Diferenzas entre revisións de «Philadelphia Eagles»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Philadelphia Eagles))
== Historia ==
=== Primeiros anos (1931-1960) ===
A metade da tempada de 1931 os Frankford Yellow Jackets, equipo do barrio de Frankford en [[Filadelfia]] que competía na [[National Football League]], declarou a bancarrota e cesou o funcionamento. Despois de máis dun ano de procura, a NFL concede unha franquía de expansión a un consorcio encabezado por Bert Bell e Lud Wray. A asociación Bell-Wray tivo que pagar unha cota de inscrición de 3.500 [[dólar estadounidense|dólares]] (uns $38.966 actuais) e asumiu unha débeda total de 11.000 dólares que se lle debían a outras tres franquías da NFL. Inspirados no escudo da Aguia Azul (en [[lingua inglesa|inglés]]: ''Blue Eagle'') da [[National Recovery Administration]], a peza central do [[New Deal]] do presidente [[Franklin D. Roosevelt]], Bell e Wray decidiron chamar ao seu novo equipo Philadelphia Eagles. Nin a NFL nin os propios Eagles consideran os Blue Jackets como antecesor da franquía, citando como motivo o período de latencia antes mencionado. Alén diso, case ningún xogador dos Yellow Jackets formou parte do primeiro cadro de xogadores dos Eagles.
 
En [[1937]] os Eagles mudáronse ao Shibe Park, xogando os seus partidos como local nese estadio até [[1957]]. Como excepción, na temporada 1941 xogaron no Municipal Stadium, onde xa xogaran anteriormente. En 1954 o Shibe Park mudou o seu nome a Connie Mack Stadium.
57.184

edicións

Menú de navegación