Editorial Nós: Diferenzas entre revisións
Imaxe |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
* [http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/ Os libros de Ánxel Casal] |
* [http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/ Os libros de Ánxel Casal] |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Editoriais de Galicia|Nos]] |
[[Categoría:Editoriais de Galicia|Nos]] |
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2016 ás 23:29
A editorial Nós foi unha casa editorial galega creada en 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta".[1]
Historia
A revista Nós naceu en Ourense no ano 1920, mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de 1924, Ánxel Casal, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós, onde finalmente tería cabida a revista. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só duraría 14 números e arrastraría case que á quebra á editorial Nós.
A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das Irmandades da Fala, coa revista A Nosa Terra.
Notas
- ↑ "Anxel Casal", artigo na web da Escola Rosalía de Castro.