Alcuíno de York: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Poño "category" en maiúscula
XoseBot (conversa | contribucións)
m Robot: Substitución automática de texto (-==Véxase tamén== +== Véxase tamén == & -==Vexa tamén== +== Véxase tamén == & -==Ligazóns externas== +== Ligazóns externas == & -== Ligazóns == +== Ligazóns externas ==)
Liña 12: Liña 12:
[[19 de maio]]
[[19 de maio]]


== Ligazóns ==
== Ligazóns externas ==
[http://www.thelatinlibrary.com/alcuin.html Obras de Alcuino, en latín]
[http://www.thelatinlibrary.com/alcuin.html Obras de Alcuino, en latín]
[[Category:haxiografía]]
[[Category:haxiografía]]

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2007 ás 18:10

Flaccus Albinus Alcuin (circa 735-804), ou Alcuíno de Iorque, foi un monxe inglés e conselleiro de Carlomagno. Dedicouse durante moito tempo ao ensino e á escrita na escola de Iorque, en Inglaterra, foi o principal conselleiro de Carlomagno en asuntos eclesiásticos e educativos e durante os últimos anos da súa vida foi abade do mosteiro de San Martiño de Tours.

Recebeu a súa educación na escola catedralícia de Iorque co seu mestre Ethelberto de Iorque, a quen acompañou a Roma na procura de manuscritos. Cando Ethelberto foi designado arcebispo de Iorque, en 766, Alcuíno ocupou o seu lugar á cabeza da escola episcopal. Voltou outra volta a Roma en 780 para recoller o palio do arcebispo Eanbaldo I de Iorque e en Parma coñeceu a Carlomagno, quen o convenceu para que o acompañase á súa corte e o puxo ao frente das abadías de Ferrieres e Saint-Loup, en Troyes.

Entre 782 e 790, Alcuíno tutelou ao rei dos francos, a súa familia, os xoves que foran enviados á corte para seren educados e os clérigos novos vinculados coa capela do palacio. Fundou así o Palacio-escola (Aula Palatina) de Aix-la-Chapelle, no cal se ensinaban as sete artes liberais: o trivium (gramática, lóxica e retórica) e o quadrivium (aritmética, xeometría, astronomía, e música). En 790, Alcuin retornou a Inglaterra, pero voltou ao lado de Carlomagno cando este lle pediu axuda na loita contra a herexía adopcionista, que se extendía entón polo norte da Península Ibérica. No Concilio de Francoforte, en 794, Alcuíno defendeu a ortodoxia e obtivo a condena do herexe Felix de Urgel. Voltou para a súa terra, pero abandonouna definitivamente debido aos disturbios que se estaban a producir e que conduciron á morte do rei Ethelred.

Alcuíno pasou os seus últimos anos na abadía de San Martín de Tours. Convertiu a escola abacial nun modelo de excelencia e a ela acudiron moitos estudantes. Mandou copiar numerosos manuscritos e transmitiulles aos francos o coñecimento da cultura latina que se conservara nas Illas Británicas.

Alcuíno escrebeu moitas cartas, sobre todo a Arno, bispo de Salzburgo e a Carlomagno. Consérvanse 311, que mostran as súas meditacións pías, fornecen abondosa información sobre as condicións literarias e sociais da época e constitúen a autoridade máis fiábel para a historia do humanismo na época carolinxia. Cultivou tamén a poesía: epístilos no estilo de Fortunato, poemas longos e unha historia en verso da igrexa de Iorque, Versus de patribus, regibus et sanctis Eboracensis ecclesiae. Débenselle tamén manuais educativos: unha gramática e obras de retórica e dialéctica escritas en forma de diálogo (nas dúas últimas entre Carlomagno e o propio Alcuíno). Escrebeu así mesmo varios tratados teolóxicos, como De fide Trinitates, comentarios sobre a Biblia, etc.

Festa

19 de maio

Ligazóns externas

Obras de Alcuino, en latín