Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións
m →Localización e características: Arranxos varios |
m engado a Categoría:Xeografía da provincia de Lugo mediante HotCat |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
[[Categoría:Comarcas de Galicia|Ancares, Comarca dos]] |
[[Categoría:Comarcas de Galicia|Ancares, Comarca dos]] |
||
[[Categoría:Xeografía da provincia de Lugo]] |
Revisión como estaba o 9 de novembro de 2016 ás 08:31
Comarca dos Ancares | |
---|---|
Provincia | Provincia de Lugo |
Área | 907 km² |
Poboación | 10.951 hab. (2014) |
Concellos | Becerreá As Nogais Baralla Cervantes Navia de Suarna Pedrafita do Cebreiro |
Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Localización e características
É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). Os Ancares tiña 10.951 habitantes no 2014, e uns 907 km2, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 12,07 hab/km2. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.
Poboación
Censo total 2014 | 10.951 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 636 (5.8 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6.068 (55.42 %) |
Maiores de 65 anos | 4.247 (38.78 %) |
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca dos Ancares.
-
O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro.