Philadelphia Eagles: Diferenzas entre revisións
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Philadelphia Eagles) |
|||
Liña 99: | Liña 99: | ||
'''Notes:''' |
'''Notes:''' |
||
* <sup>(*)</sup> |
* <sup>(*)</sup> Homenaxe póstuma. |
||
* A pesar de non ser retirado oficialmente, ningún xogador volveu levar o dorsal 12 de [[Randall Cunningham]] desde que deixou os Eagles.<ref>{{cite news|author=Didinger, Ray |title=Ray's QB Notes 4: Randall's No. 12 retired?|url=http://www.csnphilly.com/football-philadelphia-eagles/eagles-talk/Rays-QB-Notes-4-Randalls-No-12-retired?blockID=743807 |work=CSN Philly |date=21 de xullo de 2012}}</ref> |
* A pesar de non ser retirado oficialmente, ningún xogador volveu levar o dorsal 12 de [[Randall Cunningham]] desde que deixou os Eagles.<ref>{{cite news|author=Didinger, Ray |title=Ray's QB Notes 4: Randall's No. 12 retired?|url=http://www.csnphilly.com/football-philadelphia-eagles/eagles-talk/Rays-QB-Notes-4-Randalls-No-12-retired?blockID=743807 |work=CSN Philly |date=21 de xullo de 2012}}</ref> |
||
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2016 ás 09:30
Philadelphia Eagles | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1933 Sede en Filadelfia, PA | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
National Football League (1933–presente) | |||
Uniforme actual | |||
Cores | Verde, prata, negro, branco | ||
Canción | Fly, Eagles Fly | ||
Mascota | Swoop | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Jeffrey Lurie | ||
Presidente | Don Smolenski | ||
Director xeral | Howie Roseman | ||
Adestrador | Doug Pederson | ||
Historia | |||
| |||
Alcume(s) | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (3)
| |||
Conferencia (3)
| |||
División (13)
| |||
Estadios | |||
|
Os Philadelphia Eagles son unha equipo profesional de fútbol americano con sede na cidade de Filadelfia, Pensilvania. Os Eagles participan na National Football League (NFL) como membro da División Leste da National Football Conference (NFC). A franquía posúe nas súas vitrinas tres títulos da NFL, tendo participado en dúas Super Bowls. A primeira delas foi en 1980, onde perderon 27–10 contra os Oakland Raiders, e a segunda en 2004, onde saíron derrotados ante os New England Patriots por 24–21. Actualmente, son o único da NFC Leste que nunca gañou a Super Bowl. A franquía foi fundada en 1933 por un grupo liderado por Bert Bell tras a declaración de bancarrota dos Frankford Yellow Jackets.
Os seareiros dos Eagles están considerados como uns dos máis leais da NFL. Son permanentemente unha das tres franquías con maior media de asistencia ao estadio, tendo colgado o cartel de "non hai máis billetes" de forma continua desde 1999.[1][2] Nunha enquisa para Sports Illustrated entre 321 xogadores da NFL, os fans do Eagles foron escollidos como os máis intimidantes da competición.[3] O equipo garda unha gran rivalidade cos New York Giants, sendo considerada a máis antiga da NFC Esat e unha das máis antigas da NFL. De feito, está considerada pola NFL Network como maior rivalidade da historia da competición e, segundo ESPN, unha das rivalidades máis feroces e coñecidas do fútbol americano.[4] O equipo tamén garda unha rivalidade histórica cos Washington Redskins e os Dallas Cowboys.
Historia
Primeiros anos (1931-1960)
A metade da tempada de 1931 os Frankford Yellow Jackets, equipo do barrio de Frankford en Filadelfia que competía na National Football League, declarou a bancarrota e cesou o funcionamento. Despois de máis dun ano de procura, a NFL concede unha franquía de expansión a un consorcio encabezado por Bert Bell e Lud Wray. A asociación Bell-Wray tivo que pagar unha cota de inscrición de 3.500 dólares (uns $38.966 actuais) e asumiu unha débeda total de 11.000 dólares que se lle debían a outras tres franquías da NFL. Inspirados no escudo da Aguia Azul (en inglés: Blue Eagle) da National Recovery Administration, a peza central do New Deal do presidente Franklin D. Roosevelt, Bell e Wray decidiron chamar ao seu novo equipo Philadelphia Eagles. Nin a NFL nin os propios Eagles consideran os Blue Jackets como antecesor da franquía, citando como motivo o período de latencia antes mencionado. Alén diso, case ningún xogador dos Yellow Jackets formou parte do primeiro cadro de xogadores dos Eagles.
En 1937 os Eagles mudáronse ao Shibe Park, xogando os seus partidos como local nese estadio até 1957. Como excepción, na temporada 1941 xogaron no Municipal Stadium, onde xa xogaran anteriormente. En 1954 o Shibe Park mudou o seu nome a Connie Mack Stadium.
Para adaptar Shibe Park ao fútbol durante o inverno, a xerencia colocou bancadas nas parte dereita do campo, paralelalmente á 20th Street. Con 20 pés (6 metros) de altura, estas "bancadas orientais" tiñan 22 filas de asientos. Estas bancadas descubertas aumentaron a capacidade de Shibe Park por riba dos 39.000 espectadores, aínda que rara vez atraeron máis de 25-30.000.[5]
Durante a súa primeira década de historia, os Eagles tiveron que soportar varias malas tempadas. En decembro de 1940, o dono dos Pittsburgh Steelers, Art Rooney, vendeu a súa franquía a Alexis Thompson por 160.000 dólares, para despois utilizar a metade das ganancias para adquirir a metade dos dereitos dos Eagles ao seu amigo Bert Bell. Pouco despois, Bell e Rooney traspasaron a franquía a Thompson, o cal a traslada a Pittsburgh (co nome de "Steelers"), mentres que Thompson traslada aos Steelers a Filadelfia (co nome de "Eagles").
En 1943, coa a escaseza de man de obra derivada da Segunda Guerra Mundial, fíxose imposíbel completar o equipo. Para solucionar o problema, o equipo fusiónase cos Pittsburgh Steelersformando os "Phil-Pitt Eagles", populamente coñecidos como "Steagles". A finais da década de 1940, o adestrador en xefe Earle "Greasy" Neale e o corredor Steve Van Buren conseguiron levar ao equipo a tres finais da National Football League (NFL) consecutivas, gañando dúas delas en 1948 e 1949. Na primeira derrotaron aos Chicago Cardinals por 7-0 baixo unha tormenta de neve e na segunda a Los Angeles Rams por 14-0. Eses dous campionatos colocan aos Eagles como o único equipo da NFL en gañar dous campionatos consecutivos logrando manter o marcador a 0.
Despois da temporada 1947, os Eagles mudáronse dende o Connie Mack Stadium ao Franklin Field da Universidade de Pensilvania. Este estadio permitía acoller até 60.000 espectadores, aumentando os anteriores 30.000 do Connie Mack.[6] En 1969 o estadio mudou o céspede por AstroTurf, sendo a primeira franquía da NFL en utilizar céspede artificial. En 1960, os Eagles gañaron o seu terceiro campionato da NFL, baixo o liderado dos futuros membros do Pro Football Hall of Fame Norm van Brocklin e Chuck Bednarik; o adestrador en xefe era Buck Shaw. Os Eagles de 1960, cun marcador de 17-13, convertéronse no único equipo en derrotar a Vince Lombardi e os seus Green Bay Packers nos playoffs.[7]
Xogadores
Cadro actual
Dorsais retirados
Dorasis retirados polos Philadelphia Eagles | |||
No. | Xogador | Posición | Período |
---|---|---|---|
5 | Donovan McNabb | QB | 1999–2009 |
15 | Steve Van Buren | HB | 1944–1951 |
20 | Brian Dawkins | S | 1996–2008 |
40 | Tom Brookshier | CB | 1953–1961 |
44 | Pete Retzlaff | RB, WR, TE | 1956–1966 |
60 | Chuck Bednarik | LB, C | 1949–1962 |
70 | Al Wistert | OT | 1943–1951 |
92 | Reggie White(*) | DE | 1985–1992 |
99 | Jerome Brown(*) | DT | 1987–1991 |
Notes:
- (*) Homenaxe póstuma.
- A pesar de non ser retirado oficialmente, ningún xogador volveu levar o dorsal 12 de Randall Cunningham desde que deixou os Eagles.[8]
Membros do Pro Football Hall of Fame
Membros do Hall of Fame dos Philadelphia Eagles | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||
No. | Nome | Posicións | Período | Ingreso | No. | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
60 | Chuck Bednarik | C–LB | 1949–1962 | 1967 | 33 | Ollie Matson | RB | 1964–1966 | 1972 |
76 | Bob Brown | OT | 1964–1968 | 2004 | 25 | Tommy McDonald | WR | 1957–1963 | 1998 |
80 | Cris Carter | WR | 1987–1989 | 2013 | 85 | James Arthur "Art" Monk | WR | 1995 | 2008 |
95 | Richard Dent | DE | 1997 | 2011 | 35 | Pete Pihos | TE–DE | 1947–1955 | 1970 |
89 | Mike Ditka | TE | 1967–1968 | 1988 | 54 | Jim Ringo | C | 1964–1967 | 1981 |
86 | Bud Grant | WR–DE | 1951–1952 | 1994 | 11 | Norm Van Brocklin | QB | 1958–1960 | 1971 |
56 | Bill Hewitt | End-FB | 1937–1939, 1943 | 1971 | 15 | Steve Van Buren | HB | 1944–1951 | 1965 |
87 | Claude Humphrey | DE | 1979–1981 | 2014 | 92 | Reggie White | DE | 1985–1992 | 2006 |
9 | Sonny Jurgensen | QB | 1957–1963 | 1983 | 53 | Alex Wojciechowicz | C–DT | 1946–1950 | 1968 |
80 | James Lofton | WR | 1993 | 2003 | |||||
Adestradores e executivos | |||||||||
Nome | Posicións | Período | Ingreso | ||||||
Bert Bell | Propietario/Fundador | 1933–1940 | 1963 | ||||||
Wayne Millner | Adestrador asistente | 1951 | 1968 | ||||||
Earle "Greasy" Neale | Adestrador | 1941–1950 | 1969 | ||||||
Mike McCormack | Adestrador | 1973–1975 | 1984 |
Notas
- ↑ Fox, Ashley (January 4, 2014). "Fans always have Eagles' back". ESPN. Consultado o September 14, 2015.
- ↑ Clark, Kevin (July 2, 2012). "Game Changer: NFL Scrambles to Fill Seats". The Wall Street Journal. Consultado o September 14, 2015.
- ↑ Smith, Howard (December 7, 2011). "NFL Players Poll: Most Intimidating Fans". Sports Illustrated. Consultado o September 14, 2015.
- ↑ Chadiha, Jeffri (October 31, 2007). "Ranking the NFL's best rivalries: Where does Colts-Pats fit?". ESPN.com. Consultado o April 12, 2008.
- ↑ Kuklick, Bruce (1993). To Every Thing a Season: Shibe Park and Urban Philadelphia, 1909–1976. Princeton University Press. p. 86. ISBN 0-691-02104-X. Consultado o May 27, 2009.
- ↑ Didinger, Ray; Robert S. Lyons (2005). The Eagles Encyclopedia. Temple University Press. ISBN 1-59213-449-1.
- ↑ Klinkner, Chris (26 de xuño de 2008). "Philadelphia Eagles: The 1960 NFL Champions" (en inglés).
- ↑ Didinger, Ray (21 de xullo de 2012). "Ray's QB Notes 4: Randall's No. 12 retired?". CSN Philly.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |