Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Dormencia»

m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
De acordo coa súa orixe, a dormencia da semente pode ser primaria, cando se inicia durante as fases iniciais ou finais de desenvolvemento da semente na planta-nai; ou pode ser secundaria, cando a semente se torna dormente após a liberacióin no ambiente, e xeralmente decorre da restauración dunha dormencia primaria, inducida por factores externos.
 
A dormencia pode ser tamén dividida en: fisiolóxica, dependente de factores metabólicos e xenéticos, sendo en xeral crebada por tratamentos con baixa temperatura; morfolóxicas, na cal a semente é dispersa antes de que o embrión complete o seu desenvolvemento, ou; morfofisiolóxica, que presenta unha combinación de ambos os tipos anteriores: após completar o seu desenvolvemento no ambiente, aínda é necesario crebar a dormencia fisiolóxica a través dun tratamento químico ([[fitohormona|hormonal]]). Alén destas, existe ademais a dormencia física, caracterizada pola presenza dun envoltorio que confire unha impermeabilidade, imposibilitando o desenvolvemento da plántula.
 
== Galería de imaxes ==
205.519

edicións