Manuel Igrexas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ligazóns
Etiqueta: Eliminación de categorías
correxir
Liña 25: Liña 25:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://dezahistorias.blogaliza.org ''Historias do Deza'', blog de Manuel Igrexas]
* [http://dezahistorias.blogaliza.org ''Historias de Deza'', blog de Manuel Igrexas]
* [http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/aIgrexas%2C+Manuel%2C+1961-/aigrexas+manuel+1961/-3%2C-1%2C0%2CB/exact&FF=aigrexas+manuel+1961&1%2C10%2C Publicacións de Manuel Igrexas na Biblioteca da USC]
* [http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/aIgrexas%2C+Manuel%2C+1961-/aigrexas+manuel+1961/-3%2C-1%2C0%2CB/exact&FF=aigrexas+manuel+1961&1%2C10%2C Publicacións de Manuel Igrexas na Biblioteca da USC]



Revisión como estaba o 16 de novembro de 2016 ás 17:56

Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Filosofía pola Universidade Literaria de Valencia, actualmente imparte clases no IES Laxeiro de Lalín.

Publicacións

Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma Os emigrantes e a transformación social na comarca de Deza.

Participou con comunicacións nos Congresos:

É autor (con Mario Pereira) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela. Escribiu unha biografía do mestre Xesús Golmar (Xesús Golmar, Ed. Fervenza, 2005).

Outras actividades

Pertenceu á directiva das Redes Escarlata. É socio fundador e vicepresidente da Asociación Cultural O Naranxo, así como membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio.

Encabezou a candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro[1]. Posteriormente integrouse no BNG. Pasou despois a militar na FPG e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 foi candidato desta formación na cuarta posición pola provincia de Pontevedra.

No 2015 foi elixido terceiro candidato da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia.

Notas

  1. González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7. 

Véxase tamén

Ligazóns externas