Tareixa, condesa de Portugal: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Substitución automática de "Tareija_e_Fernan.jpg" por "[[commons:File:Bermudo_Pérez_de_Trava,_Teresa_of_León,_Countess_of_Portugal_and_Urraca_Henriques.jpg|Bermudo_Pérez_de_Trava,_Teresa_of_León,_Countess_of_Por |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
| nome =Tareixa |
| nome =Tareixa |
||
| título =Condesa de Portugal |
| título =Condesa de Portugal |
||
| imaxe = |
| imaxe =Bermudo Pérez de Trava, Teresa of León, Countess of Portugal and Urraca Henriques.jpg |
||
| imaxe_pé = Representación gótica de Tareixa (dereita). Mosteiro de Toxosoutos |
| imaxe_pé = Representación gótica de Tareixa (dereita). Mosteiro de Toxosoutos |
||
| reinado = |
| reinado = |
Revisión como estaba o 22 de novembro de 2016 ás 14:06
Tareixa | |
---|---|
Condesa de Portugal | |
Nacemento | c. 1080 |
Falecemento | 11 de novembro de 1130 |
Sepultura | Catedral de Braga, Braga (Portugal) |
Cónxuxe/s | Henrique de Borgoña |
Descendencia | Urraca Henriques Sancha Henriques Tareixa Henriques Henrique Henriques Afonso I |
Proxenitores | Afonso VI Ximena Muñiz |
Na rede | |
Tareixa de León, nada cara a 1080 e finada o 11 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portugal.
Traxectoria
Foi filla do rei Afonso VI de León e da aristócrata berciana Ximena Muñiz. Existe controversia sobre o lugar do seu nacemento que puido ser no mosteiro de Montederramo (Galicia) ou na vila de Póvoa de Lanhoso (actual Portugal). Durante a súa infancia criouse na casa condal berciana, onde Tareixa pasou a maior parte da súa infancia xunto coa súa irmá Xeloria (Elvira).
En 1093 Tareixa foi prometida por decisión paterna con Henrique de Borgoña, un afamado cruzado borgoñón que combatera nas filas do seu pai en diferentes campañas militares. A pesar da diferenza de idade -Tareixa contaba tan só con trece anos mentres que Henrique tiña 24- o rei deulles como dote o condado galego de Portugal, que abarcaba as terras entre o río Miño e o Vouga, e que a partir do ano 1096, se estendería até o Texo, englobando tamén o condado de Coimbra.
Tras sufrir o ataque das forzas da súa media-irmá, a raíña Urraca de León e Castela, as terras de Tareixa retrocederon desde a marxe esquerda do río Miño, derrotadas e dispersas, ata que a propia Tareixa se refuxiou no Castelo de Lanhoso, onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca (1121). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o Tratado de Lanhoso, polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.
A súa alianza e conexión co galego Fernando Pérez, conde de Traba, puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Henriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na batalla de San Mamede en 1128.
Obrigada dese modo a deixar a gobernación, algúns autores defenden que foi detida polo propio fillo no castelo de Lanhoso, outros que se exiliou nun convento de Póvoa de Lanhoso, onde faleceu en 1130. Modernamente, con todo, arguméntase que, logo da batalla e xa en fuga, ela e o conde Fernando Pérez foron aprisionados e inmediatamente expulsados de Portugal. A condesa sobreviviu ao desastre, falecendo en Galicia a finais de 1130.
Os seus restos mortais foron traídos máis tarde para a catedral de Braga, onde aínda hoxe repousan xunto á tumba do seu primeiro marido, o conde Henrique de Borgoña.
Tareixa, condesa de Portugal Dinastía Ximena Nacemento: 1080 Falecemento: 11 de novembro 1130
| ||
Outros títulos Nobiliarios | ||
---|---|---|
Precedido por Nuno II Mendes Último conde de Portucale
|
Condesa de Portugal 1093 – 1130 xunto con Henrique (1093 - 1112) xunto con Afonso (1112 - 1139) |
Sucedido por Afonso Henriques |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tareixa, condesa de Portugal |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |