Pelaxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10: Liña 10:
A pelame dos animais xeralmente consta de dúas capas principais de pelo con distintas características, que son:
A pelame dos animais xeralmente consta de dúas capas principais de pelo con distintas características, que son:
*Pelos da capa inferior de tipo peluxe. A capa inferior consta de pelos lanosos, xeralmente ondulados ou rizados sen porcións rectas nin puntas bicudas; adoitan ser pelos curtos, planos, rizados e máis numerosos que os da capa superior. A súa principal función é a [[termorregulación]]; manteñen unha capa de aire seco a rentes da pel e repelen a auga, o que proporciona o illamento térmico.

*Pelos da capa superior ou de cobertura. A capa superior constaq de pelos máis longos, xeralmente máis bastos, con talos case rectos, que fan protrusión entre os pelos da capa inferior. Os extremos distais destes pelos orixinan a capa visible externamente da pelame da maioría dos animais con pelame ben desenvolvida. Esta capa mostra a [[pigmento biolóxico|pigmentación]] e brillo máis marcado, incluíndo os patróns de debuxo e coloración adaptados para a exhibición ou a [[camuflaxe]]. Tamén está adaptada a protexer da auga e bloquear a luz solar, protexenco así a capa inferior e a pel de factores externos como a chuvia e a [[luz ultravioleta]]. Moitos animais, como os gatos domésticos, poden ourizar os pelos desta capa comoparte da súa exhibición de ameaza cando son inquietados.
*Pelos da capa superior ou de cobertura. A capa superior consta de pelos máis longos, xeralmente máis bastos, con talos case rectos, que fan protrusión entre os pelos da capa inferior. Os extremos distais destes pelos orixinan a capa visible externamente da pelame da maioría dos animais con pelame ben desenvolvida. Esta capa mostra a [[pigmento biolóxico|pigmentación]] e brillo máis marcado, incluíndo os patróns de debuxo e coloración adaptados para a exhibición ou a [[camuflaxe]]. Tamén está adaptada a protexer da auga e bloquear a luz solar, protexenco así a capa inferior e a pel de factores externos como a chuvia e a [[luz ultravioleta]]. Moitos animais, como os gatos domésticos, poden ourizar os pelos desta capa comoparte da súa exhibición de ameaza cando son inquietados.

Os mamíferos con capas inferior e superior de pelo ben desenvolvidas tamén adoitan ter un gran número de pelos intermedios. Estes empezan o seu crecemento de forma similar aos pelos típicos da capa superior, pero cambian o seu modo de crcemento, xeralmente cando emerxeu menos da metade da lonxitude do pelo. O resto do crecemento é formando un pelo delgado e ondulado, similar ao pelo da capa inferior. En moitas especies de mamíferos, estes pelos comprenden a maior parte da súa pelame visible. A parte proximal destes pelos ten a mesma función que os pelos da capa inferior, mentres que a parte distal achega a función de protección contra a auga que teñen os pelos a capa superior, aínd que a súa porción basal delgada impide que poidan ser ourizados como os verdadeiros pelos da capa superior.

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2016 ás 20:39

Pelaxe dun opósum.

A pelaxe[1] é a calidadade ou características dos pelos dos animais mamíferos. A pelame[2] é o conxunto de pelos que nacen da pel dos animais mamíferos, especialmente a daqueles que teñen unha extensa cobertura de pelos. Cando as pelaxes dos animais son procesadas na industria peleteira para convertelas en abrigos e outros complementos para vestir conservando o seu pelo denomínase xeralmente peles[3]. As máis apreciadas son as de pelos suaves e mestos, en oposición ás pelames de pelos escasos e duros de animais como os porcos, que non se utilizan. As pelaxes poden constar de capas diferenciadas de pelos. Os mamíferos con cantidades reducidas de pelo denomínanse ás veces "espidos" ou sen pelo, como as ratas toupa espidas, os cans sen pelo, cetáceos ou en boa medida o ser humano.

Os animais con pelaxes comercialmente valiosas son importantes para a industria peleteira. Os seres humanos utilizaron as peles de animais desde a Prehistoria para abrigarse. Porén, actualmente, o uso de peles para vestir ou decorar considérase polémico por parte dun sector da poboación que está en contra da caza ou da crianza de animais para usar a súa pelaxe con ese fin, xa que considera que non é moralmente aceptable.

Composición

Tipos de pelo que forman a pelame dun gato doméstico.

A pelame dos animais xeralmente consta de dúas capas principais de pelo con distintas características, que son:

  • Pelos da capa inferior de tipo peluxe. A capa inferior consta de pelos lanosos, xeralmente ondulados ou rizados sen porcións rectas nin puntas bicudas; adoitan ser pelos curtos, planos, rizados e máis numerosos que os da capa superior. A súa principal función é a termorregulación; manteñen unha capa de aire seco a rentes da pel e repelen a auga, o que proporciona o illamento térmico.
  • Pelos da capa superior ou de cobertura. A capa superior consta de pelos máis longos, xeralmente máis bastos, con talos case rectos, que fan protrusión entre os pelos da capa inferior. Os extremos distais destes pelos orixinan a capa visible externamente da pelame da maioría dos animais con pelame ben desenvolvida. Esta capa mostra a pigmentación e brillo máis marcado, incluíndo os patróns de debuxo e coloración adaptados para a exhibición ou a camuflaxe. Tamén está adaptada a protexer da auga e bloquear a luz solar, protexenco así a capa inferior e a pel de factores externos como a chuvia e a luz ultravioleta. Moitos animais, como os gatos domésticos, poden ourizar os pelos desta capa comoparte da súa exhibición de ameaza cando son inquietados.

Os mamíferos con capas inferior e superior de pelo ben desenvolvidas tamén adoitan ter un gran número de pelos intermedios. Estes empezan o seu crecemento de forma similar aos pelos típicos da capa superior, pero cambian o seu modo de crcemento, xeralmente cando emerxeu menos da metade da lonxitude do pelo. O resto do crecemento é formando un pelo delgado e ondulado, similar ao pelo da capa inferior. En moitas especies de mamíferos, estes pelos comprenden a maior parte da súa pelame visible. A parte proximal destes pelos ten a mesma función que os pelos da capa inferior, mentres que a parte distal achega a función de protección contra a auga que teñen os pelos a capa superior, aínd que a súa porción basal delgada impide que poidan ser ourizados como os verdadeiros pelos da capa superior.

Pelame de auga xerada por computador.

As características modernas da pelaxe dos mamíferos crese que apareceron cos docodontos, haramiyidanos e eutriconodontos, e os fósiles de Castorocauda, Megaconus e Spinolestes conservaron folículos compostos con pelos das dúas capas.

Mamíferos sen pelo

O pelo é unha das características definitorias dos mamíferos, pero varios grupos, especies ou razas teñen unha cantidade de pelo considerablemente reducida ou case ausente, polo que se denominan "espidos" ou "sen pelo".

Selección natural

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas