Diferenzas entre revisións de «Quiste (microbioloxía)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
=== En protistas ===
Os [[protista]]s, especialmente os [[protozoo]]s parasitos, son a miúdo expostos a condicións moi duras en varios estadios do seu ciclo vital. Por exemplo, ''[[Entamoeba histolytica]]'', un parasito intestinal común que causa [[disentería]], ten que resistir o ambiente moi ácido do [[estómago]] antes de que alcance o [[intestino]], e soportar varias condicións impredicibles como o [[desecamento]] e a falta de nutrientes mentres está fóra do seu hóspede.<ref name="MedMicro"> Samuel Baron MD, Rhonda C. Peake, Deborah A. James, Mardelle Susman, Carol Ann Kennedy, Mary Jo Durson Singleton, Steve Schuenke; ''[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed Medical Microbiology]''; Fourth Edition, ISBN 0-9631172-1-1 (hardcover)1996</ref> Unha forma enquistada é moi axeitada para sobrevivir a esas condicións extremas, aínda que os quistes de protozoos son menos resistentes ás coindicións adversas comparados cos quistes bacterianos.<ref name="Nester"/> Adeemais da supervivencia, a composición química de certas paredes de quistes de protozoos pode xogar un papel na súa dispersión. Os grupos [[ácido siálico|sialilo]] presentes na parede do quiste de ''Entamoeba histolytica'' confírenlle unha carga negativa neta ao quiste, que impide a súa adherencia á mparedeparede intestinal<ref name="Glycobiology">Anuradha Guha-Niyogi, Deborah R. Sullivan and Salvatore J. Turco; [http://glycob.oxfordjournals.org/cgi/content/full/11/4/45R Glycoconjugate structures of parasitic protozoa]; ''Glycobiology'', 2001, Vol. 11, No. 4 45R-59R</ref> causando a súa eliminación nas [[feces]]. Outros protozoos parasitos intestinais como ''[[Giardia lamblia]]'' e ''[[Cryptosporidium]]'' tamén producen quistes como parte dos seus ciclos vitais (ver [[ooquiste]]). Nalgúns protozoos, o organismo unicellarunicelular multiplícase durante ou despois do enquistamento e libera múltiples [[trofozoíto]]s por desenquistación (exquistación).<ref name="MedMicro"/>
 
=== En invertebrados ===
200.287

edicións

Menú de navegación