Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Bokmål»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Escritura e fala ==
A primeira ortografía do bokmål foi oficialmente adoptada en [[1907]] co nome de riksmål despois de estar en desenvolvemento desde [[1897]]. Foi unha adaptación do [[lingua danesa|danés]] escrito, o cal se usaba como lingua oficial dende a pasada unión con [[Dinamarca]], á koiné dano-norueguesa falada principalmente pola elite urbana norueguesa, especialmente na capital. Cando en [[1923]] o gran xornal conservador ''[[Aftenposten]]'' adoptou a ortografía de [[1907]], a escritura danesa deixou practicamente de se utilizar en [[Noruega]]. O nome bokmål foi adoptado oficialmente en [[1929]] despois dunha proposta de chamar a lingua escrita "dano-norueguesa", proposta derrotada por un voto no [[Storting]].
 
Distinto á maioría das linguas estándar, non existe un estándar codificado para o bokmål (e o nynorsk) falado. Hai, con todo, variedades faladas de noruegués que son case idénticos ou estreitamente relacionados ao bokmål escrito. Para Gjert Kristoffersen en "A Fonoloxía do Noruegués", o bokmål é a variedade máis común entre a clase media urbana atopado especialmente na parte occidental do sur de Noruega, con Oslo como o seu centro obvio.
 
== Historia ==
Até ao redor do ano [[1300]], o idioma escrito de Noruega, o [[noruegués antigo]], foi esencialmente idéntico ao [[nórdico antigo]]. Esta fala foi gradualmente diferenciándose en dialectos rexionais e locais. Mentres Noruega permaneceu como un reino independente a lingua escrita mantívose esencialmente constante.
 
En 1380, Noruega uniuse con [[Dinamarca]] e por moito tempo non tivo o seu propio rei. A comezos do [[século XVI]], Noruega perdera as súas institucións políticas separadas e xunto a Dinamarca formou a unidade política chamada Dinamarca-Noruega até [[1814]], converténdose progresivamente no membro débil da unión. Durante este período o noruegués escrito foi substituído polo danés, o cal foi usado virtualmente en todos os documentos administrativos.
393.002

edicións