Diferenzas entre revisións de «Androlla»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
[[Ficheiro:LACÓN-CON-GRELOS-2.jpg|miniatura|Lacón con grelos: chourizos, androlla, xarrete de vaca, grelos e patacas.]]
A '''androlla''' é un [[embutido]] cárnico elaborado con [[costela]] de [[porco]], [[pemento (condimento)|pemento]], [[cloruro de sodio|sal]] e [[allo]]. Consómese normalmente cocida acompañada de [[cachelo]]s e verdura ou dun cocido, aínda que tamén se pode preparar asada no forno ou grellada.
 
Este manxar típico do sueste [[Ourense]] e de [[Lugo]] e do [[Bierzo]] ten a súa festa na vila de [[Viana do Bolo]]<ref>http://www.galiciaenpie.com/fiestas/ourense/fiesta-androlla-viana.html</ref> coincidindo tódolos anos co [[domingo de entroido]] e na vila da montaña lucense [[Navia de Suarna]].<ref>http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xxiii-festa-da-androlla-navia-de-suarna-0848.html</ref>.
 
== Preparación ==
A androlla emprega o anaco de maior diámetro do intestino groso (corresponde co cego) para servir de recipiente para o produto. No recheo, este embutido usa principalmente costela e carne, se ben tamén pode levar cachos de coiro. Con todo isto, semella que nalgunhas zonas o recheo eran as propias tripas gordas adubadas cunha salsa picante<ref name=":0" />.
 
== Etimoloxía ==
A denominación ''androlla'' vén do francés ''andouille'', como se coñece na [[Bretaña]] e [[Normandía]] a un embutido moi similar<ref>http://www.andouillerie.fr/html/andouille.htm</ref>. A denominación francesa, xa existente na Idade Media, provén do latín vulgar ''inductile'', do verbo latino ''inducere'' 'introducir'<ref name=":0">{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/porco-embutido/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Porco embutido|data-acceso=12 de novembro de 2016}}</ref>, que se refire 'ao que é introducido' (no [[botelo]] neste caso). Da palabra francesa deriva tamén a ''[['Nduja|<nowiki/>'nduja]]'' italiana, típica na rexión de [[Calabria]]<ref>http://www.calabriataste.com/wordpress/nduja/</ref>.
 
== Notas ==
10.315

edicións

Menú de navegación