. The term "a fur" is often used to refer to a fur coat, wrap, or shawl.


Para o seu uso para vestir, as peles son normalmente coiro que conserva o seu pelo de especies con pelaxe que é moi estético ou que ten propiedades de illamento. As peles servíronlle de vestido a varios [[homínidos]], como o [[home de Neanderthal]]. As peles de animais usadas como adornos e tapicerías poden ser tinguidas con diversas cores ou imitar os debuxos de animais exóticos ou recortadas para imitar a sensación dun tecido de suave [[veludo]].
Usual animal sources for fur clothing and fur trimmed accessories include [[fox]], [[rabbit]], [[mink]], [[beaver]]s, [[ermine]], [[otter]]s, [[sable]], [[pinniped|seals]], [[coyote]]s, [[chinchilla]], [[raccoon]], and [[Phalangeriformes|possum]].
The import and sale of [[Pinniped|seal]] products was banned in the U.S. in 1972 over conservation concerns about Canadian seals. The import and sale is still banned even though the Marine Animal Response Society estimates the harp seal population is thriving at approximately 8 million.<ref>[http://www.marineanimals.ca/species/harp_eng.html "Harp Seal"], Marine Animal Response Society.</ref> The import, export and sales of domesticated cat and [[dog fur]] were also banned in the U.S. under the Dog and Cat Protection Act of 2000.<ref>[http://www.ftc.gov/os/statutes/textile/fedreg/001228-fur.htm Rules and Regulations Under the Fur Products Labeling Act].</ref>


Entre as fontes animais usuais para accesorios para vestir ou para tapicería están os [[raposo]]s, [[coello]]s, [[visón]]s, [[castor]]es, [[armiño]], [[lontra]]s, [[marte cibelina]], [[focas]], [[coiote]]s, [[chinchilla]]s, [[raccoon]], e [[Phalangeriformes|póssums]].
The manufacturing of fur clothing involves obtaining animal pelts where the hair is left on the animal's processed skin. In contrast, making [[leather]] involves removing the hair from the hide or pelt and using only the skin. The use of [[wool]] involves shearing the animal's fleece from the living animal, so that the wool can be regrown but [[sheepskin]] [[shearling]] is made by retaining the fleece to the leather and shearing it.<ref>Australian Wool Corporation, Australian Wool Classing, Raw Wool Services, 1990.</ref> Shearling is used for boots, jackets and coats and is probably the most common type of skin worn.


A fabricación de peles para vestir implica conservar os pelos nas peles procesadas, mentes que na fabricación de [[coiro]] se elimina o pelo da pel, que despois se curte. O uso de [[la]] implica cortar o pelo do animal vivo, que despois lle volve a crecer.<ref>Australian Wool Corporation, Australian Wool Classing, Raw Wool Services, 1990.</ref>
Fur is also used to make [[felt]]. A common felt is made from beaver fur and is used in high-end [[Boss of the plains|cowboy hats]].<ref>Chamber's journal, Published by Orr and Smith, 1952, pg 200, Original from the University of Michigan.</ref>


As peles tamén se usan para facer [[feltro]]. Un feltro de gran calidade é o que se obtén do castor e se usa en norteamértica para facer sombreiro de vaqueiro de gran calidade.<ref>Chamber's journal, Published by Orr and Smith, 1952, pg 200, Original from the University of Michigan.</ref>
===Controversy===

[[File:Fur redfox.jpg|thumb|[[Red fox]] furs]]
=== Controversia ===
{{Main|Fur farming}} {{Further|Fur trade}}
[[Ficheiro:Fur redfox.jpg|miniatura|Peles de [[raposo vermello]].]]
<!--
Most [[animal rights]] activists are opposed to the trapping and killing of wildlife, and the confinement and killing of animals on [[Fur farming|fur farms]]. According to Humane Society International, over 8 million animals are trapped yearly for fur, while more than 30 million were raised in fur farms.<ref>[http://www.hsi.org.au/?catID=68 Humane Society International Fur Trade].</ref>
Most [[animal rights]] activists are opposed to the trapping and killing of wildlife, and the confinement and killing of animals on [[Fur farming|fur farms]]. According to Humane Society International, over 8 million animals are trapped yearly for fur, while more than 30 million were raised in fur farms.<ref>[http://www.hsi.org.au/?catID=68 Humane Society International Fur Trade].</ref>



Revisión como estaba o 22 de novembro de 2016 ás 22:19

Pelaxe dun opósum.

A pelaxe[1] é a calidadade ou características dos pelos dos animais mamíferos. A pelame[2] é o conxunto de pelos que nacen da pel dos animais mamíferos, especialmente a daqueles que teñen unha extensa cobertura de pelos. Cando as pelaxes dos animais son procesadas na industria peleteira para convertelas en abrigos e outros complementos para vestir conservando o seu pelo denomínase xeralmente peles[3]. As máis apreciadas son as de pelos suaves e mestos, en oposición ás pelames de pelos escasos e duros de animais como os porcos, que non se utilizan. As pelaxes poden constar de capas diferenciadas de pelos. Os mamíferos con cantidades reducidas de pelo denomínanse ás veces "espidos" ou sen pelo, como as ratas toupa espidas, os cans sen pelo, cetáceos ou en boa medida o ser humano.

Os animais con pelaxes comercialmente valiosas son importantes para a industria peleteira. Os seres humanos utilizaron as peles de animais desde a Prehistoria para abrigarse. Porén, actualmente, o uso de peles para vestir ou decorar considérase polémico por parte dun sector da poboación que está en contra da caza ou da crianza de animais para usar a súa pelaxe con ese fin, xa que considera que non é moralmente aceptable.

Composición

Tipos de pelo que forman a pelame dun gato doméstico.

A pelame dos animais xeralmente consta de dúas capas principais de pelo con distintas características, que son:

  • Pelos da capa inferior de tipo peluxe. A capa inferior consta de pelos lanosos, xeralmente ondulados ou rizados sen porcións rectas nin puntas bicudas; adoitan ser pelos curtos, planos, rizados e máis numerosos que os da capa superior. A súa principal función é a termorregulación; manteñen unha capa de aire seco a rentes da pel e repelen a auga, o que proporciona o illamento térmico.
  • Pelos da capa superior ou de cobertura. A capa superior consta de pelos máis longos, xeralmente máis bastos, con talos case rectos, que fan protrusión entre os pelos da capa inferior. Os extremos distais destes pelos orixinan a capa visible externamente da pelame da maioría dos animais con pelame ben desenvolvida. Esta capa mostra a pigmentación e brillo máis marcado, incluíndo os patróns de debuxo e coloración adaptados para a exhibición ou a camuflaxe. Tamén está adaptada a protexer da auga e bloquear a luz solar, protexendo así a capa inferior e a pel de factores externos como a chuvia e a luz ultravioleta. Moitos animais, como os gatos domésticos, poden ourizar os pelos desta capa comoparte da súa exhibición de ameaza cando son inquietados.

Os mamíferos con capas inferior e superior de pelo ben desenvolvidas tamén adoitan ter un gran número de pelos intermedios. Estes empezan o seu crecemento de forma similar aos pelos típicos da capa superior, pero cambian o seu modo de crcemento, xeralmente cando emerxeu menos da metade da lonxitude do pelo. O resto do crecemento é formando un pelo delgado e ondulado, similar ao pelo da capa inferior. En moitas especies de mamíferos, estes pelos comprenden a maior parte da súa pelame visible. A parte proximal destes pelos ten a mesma función que os pelos da capa inferior, mentres que a parte distal achega a función de protección contra a auga que teñen os pelos a capa superior, aínd que a súa porción basal delgada impide que poidan ser ourizados como os verdadeiros pelos da capa superior.

Pelame de auga xerada por computador.

As características modernas da pelaxe dos mamíferos crese que apareceron cos docodontos, Haramiyida e eutriconodontos, e os fósiles de Castorocauda, Megaconus e Spinolestes conservaron folículos compostos con pelos das dúas capas.

Mamíferos sen pelo

O pelo é unha das características definitorias dos mamíferos, pero varios grupos, especies ou razas teñen unha cantidade de pelo considerablemente reducida ou case ausente, polo que se denominan "espidos" ou "sen pelo".

Selección natural

Algúns mamíferos reduciron de forma natural a súa cantidade de pelo. Algúns mamíferos acuáticos ou semiacuáticos como os cetáceos ou hipopótamo evolucionaron cara a unha pel espida, presumiblemente para reducir a resistencia á auga. A rata-toupa espida tamén perdeu o pelo, quizais como unha adaptación ao seu estilo de vida subterráneo. Dous dos grandes mamíferos existentes, o elefante e o rinoceronte, teñen moi poucos pelos. O morcego espido case non ten pelos pero teñen curtos pelos bastos arredor do pescozo, nas súas dedas frontais, e arredor do saco da súa gorxa, xunto con pelos finos na cabeza e membrana da cola. A m aioría dos animais sen pelo non poden estar ao sol durante moito tempo ou permaneceren en zonas frías por tempo prolongado. [4]

Os seres humanos son a única especie de primates que evolucionaron experimentando unha significativa perda de pelo corporal. Isto pode deberse á perda da funcionalidade do pseudoxene KRTHAP1 (que axuda a producir queratina) na liñaxe humana hai uns 240.000 anos.[5] As mutacións no xene HR podn orixinar unha completa perda de pelo, aíndo que isto non é típico nos humanos.[6]

Selección artificial

Os humanos seleccionaron artrificialmente algunhas especies de animais domesticados para orixinar razas espidas. Hsai varias razas de gatos espidos, unha das mellos coñecidas é o gato esfinxe. De xeito similar, hai varias razas de cans sen pelo. Outros exemplos de animais sen pelo seleccionados artificialmente son o cobaia sen pelo, o rato espido e a rata sen pelo.

Uso como roupa

O piloto norteamericano e explorados ártico que leva posto un abrigo de pel.

Para o seu uso para vestir, as peles son normalmente coiro que conserva o seu pelo de especies con pelaxe que é moi estético ou que ten propiedades de illamento. As peles servíronlle de vestido a varios homínidos, como o home de Neanderthal. As peles de animais usadas como adornos e tapicerías poden ser tinguidas con diversas cores ou imitar os debuxos de animais exóticos ou recortadas para imitar a sensación dun tecido de suave veludo.

Entre as fontes animais usuais para accesorios para vestir ou para tapicería están os raposos, coellos, visóns, castores, armiño, lontras, marte cibelina, focas, coiotes, chinchillas, raccoon, e póssums.

A fabricación de peles para vestir implica conservar os pelos nas peles procesadas, mentes que na fabricación de coiro se elimina o pelo da pel, que despois se curte. O uso de la implica cortar o pelo do animal vivo, que despois lle volve a crecer.[7]

As peles tamén se usan para facer feltro. Un feltro de gran calidade é o que se obtén do castor e se usa en norteamértica para facer sombreiro de vaqueiro de gran calidade.[8]

Controversia

Peles de raposo vermello.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Pelaxe.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Pelame.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Pel.
  4. Thomson, Paul (2002). "Cheiromeles torquatus". Animal Diversity Web. Consultado o 29 October 2013. 
  5. Winter, H.; Langbein, L.; Krawczak, M.; Cooper, D. N.; Jave-Suarez, L. F.; Rogers, M. A.; Praetzel, S.; Heidt, P. J.; Schweizer, J. (2001). "Human type I hair keratin pseudogene phihHaA has functional orthologs in the chimpanzee and gorilla: Evidence for recent inactivation of the human gene after the Pan-Homo divergence". Human Genetics 108 (1): 37–42. PMID 11214905. doi:10.1007/s004390000439. 
  6. "Molecular evolution of HR, a gene that regulates the postnatal cycle of the hair follicle". Consultado o 2012-03-13. 
  7. Australian Wool Corporation, Australian Wool Classing, Raw Wool Services, 1990.
  8. Chamber's journal, Published by Orr and Smith, 1952, pg 200, Original from the University of Michigan.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas