O Gaiteiro de Lugo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Título en cursiva}}
[[Ficheiro:Calendario Gallego de 1892.jp|miniatura|Edición para 1892 do ''Calendario Gallego'']]
O '''''Gaiteiro de Lugo''''' é un [[almanaque|calendario]] agrícola de periodicidade anual que se publica na cidade de [[Lugo]] desde [[1857]], inda que primeiro recibiu o nome de '''''Calendario de Galicia''''' e máis adiante '''''Calendario Gallego''''', non foi ata [[1927]] cando adoptou a actual cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.
O '''''Gaiteiro de Lugo''''' é un [[almanaque|calendario]] agrícola de periodicidade anual que se publica na cidade de [[Lugo]] desde [[1857]], inda que primeiro recibiu o nome de '''''Calendario de Galicia''''' e máis adiante '''''Calendario Gallego''''', non foi ata [[1927]] cando adoptou a actual cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.



Revisión como estaba o 13 de novembro de 2016 ás 18:51

Ficheiro:Calendario Gallego de 1892.jp
Edición para 1892 do Calendario Gallego

O Gaiteiro de Lugo é un calendario agrícola de periodicidade anual que se publica na cidade de Lugo desde 1857, inda que primeiro recibiu o nome de Calendario de Galicia e máis adiante Calendario Gallego, non foi ata 1927 cando adoptou a actual cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.

Historia

Fundouno grazas ao traballo do impresor e activista cultural Manuel Soto Freire e logo en 1889 pasou a mans de Gerardo Castro Montoya, continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome, que continuaron a numeración e estilo do anterior.

Os primeiros números era case exclusivamente en castelán agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de 1936 por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüísmo durante todo do franquismo. En 1963 Gerardo Castro vendeu o calendario a La Región que o seguiu publicando ata 1973. En 1996 a Deputación de Lugo decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares. Antonio Noriega Varela foi un colaborador habitual.

Predicións, brincadeiras, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria destes almanaques agrícolas en galego que como O Mintireiro Verdadeiro permitiron o uso continuado do galego, mesmo nos anos máis difíciles do franquismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas