Alvia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.55.249.253 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
m →‎top: Arranxos varios
Liña 12: Liña 12:
Coa apertura da ''[[Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid|L.A.V. Madrid-Valladolid]]'' pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende [[Alacant]]), [[Bilbao]] e Hendaia.

O 20 de febreiro de [[2008]] púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e [[Estación de Sants|Barcelona]], polo que os Alvia ''[[Madrid]]-[[Estación de Sants|Barcelona]]'' deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens [[AVE]], pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións [[Madrid]]-[[Logroño]], [[Madrid]]-[[Pamplona]] e [[Madrid]]-[[Hendaia]] (antes cubertas por [[Altaria]]) e aproveitando parte da L.A.V. ''[[Madrid]]-[[Estación de Sants|Barcelona]]''.

O 15 de setembro de [[2008]] comezaron a circular desde [[Estación de Sants|Barcelona]] ata [[Estación de Vigo|Vigo]], o 14 de decembro de 2008 entre [[Estación de Sants|Barcelona]] e [[Estación de Abando|Bilbao]] e [[Irún]], e o [[14 de xuño]] de [[2009]], nas rutas [[Madrid]] - [[Huelva]] e [[Madrid]] - [[Cádiz]].

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2016 ás 23:36

Tren Alvia Madrid-Barcelona (serie 120, fabricado por CAF)
Tren Alvia Madrid-Xixón (serie 130, fabricado por Talgo)
Alvia S130 en Alacant

O Alvia é un tren de longa distancia e alta velocidade que forma parte da alta gama de Longa distancia Renfe. Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería. É un produto de Renfe Operadora de prezo medio-alto dentro dos trens de Longa Distancia, que realiza varias rutas en España.

Os trens que ofrecen o servizo Alvia son enteiramente de rodadura desprazable, poden percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.

En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.

Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.

O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.

O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irún, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.

Frota

Os trens Alvia están compostos por dúas cabezas motoras e unha rama de remolques (Talgo) ou ben unha unidade autopropulsada de 4 coches, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:

Percorridos

Realiza as seguintes rutas:

  • Madrid-Cádiz
  • Madrid-Huelva
  • Madrid-Vinaròs
  • Madrid-Logroño
  • Madrid-Pamplona
  • Madrid-Bilbao
  • Madrid-Hendaia
  • Madrid-Xixón
  • Madrid-Santander
  • Madrid-León
  • Madrid-Vitoria
  • Madrid-A Coruña
  • Madrid-Pontevedra
  • Madrid-Ferrol
  • Madrid-Ponferrada
  • Barcelona-Bilbao
  • Barcelona-Hendaia
  • Barcelona-A Coruña
  • Barcelona-Vigo
  • Barcelona-Xixón
  • Alacant-Xixón
  • Alacant-Santander
  • Alacant-A Coruña
  • Alacant-Pontevedra
  • Xixón-Orpesa
  • Xixón-Cádiz
  • Santander-Cádiz

Véxase tamén

Ligazóns externas